Gabriel Aragón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gabriel Aragón Bermúdez, máis coñecido como Gaby, nado en Madrid o 3 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1995, foi un pallaso e saxofonista español, membro do trío Gaby, Fofó e Miliki.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Gabriel Aragón
Biografía
Nacemento(es) Gabriel Aragón Bermúdez
3 de xullo de 1920
Madrid, España
Morte10 de xaneiro de 1995 (74 anos)
Madrid, España
Causa da mortedoenza cardiovascular
Outros nomesGaby
Homobono
Actividade
Ocupaciónpallaso, artista de circo, saxofonista, presentador de televisión
Período de actividade1934 - 1993
Membro de
InstrumentoSaxofone soprano (pt)
Familia
FamiliaFamily Aragón (en)
FillosLara Aragón
PaisEmilio Aragón Foureaux   e Rocío Bermúdez Contreras
IrmánsEmilio Aragón Bermúdez
Premios

Pechar

Traxectoria

Fillo do pallaso Emilio Aragón Foureaux, pertencía a unha familia de longa tradición no mundo do circo. Era sobriño do dúo de pallasos Pompoff e Thedy. Con eses antecedentes, el mesmo, xunto ao seu irmán Alfonso Fofó, aos que pronto se uniría o terceiro irmán Emilio Miliki, comezou a súa carreira artística cando aínda era un adolescente durante a Guerra civil española, actuando en lugares como o London Bar de Barcelona ou o Café Victoria de Madrid.

En 1946 emigrou a América cos seus irmáns, e alí triunfou na televisión, primeiro en Cuba e a partir de 1970 na Arxentina.

En 1972 os tres irmáns regresan a España e en 1973 estréase o seu programa en Televisión Española El Gran Circo de TVE, que se mantén en pantalla ata 1983 conseguindo un enorme éxito.

Logo da retirada do programa, Miliki saíu do grupo e Gabriel Aragón continuou actuando cos seus sobriños Fofito e Rody ata 1985. Máis adiante formou con seis dos seus dez fillos o Grupo de pallasos Os Gabytos, cos que seguiu traballando entre 1987 e 1993, a menos dun ano do seu falecemento.

Carácter do personaxe

No trío de pallasos, Gaby representaba o personaxe do Clown, fronte aos seus irmáns Fofó e Miliki, augusto e contraugusto respectivamente. Asumía pois o papel do "listo" do grupo, que con todo sempre terminaba escaldado coas bromas dos seus compañeiros. Vestido sempre con impecable levita negra, o seu personaxe, intérprete de saxofón, adoptaba un aire serio e pretendía adoptar o rol de líder do grupo, sempre con catastróficos resultados.

Premios

Gabriel Aragón recibiu, xunto aos seus irmáns, o Premio TP de Ouro de 1974 ao Personaxe máis popular da televisión e en 1995, a título póstumo, o TP de Ouro pola súa traxectoria artística.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.