O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano . Quedan 364 días para finalizar o ano , 365 nos ano bisestos . No calendario xuliano empezou a ser o primeiro día do ano no 153 a. C. [1]
Ata 1900
-45 , entra en vigor o calendario xuliano , que será usado até 1582 .
-42 , o senado decide darlle divindade ao defunto Xulio César .
990 , Rusia adopta o calendario xuliano.
1432 , Yusuf IV é proclamado sultán do Reino de Granada tras unha sublevación popular que destrona a Muhammad IX .
1502 , Brasil : Amerigo Vespucci descobre a baía de Guanabara , onde se fundaría a cidade de Río de Xaneiro .
1504 , entrada triunfal do exército español en Gaeta , co que remata a guerra por Nápoles entre Francia e España .
1515 , o rei Francisco I sucede no trono a Lois XII por falta de descendencia.
1554 , ten lugar en Chile a Batalla de Tucapel e a morte de Pedro de Valdivia. Os mapuches, ao mando de Lautaro, derrotan os españois e dan morte a Valdivia.
1559 , sobe ao trono o rei Frederico II de Dinamarca e Noruega .
1567 , pragmática de Filipe II contra a actitude belicosa dos mouros en Granada , orixe da guerra das Alpujarras .
1568 , como ampliación da Pragmática do ano anterior, decrétase por Filipe II que os musulmáns deberán entregar os seus fillos en idades comprendidas entre 3 e 15 anos ás autoridades eclesiásticas para a ensinanza da relixión cristiá e a lingua castelá.
1574 , en Bolivia o conquistador español Santiago Barba de Padilla funda a cidade de Oropesa , que foi chamada Cochabamba a partir de 1786 .
1575 , fúndase en México a vila de Celaya.
1584 , o frade mexicano Martín Durán pronuncia un discurso a favor dos aborixes mexicanos, motivo polo que a Santa Inquisición dá orde de que sexa queimado vivo.
1622 , os Estados Pontificios adoptan o 1 de xaneiro coma inicio do ano.
1644 , en Francia aparece a primeira publicación de Jean-Baptiste Poquelin na que firma baixo o alcume de Molière .
1652 , o físico Johann Lorenz Bausch funda a Academia Naturae Curiosorum .
1679 , no Brasil , Francisco Gil de Araújo en calidade de vicerrei ordena a fundación dunha vila nas beiras do río Guarapari, que corresponde ao estado de Espírito Santo .
1730 No Uruguai fúndase o primeiro cabido na cidade de Montevideo .
1764 , Wolfgang Amadeus Mozart toca en Versalles á idade de 8 anos.
1772 , o futuro presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson casa con Martha Wayles Skelton .
1777
1788 , publicación en Londres do primeiro número do xornal The Times .
1791 , aparece en Lima o primeiro número do xornal El Mercurio Peruano , dirixido por Hipólito Unanue .
1797 , a cidade de Albany substitúe a Nova York coma capital do estado homónimo.
1801
Descubrimento do primeiro asteroide , Ceres , polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu observatorio de Palermo .
Constitúese o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda .
O indio Mariano pronúnciase en México contra das autoridades vicerreinais na serra de Nayarit, e pretende restabelecer o reinado de Moctezuma II .
A rexión chilena de La Serena é sacudida por un forte sismo, non se coñece a intensidade nin se provocou mortes.
1804 , Jean-Jacques Dessalines proclama a independencia de Haití , resucitando o antigo nome indio da illa.
1806 , restablecemento en Francia do calendario gregoriano .
1807 , o revolucionario e libertador venezolano, Simón Bolívar chega aos Estados Unidos .
1808 , Serra Leoa transfórmase nunha colonia británica.
1818 , o libertador e político Bernardo O'Higgins proclama a independencia de Chile .
1820 O tenente coronel Rafael del Riego reponse contra o absolutismo en Las Cabezas de San Juan , (Sevilla ), e proclama a Constitución de 1812 .
1821 , a rexión norteña do Pará brasileiro súmase á Revolución Constitucionalista de Portugal .
1824 , en México a xunta gobernativa aproba a Acta Constitutiva da Federación.
1826 , en Cuba pídese apoio do pobo e do goberno para fundar a Academia de Ciencias Médicas, Físicas e Naturais da Habana .
1830 , Anastasio Bustamante asume a Presidencia de México .
1831 , sae ás rúas da cidade de Boston o xornal The Liberator .
1841 , Honduras elixe o primeiro presidente da república, o xeneral Francisco Ferrera .
1849 , no Brasil publícase o chamado "Manifesto ao Mundo" que daría lugar á Revolución da Praia.
1850 , estabelécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo.
1855 , edítase o primeiro censo escocés que recolle os casamentos, os nacementos e as mortes da xente do país.
1860 , vitoria das tropas españolas ao mando do xeneral Prim , na batalla de los Castillejos .
1863 , nos Estados Unidos entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur, asinada polo presidente Lincoln.
1865 , en Chile estabelécese o sistema métrico decimal.
1867 , o químico sueco Alfred Nobel obtén por primeira vez a dinamita de forma industrial.
1868 , o presidente Aristidis Moraitinis renova a súa lexislatura no goberno de Grecia por segunda vez.
1869 , a cidade paraguaia de Asunción é asaltada e saqueada por tropas insurrectas.
1871
1872 , entran en vigor os parágrafos 218 ao 220 do Código Penal alemán, que regulan a interrupción da preñez.
1877 , na India Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a raíña Vitoria do Reino Unido .
1880 , en Panamá comezan os traballos para a construción da Canle de Panamá .
1883 , a Unión Postal Universal recibe un novo membro nas súas filas: Costa Rica .
1888
En España ten lugar a súa Primeira Exposición Universal na cidade de Barcelona .
Iníciase a construción do submarino español (que será chamado "Peral"), e que rematará o 8 de setembro .
1889 , preséntase nos Estados Unidos a primeira lexislación que permite a execución dos presos utilizando a cadeira eléctrica.
1890 , ábrese en Monterrey a primeira institución bancaria do Banco Nacional de México .
1892 , ábrese a illa Ellis , o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos .
1893 , o Xapón adopta o calendario gregoriano.
1896 , Wilhelm Röntgen anuncia o descubrimento dos raios X .
1897 , ten lugar a inauguración do telégrafo submarino que pon en contacto as cidades de Río de Xaneiro e Pernambuco .
1898 - María Luz Morales , escritora, xornalista e tradutora galega (m. 1980 )
1899
O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos , que asumiu o seu goberno durante tres anos.
Sae á rúa o xornal La veu de Catalunya .
O goberno dos Estados Unidos concede permiso a Issaquah State Bank para a apertura e xestión dos cartos e intereses do estado.
1901 - 1950
1901
1903 , aparece o primeiro número do xornal español ABC , de periodicidade semanal.
1905
Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións.
Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur.
1909 , en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación.
1910 , empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite.
1911
O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua .
En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria.
1912
O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-sen .
Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia .
1913 , dimite o xefe do Partido Conservador de España , Antonio Maura .
1914
Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos ).
A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre.
Nixeria constitúese nunha colonia británica.
1915
O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth .
O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War" .
1916
O político Venustiano Carranza chega a Querétaro , cidade que proclama capital da república.
Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno do Brasil cree o Código Civil Brasileiro.
1918
1919 , Fundación do Partido Comunista alemán , por Rosa Luxemburg , Karl Liebnecht e Guillerme Pieck .
1921 , en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
1923
1924
Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa.
En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana.
1925
A capital de Noruega , Cristiana, pasa a chamarse Oslo .
Estrea no teatro Español da obra Hernani , adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado.
1926
O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns.
As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781 .
1927
Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation ).
A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións.
1929
Entra en vigor un novo Código Penal en España .
En Nicaragua Xosé María Moncada , do Partido Liberal, asume a presidencia.
Estréase na Arxentina o novo aeroporto; Arxentina S.A.
1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia ).
1931 , comeza a folga de mineiros no País de Gales .
1932 , en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca.
1934
Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias".
Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli , Benghazi , Derna e Misurata .
Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal.
1935 , a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos.
1936 , o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina.
1937 , as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén ).
1938 , no Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo , de tendencia fascista.
1939
Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio.
En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe .
1942
Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley.
Estréase en París o ballet Bolero , de Maurice Ravel .
Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt .
1943 , finaliza a batalla de Guadalcanal , coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses .
1944
Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini .
Estrease nos Estados Unidos a película Going my way , dirixida por Leo McCarey .
Descóbrese a tumba do faraón Menes no Cairo (Exipto ).
Durante a Segunda guerra mundial o piloto alemán, Heinz Lange derriba o avión número 50; dun total de 70 que derribará durante a contenda. Seguiralle así o temido "rei dos ases"; Erich Hartmann , un comandante alemán que logrou derribar 352 avións.
1945
O Comité de Lublin declárase Goberno provisional polaco .
Avións xaponeses bombardean o navío estadounidense John M. Clayton ; pola contra Estados Unidos desprega un novo submarino, o USS Requin SS-481 .
1946 , nunha alocución radiofónica, o emperador Hirohito explica a xénese do mito do emperador no Xapón .
1947
1948
Entra en vigor o Acordo Xeral sobre Tarifas Aduaneiras e Comercio (GATT).
O Goberno decreta a suspensión dos salvocondutos para circular polo interior de España .
Estréase a primeira ópera catalá da posguerra, El giravolt de maig , de Toldrá.
No Reino Unido nacionalízase o ferrocarril.
Entra en vigor o Benelux , como acordo da unión aduaneira entre Bélxica , Luxemburgo e os Países Baixos .
Etiopía logra entrar coma membro na Organización de Agricultura e Alimentación (FAO).
1949
Os enfrontamentos entre zulús e mercadores hindús no mercado oeste de Durban (Suráfrica ) causan a morte de 75 persoas.
O doutor Xoán Manuel Gálvez toma posesión da presidencia de Honduras .
Tailandia entra como membro da UNESCO .
1950
1951 - 2000
1951 , comeza as súas funcións o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
1952 , Javier de Borbón Parma autoproclámase rei perante un grupo de carlistas.
1953 , ponse en marcha o primeiro plan quinquenal na China .
1956 , Sudán independízase do Reino Unido .
1957
O enxeñeiro alemán Félix Wankel leva a cabo o primeiro percorrido de proba co seu motor de pistón xiratorio.
Francia retorna o territorio do Sarre a Alemaña .
1958
Lánzase o Explorer 1, primeiro satélite norteamericano.
O Exército venezolano rebélase contra o Goberno.
1959
1960
1962
1964
Iníciase o I Plan de Desenvolvemento en España .
Entra en vigor a lei de froitas e verduras para o Mercado Común
1965 , permítese en España a lectura directa do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas .
1966 , República Centroafricana: David Dacko é deposto do seu goberno polo seu curmán, o coronel Jean Bedel Bokassa .
1969
En Checoslovaquia créase un estado federal no que os eslovacos gozan dunha ampla autonomía por parte do estado checo .
Os enfrontamentos entre católicos e protestantes en Londonderry (Irlanda do Norte ) causaron 120 feridos
1970
1971
En Chile o goberno da Unidad Popular nacionaliza a banca privada.
Un tremor rexistrado en Asia central produce un accidente ferroviario en Isfahan (Irán ) que ocasiona 70 mortos e 130 feridos.
1973 , nace a "Europa dos nove", ao meterse na CEE o Reino Unido , Irlanda e Dinamarca .
1974 , asínase un acordo pesqueiro hispanomarroquí polo cal 200 barcos españois poderán faenar nas augas próximas a Marrocos .
1975
Declarado Ano Internacional da Muller, auspiciado pola Asemblea Xeral da ONU .
Entra en vigor a nova Constitución sueca.
O papa Paulo VI inaugura o Ano Santo.
1976 , en Venezuela o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo .
1979
1980 , manifestantes afgáns e iranianos asaltan en Teherán a embaixada da URSS, nunha protesta pola ocupación de Afganistán .
1982 , Javier Pérez de Cuéllar asume o cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas .
1984 , independízase Brunei .
1985 , 2.500 persoas son desaloxadas en Arcansas (Estados Unidos ) trala fuga dun vagón cisterna de gas fabricado pola Union Carbide.
1986
1987
Maniféstanse en Pequín estudantes a favor da democracia e a clase traballadora.
Promulgase na Unión Soviética a lei de inmigración número 1064 permitindo os xudeus emigrar a Israel .
1989
Entra en vigor o Protocolo de Montreal , ratificado por 29 países e a CE , para protexer a capa de ozono.
Felipe González asume a Presidencia da Unión Europea, sendo o primeiro gobernante español que o fai.
1990 , o presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceaucescu .
1991
Entra en vigor en Alemaña a Lei de Protección dos Embrións.
1992 , Arxentina , o peso substitúe ao austral como moeda arxentina .
1993
1994
1995
1996 , o rei Fahd de Arabia é substituído polo seu medio irmán Abdula.
1997
O ghanés Kofi Annan toma posesión como secretario xeral da ONU , en substitución do exipcio Butros Ghali .
Violentos ataques a estacións e comisarías vascas trala detención dun comando Y.
1998
Centos de persoas, na súa maioría de orixe kurda , chegan ás costas italianas nun barco abandonado pola tripulación.
Dimite o ministro de Exteriores israelí David Levy.
Morren degolados 78 civís no primeiro día do ramadán en Alxeria .
1999
Entra en vigor o euro , a moeda única para once países da UE .
Cincocentos civís son masacrados na rexión de Kivu Sur (República Democrática do Congo) polas forzas rebeldes enfrontadas ao presidente Laurent Kabila.
2000
Entra en vigor a Unión Monetaria Europea.
Juan Jose López Martos, ex conselleiro de Obras Públicas da Xunta de Andalucía , é absolto no "caso Ollero"
O antigo membro dos Beatles George Harrison é apuñalado na súa mansión por un fanático.
2001 -
2001
Suecia asume a presidencia por quenda da Unión Europea.
Comenza o rally París Dakar.
2002
Entrada en vigor o Euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea .
Tres policías feridos e máis de 30 vehículos incendiados en varios incidentes en Estrasburgo .
2003
Lula da Silva xura coma presidente do Brasil .
Grecia inicia a súa presidencia semestral da Unión Europea.
España ingresa no Consello de Seguridade da ONU para un período de dous anos.
Un cargueiro turco, con 70 000 toneladas de gasóleo a bordo, choca cos restos do casco do buque Tricolor, afundido en augas do Canal da Mancha o 14 de xaneiro tras ser arremetido por outro mercante.
2004
Irlanda inicia o semestre de presidencia da UE.
O Tratado de libre Comercio entre Chile e os Estados Unidos de América entra en vigor.
O Parlamento paquistaní ratifica o presidente Pervez Musharraf, como xefe de Estado até o ano 2007 .
2005
Un novo sismo rexístrase no sur de Sumatra , mentres a choiva agrava o risco de epidemias.
Rexístrase un terremoto de 5,3 graos no leste do Xapón , sen causar vítimas.
As inundacións obrigan a desaloxar 2.000 persoas en Sri Lanka .
A axuda internacional comprometida para as vítimas do maremoto alcanza os 2.000 millóns de dólares.
Morren polo menos doce soldados nunha emboscada dos maoístas nunha rexión montañosa do leste do Nepal .
2006 , entra en vigor en España a Lei Antitabaco .
2007
Antón Patiño.
Christine Lagarde
Baldo Ramos.
María Luz Morales.
1431 - Papa Alexandre VI , de nome Rodrigo Borja (m. 1503 ).
1449 - Lourenzo de Medici , banqueiro e político italiano , mecenas do renacemento (m. 1492 ).
1769 - Jane Marcet , pioneira da divulgación científica (m. 1858 ).
1823 - Sándor Petőfi , poeta húngaro (m. 1849 ).
1864 - Alfred Stieglitz , fotógrafo estadounidense (m. 1946 ).
1892 - Manuel Roxas , presidente de Filipinas (m. 1948 ).
1898 - María Luz Morales , xornalista e escritora galega do século XX (m. 1980)
1901 - Manuel Iglesias Corral , avogado e político galego (m. 1989 ).
1919 - J.D. Salinger , novelista estadounidense (m. 2010 ).
1922 - Bobby Capó , cantante e compositor de Porto Rico (m. 1989 ).
1942 - Alassane Ouattara , ex-primeiro ministro da Costa do Marfil .
1944 - Eloy de la Iglesia , guionista e director de cine vasco (m. 2006 ).
1944 - Omar Hasan Ahmad al-Bashir , presidente do Sudán .
1946 - Rivelino , futbolista brasileiro.
1952 - Mercedes Gallego , historiadora da arte, política e senadora galega.
1956 - Christine Lagarde , política francesa, primeira muller designada como directora xeral do Fondo Monetario Internacional (FMI).
1957 - Antón Patiño Pérez , pintor e escritor galego.
1959 - Azali Assoumani , presidente das Comores .
1959 - Panagiotis Giannakis , xogador e adestrador de baloncesto grego.
1960 - Francis Lorenzo , actor galego.
1962 - Andreu Casadevall , adestrador de baloncesto catalán.
1965 - Xosé Monteagudo , escritor galego.
1971 - Baldo Ramos , poeta e artista plástico galego.
1983 - Daniel Jarque , futbolista catalán (m. 2009 ).
1986 - Glen Davis , xogador de baloncesto estadounidense.
1991 - María José Corral , xogadora de voleibol e volei praia galega.
Federica Montseny.
898 - Eudes , rei de Francia .
1387 - Carlos II , rei de Navarra .
1515 - Lois XII , rei de Francia .
1578 - Catalina de los Ángeles , relixiosa española .
1617 - Hendrick Goltzius , pintor e gravador flamengo.
1717 - Esteban Bellido Guevara , bispo español .
1864 - Juan Chassaing , poeta, avogado, lexislador e político arxentino .
1894 - Heinrich Rudolf Hertz , físico alemán .
1936 - Lucas Álvarez Cerice , militar e médico cubano .
1937 - Eduardo Ladislao Holmberg , naturalista e escritor arxentino .
1939 - Francisco Sánchez García , xornalista e escritor galego (n. 1874).
1943 - Antonio Alice , pintor arxentino .
1953 - Hank Williams , músico estadounidense .
1962 - Diego Martínez Barrio , expresidente da II República Española .
1972 - Maurice Chevalier , cantante e actor francés .
1974 - Manuel Peyrou , novelista e xornalista arxentino .
1975 - Kyusaku Ogino , xinecólogo xaponés .
1980 - Pietro Nenni , político italiano .
1984 - Claudio Estrada , compositor e guitarrista mexicano .
1984 - Xoaquín Rodríguez "Cagancho ", matador de touros español .
1984 - Alexis Korner , músico británico .
1986 - Alfredo Binda , ciclista italiano .
1993 - Jean Mayer , investigador francés .
1994 - César Romero , actor estadounidense.
1994 - Thomas O'Neill , político dos Estados Unidos .
1994 - Samuel Bronston , produtor estadounidense de orixe rusa .
1994 - Federica Montseny , política española (n. 1905 ).
1994 - Zino Davidoff , tabaqueiro ucraíno .
1994 - Telly Savalas , actor estadounidense .
1994 - Oscar Hermes Villordo , poeta, novelista e xornalista arxentino .
1995 - Eugene P. Wigner , científico estadounidense de orixe húngaro , Premio Nobel de Física en 1963 .
1995 - Ted Hawkins , músico estadounidense .
1995 - Manuel Rivera , fundador español do Grupo El Paso.
1995 - Agustin Piru Gainza , futbolista español .
1995 - Gabriel Aragón , Gaby, pallaso español .
1995 - Rose Kennedy , decana do clan Kennedy.
1997 - Townes Van Zandt , músico estadounidense .
1998 - Helen Wills Moody , tenista estadounidense .
2000 - Matías Palau , pintor e escultor español .
2001 - Xosé Luis González Marcos , ex deputado socialista español .
2005 - Shirley Chisholm , primeira muller negra do Congreso dos Estados Unidos de América .
2018 - Gonzalo Adrio Barreiro , avogado e político galego (n. 1919).
Celebracións relixiosas
Na Igrexa católica latina
Santoral: Santa María, Nai de Deus . Oitava de Nadal (Manuel, Xesús); A Circuncisión do Señor ; Santo Agripino, Odilión, Frodoberto e Xustino (Bispos ); Almaquio, Odilión, Concordio e Almaquino (Mártires); Eufrosia, Beatriz e Eufrosina (Virxes ); Martiña (Virxe e Mártir ); Ada, Fulxencio de Ruspe, Ponfilio e Vicente María Strambi (Confesores ); Odilo e Guillerme (Abades ). Calendario Romano : Calendas de Xaneiro .
Na Igrexa ortodoxa e nas Igrexas católicas de rito bizantino
Festa da Circuncisión de Cristo .
San Basilio Magno , arcebispo de Cesarea de Capadocia.[2]