país ao sur de África From Wikipedia, the free encyclopedia
Cimbabue[1][2] ou Zimbabwe[3][4][5] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele do norte.
Zimbabwe (sn) | |||||
Himno | Kalibusiswe Ilizwe leZimbabwe (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unity, Freedom, Work» «Unitat, llibertat, treball» «Undeb, Rhyddid, Gwaith» | ||||
Epónimo | Gran Cimbabue | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Harare | ||||
Contén a división administrativa | Bulavaio (pt) Harare Manicalândia (pt) Masvingo (pt) Matabelelândia Norte (pt) Matabelelândia Sul (pt) Maxonalândia Central (pt) Maxonalândia Ocidental (pt) Maxonalândia Oriental (pt) Midlands (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.178.979 (2022) (38,85 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua shona Lingua ndebele setentrional lingua chichewa Barwe (en) Lingua kalanga Linguas khoisas Língua ndau (pt) Lingua tsonga Língua de Sinais do Zimbábue (pt) Lingua sotho Língua tonga (pt) Lingua tswana Lingua venda Lingua xhosa Nambya (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 390.757 km² | ||||
Auga | 1 % | ||||
Punto máis alto | Monte Nyangani (pt) (2.592 m) | ||||
Punto máis baixo | Runde River (en) (162 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de abril de 1980 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Emmerson Mnangagwa (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Zimbabwe (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.371.238.666 $ (2021) | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .zw | ||||
Prefixo telefónico | +263 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 994 (en) , 995 e 993 | ||||
Código de país | ZW | ||||
Páxina web | zim.gov.zw… | ||||
En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[6][7] Tamén se dá a fraude electoral [8] entre intimidacións varias[9], que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[10]
A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[11] O seu uso como nome do país é polo Gran Cimbabue.
Cimbabue é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[12]
O partido de Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.[13] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[14] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.[15]. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder a Emmerson Mnangagwa.[16] Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.[17]
Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.
Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:
O goberno de Cimbabue enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[18] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares cimbabuenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Cimbabue ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares cimbabuenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[19] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.
As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[20] Cimbabue é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.[21] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[22][23][24] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[25]
En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[26] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[27] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Cimbabue.[28][29]
En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar cimbabuense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[30] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.
En xullo de 2008, o Banco Central de Cimbabue puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares cimbabuenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[31]
A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de Aninovo | New Year’s Day | |
Varía cada ano | Venres Santo | Good Friday | |
Varía cada ano | Luns de Pascua | Easter Monday | |
18 de abril | Día da Independencia | Independence day | Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980 |
1 de maio | Día do Traballo | Labour Day | |
25 de maio | Día de África | Africa’s Day | O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA |
7 de agosto | Día dos Heroes | Heroes' Day | |
8 de agosto | Día do Exército | Defenced Forces Day | |
22 de decembro | Festa da Unidade | Unity Day | |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day | |
26 de decembro | Boxing Day |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.