historiadora da arte e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de las Mercedes Gallego Esperanza 1 de xaneiro de 1952 (72 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | senadora de España (2004–2008), escritora |
Páxina web | mercedesgallego.es |
Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004.[1] Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PP ao Senado, pola que resultou elixida.[2] Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura,[3] tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.[4]
Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.[5]
Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.