Xogos Olímpicos de 2008

From Wikipedia, the free encyclopedia

Xogos Olímpicos de 2008
Remove ads

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular da China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comezou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes[1] nas que, segundo estimacións, participaron uns 10 500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades da China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica.[2] A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.[3]

Remove ads

Proceso de candidatura

Aínda que as candidaturas de París e Toronto eran mellores, o COI estaba interesado en que os Xogos se celebrasen na China, o país máis poboado do planeta. Esta decisión foi moi discutida polas violacións da China aos dereitos humanos. Para silenciar estas queixas, elixiuse como lema: Novo Pequín, Grandes Xogos para destacar o troco de ideais do país para o novo milenio.

Máis información Cidade, País ...
Remove ads

Sedes e instalacións deportivas

Thumb
Mapa de localización dos recintos olímpicos en Pequín.
Thumb
Estadio Nacional (chamado Niño de paxaro), sede principal dos Xogos Olímpicos
Thumb
Centro Acuático Nacional de Pequín (chamado Cubo de auga).

O Goberno chinés e o Comité Organizador dos Xogos construíron ou renovaron 36 recintos deportivos, así como 59 centros de adestramento.

En Pequín construíronse doce novas instalacións, entre as que sobresae o Estadio Nacional e o Centro Acuático. Dez instalacións existentes renováronse e acondicionáronse para a cita olímpica. Así mesmo erguéronse oito instalacións temporais, que ao final dos Xogos serán retiradas ou reconvertidas. Ademais contarase cun circuíto urbano para o maratón e as probas de marcha, e un circuíto tanto na cidade como nos arredores para as competicións de ciclismo en ruta.

Nas outras cidades sedes remodeláronse catro estadios, mellorouse o Centro Hípico de Hong Kong e acondicionouse o porto de Qingdao para as regatas de vela.

En Pequín

Construcións novas:

Recintos existentes:

  • Estadio do Centro Olímpicofútbol e péntatlon moderno (carreira e hípica).
  • Ximnasio do Centro Olímpicobalonmán.
  • Estadio dos Traballadoresfútbol.
  • Area dos Traballadores - boxeo.
  • Pavillón Deportivo da Capitalvoleibol.
  • Estadio de Sóftbol de Fengtaisóftbol.
  • Piscina Ying Tungwáter-polo e péntatlon moderno (natación).
  • Pista de Ciclismo de Montaña de Laoshanciclismo de montaña.
  • Ximnasio do Instituto Tecnolóxicovoleibol.
  • Ximnasio da Universidade de Beihanghalterofilia.

Recintos temporais:

  • Centro de Conferencias do Parque Olímpicoesgrima e péntatlon moderno (esgrima).
  • Campo de hóckey do Parque Olímpicohóckey sobre herba.
  • Campo de tiro con arco do Parque Olímpicotiro con arco.
  • Centro Olímpico de Tenis de Pequíntenis.
  • Estadio de Béisbol de Wukesong - béisbol.
  • Velódromo de Laoshanciclismo (BMX).
  • Campo de vóley praia do Parque Chaoyangvoley praia.
  • Instalación de tríatlon (Pequín 2008) (Represa das Tumbas da Dinastía Ming) – tríatlon.

Fóra de Pequín

  • Centro de Vela Internacional de Qingdaovela.
  • Centro ecuestre olímpico de Hong Konghípica.
  • Estadio de Shanghai – fútbol.
  • Estadio Olímpico de Qinhuangdao – fútbol.
  • Estadio Olímpico de Shenyang – fútbol.
  • Estadio Olímpico de Tianjin – fútbol.
Remove ads

Calendario

Nos Xogos Olímpicos de Pequín leváronse a cabo 302 competicións en 28 deportes. Na táboa seguinte detállanse os días nos que se efectuaron as competicións de cada deporte, así como o número de finais por día que se celebraron.

Máis información Evento, TOT ...

Galegos nos Xogos

Todos os participantes galegos nos Xogos (14, dos cales dez eran homes e catro mulleres) fixérono dentro do equipo de España. Estes foron os seus nomes:

Remove ads

Política nos Xogos

Os Xogos Olímpicos de Beixín víronse embazados pola censura e por diversos conflitos políticos. A situación no Tíbet, provincia chinesa onde se reivindica un maior grao de autonomía, provocou unha vaga de solidariedade internacional que chegou a ameazar a presenza dalgúns xefes de estado e de goberno na cerimonia inaugural[6][7]. Ademais, o percorrido do facho olímpico arredor do mundo tivo que ser alterado, suspendido por veces e protexido con grandes medidas de seguridade en cidades como París, Londres ou San Francisco[8][9][10].

Para evitar protestas, prohibiuse que se exhibisen nos recintos olímpicos bandeiras de países que non estivesen competindo oficialmente[11].

A censura gobernamental sobre os contidos de Internet mantívose na China durante o desenvolvemento dos Xogos, incluso para os xornalistas estranxeiros e para a comunidade olímpica[12]. O día 6 de agosto, dúas xornadas antes do comezo dos xogos, dous cidadáns británicos e dous estadounidenses foron detidos[13] por penduraren unha pancarta onde se reclamaba liberdade para o Tíbet, a pouca distancia do Estadio Olímpico.

Remove ads

Participantes

No tocante ó número de atletas, 11 883 atletas inscribíronse inicialmente (entre eles, os dous atletas de Brunei), pero só 10 902 atletas participaron efectivamente nos Xogos, excluíndo a lesionados e descualificados. Destes, 6 294 eran homes e 4 608 eran mulleres.

A táboa seguinte amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e o número de atletas representantes (en corchetes, o número de homes e de mulleres):

Máis información Listaxe de nacións participantes ...
Remove ads

Medalleiro

Thumb
O estadounidense Michael Phelps (no centro) gañou oito medallas de ouro nas probas de natación, converténdose no deportista que obtivo máis medallas de ouro gañadas nun só evento olímpico e na historia dos Xogos.
Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 China (CHN)47172690
2Estados Unidos de América Estados Unidos (USA)313636103
3Rusia Rusia (RUS)19202362
4Reino Unido Reino Unido (GBR)18131344
5Alemaña Alemaña (GER)1491336
6Australia Australia (AUS)12141642
7 Corea do Sur (KOR)1110728
8 Xapón (JAP)961025
9Italia Italia (ITA)781025
10Países Baixos Países Baixos (NED)75416
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads