Remove ads
país de Asia From Wikipedia, the free encyclopedia
Vietnam[1] (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ( listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste.[2] A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Việt Nam (vi) | |||||
Himno | Tiến Quân Ca (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Độc lập – Tự do – Hạnh phúc» «Independence – Freedom – Happiness» «Независимост - свобода - щастие» «Annibyniaeth – Rhyddid – Hapusrwydd» | ||||
Epónimo | Nanyue | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Hanoi | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 96.208.984 (2019) (290,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua vietnamita | ||||
Relixión | budismo, catolicismo, protestantismo, Cao dai (pt) e Hòa Hảo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 331.690 km² | ||||
Punto máis alto | Fan Si Pan (pt) (3.143 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar da China Meridional (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía 1804 ↔ 14 de febreiro de 1839: Nome 2 de setembro de 1945: Declaración de independencia 2 de xullo de 1976: Unión política | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Estado unitario unipartidismo república | ||||
• Presidente (pt) | Tô Lâm (2024–) | ||||
Órgano executivo | Governo do Vietnã (pt) | ||||
• Primeiro ministro | Phạm Minh Chính (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Vietnã (pt) , (Escano: 498) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 366.137.590.718 $ (2021) | ||||
Moeda | Dong vietnamita | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .vn | ||||
Prefixo telefónico | +84 | ||||
Teléfono de emerxencia | 113, 115 e 114 (pt) | ||||
Código de país | VN | ||||
Sitio web | vietnam.gov.vn | ||||
Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun milenio, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.
Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico.[3] No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo,[3] e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías.[4] As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.
Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.[5][6][7][8][9]
A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do Imperio Chinés e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do século X e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado por Francia. Durante a segunda guerra mundial, o Xapón ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o Goberno de Vichy colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, Ho Chi Minh proclamou a República Democrática de Vietnam.
Ó rematar a guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a guerra de Indochina que finalmente perdeu. A Conferencia de Xenebra de 1954 dividiu o país en dous: Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Durante a guerra fría, o norte recibiu o apoio da República Popular da China e a Unión Soviética, mentres que o Sur obtivo o apoio dos Estados Unidos. Axiña as tensións levaron á guerra de Vietnam, que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de 1973 e a toma de Saigón en abril de 1975. En 1976, Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de República Socialista de Vietnam.
En 1978, Vietnam invadiu a Kampuchea Democrática de Pol Pot e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comezaron as negociacións para restabelecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".
De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino Áu Lac (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - Van Lang), no norte de Vietnam.
Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do Sueste asiático. No 208 a.C., a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba localizado ó sur da China e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o -111 a.C. ata o século X Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.
En 938, Ngô Quyền logrou derrotar ás forzas chinesas na Batalla do río Bạch Đằng e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada Đại Việt, a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos mongois en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola dinastía Ming da China, pero foi restaurada por Lê Lợi, o fundador da dinastía Lê.
No século XV, o feudalismo acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador Lê Thánh Tông. Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (expansión sur e que os levou a conquistar o Reino de Champa (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do imperio Khmer (Kampuchea Krom).
A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos franceses, quen estableceron a Dinastía Nguyễn.
A independencia de Vietnam rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o cristianismo, desenvolveuse o cultivo de tabaco, té e café. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como Phan Boi Chau, Phan Chu Trinh, o Emperador Ham Nghi e Ho Chi Minh. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a segunda guerra mundial, cando os xaponeses invadiron a Península Indochina. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados polo Xapón para as súas campañas militares en Myanmar, Malaisia e a India.
Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de Ho Chi Minh desafiou ós franceses. Despois da derrota do Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a primeira guerra de Indochina (1945 - 1954). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en Vietnam do Norte e Vietnam do Sur.
Vietnam é unha república socialista. O dereito de voto é dado aos cidadáns de máis de 18 anos. O presidente é o xefe do estado, mentres que o primeiro ministro é o xefe do goberno. O presidente é nomeado polo parlamento. Nguyễn Phú Trọng é o presidente de Vietnam desde o ano 2016.
O sistema xudicial baséase sobre o dereito francés e sobre as teorías comunistas. O poder lexislativo é exercido por unha soa cámara composta de 450 asentos renovados cada 5 anos.
Vietnam é membro da ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do sueste).
Vietnam ten unha gran diversidade lingüística, pois conta con 55 linguas, repartidas en 6 a 7 grupos etnolingüísticos. A lingua oficial é o vietnamita, que se escribe con caracteres latinos. O vietnamita é unha das poucas linguas de Extremo Oriente que pasou dun sistema ideográfico (próximo á grafía chinesa) ao alfabeto latino. A utilización desta transcrición latina está en vigor no ensino dende 1918 e oficialízase a partir da independencia.
Vietnam está dividido en 58 provincias (tinh) e 5 municipalidades controladas polo goberno central ao mesmo nivel que as provincias (thành phố trực thuộc trung ương).
As provincias divídense en distritos (huyện), cidades provinciais (thành phố trực thuộc tỉnh), e cidades (thị xã), que se subdividen en cidades (thị trấn) ou concellos (xã).
Nome | Capital | Poboación (1 Xul 2006) |
Superficie (1 Xan 2006) |
Rexión |
---|---|---|---|---|
Bắc Ninh | Bắc Ninh | 1,009,800 | 823.1 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Hà Nam | Phủ Lý | 826,600 | 859.7 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Hải Dương | Hải Dương | 1,722,500 | 1,652.8 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Hưng Yên | Hưng Yên | 1,142,700 | 923.5 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Nam Định | Nam Định | 1,974,300 | 1,650.8 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Ninh Bình | Ninh Bình | 922,600 | 1,392.4 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Thái Bình | Thái Bình | 1,865,400 | 1,546.5 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Vĩnh Phúc | Vĩnh Yên | 1,180,400 | 1,373.2 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong |
Hà Nội (concello) | 5,760,200 | 3,119 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong | |
Hải Phòng (concello) | 1,803,400 | 1,520.7 km² | Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong | |
Hà Tĩnh | Hà Tĩnh | 1,306,400 | 6,026.5 km² | Bắc Trung Bộ |
Nghệ An | Vinh | 3,064,300 | 16,498.5 km² | Bắc Trung Bộ |
Quảng Bình | Đồng Hới | 847,900 | 8,065.3 km² | Bắc Trung Bộ |
Quảng Trị | Đông Hà | 625,800 | 4,760.1 km² | Bắc Trung Bộ |
Thanh Hoá | Thanh Hoá | 3,680,400 | 11,136.3 km² | Bắc Trung Bộ |
Thừa Thiên-Huế | Huế | 1,143,500 | 5,065.3 km² | Bắc Trung Bộ |
Bắc Giang | Bắc Giang | 1,594,300 | 3,827.4 km² | Dong Bac |
Bắc Kạn | Bắc Kạn | 301,500 | 4,868.4 km² | Dong Bac |
Cao Bằng | Cao Bằng | 518,900 | 6,724.6 km² | Dong Bac |
Hà Giang | Hà Giang | 683,500 | 7,945.8 km² | Dong Bac |
Lạng Sơn | Lạng Sơn | 746,400 | 8,331.2 km² | Dong Bac |
Lào Cai | Lào Cai | 585,800 | 6,383.9 km² | Dong Bac |
Phú Thọ | Việt Trì | 1,336,600 | 3,528.4 km² | Dong Bac |
Quảng Ninh | Hạ Long | 1,091,300 | 6,099.0 km² | Dong Bac |
Thái Nguyên | Thái Nguyên | 1,127,200 | 3.546.6 km² | Dong Bac |
Tuyên Quang | Tuyên Quang | 723,300 | 5,870.4 km² | Dong Bac |
Yên Bái | Yên Bái | 740,700 | 6,899.5 km² | Dong Bac |
Điện Biên | Điện Biên | 459,100 | 9,562.5 km² | Tây Bắc |
Hoà Bình | Hoà Bình | 820,400 | 4,684.2 km² | Tây Bắc |
Lai Châu | Lai Châu | 319,900 | 9,112.3 km² | Tây Bắc |
Sơn La | Sơn La | 1,007,500 | 14,174.4 km² | Tây Bắc |
Daklak | Buôn Ma Thuột | 1,737,600 | 13,139.2 km² | Tây Nguyên |
Dak Nông | Gia Nghĩa | 407,300 | 6,516.9 km² | Tây Nguyên |
Gia Lai | Pleiku | 1,161,700 | 15,536.9 km² | Tây Nguyên |
Kontum | Kontum | 383,100 | 9,690.5 km² | Tây Nguyên |
Lâm Đồng | Đà Lạt | 1,179,200 | 9,776.1 km² | Tây Nguyên |
Bình Định | Quy Nhơn | 1,566,300 | 6,039.6 km² | Nam Trung Bộ |
Khánh Hòa | Nha Trang | 1,135,000 | 5,217.6 km² | Nam Trung Bộ |
Phú Yên | Tuy Hòa | 873,300 | 5,060.6 km² | Nam Trung Bộ |
Quảng Nam | Tam Kỳ | 1,472,700 | 10,438.3 km² | Nam Trung Bộ |
Quảng Ngãi | Quảng Ngãi | 1,295,600 | 5,152.7 km² | Nam Trung Bộ |
Đà Nẵng (concello) | 788,500 | 1,257.3 km² | Nam Trung Bộ | |
Bà Rịa-Vũng Tàu | Vũng Tàu | 926,300 | 1,989.6 km² | Dong Nam Bo |
Bình Dương | Thủ Dầu Một | 964,000 | 2,696.2 km² | Dong Nam Bo |
Bình Phước | Đồng Xoài | 809,500 | 6,883.4 km² | Dong Nam Bo |
Bình Thuận | Phan Thiết | 1,163,700 | 7,836.9 km² | Dong Nam Bo |
Đồng Nai | Biên Hòa | 2,214,800 | 5,903.9 km² | Dong Nam Bo |
Ninh Thuận | Phan Rang-Tháp Chàm | 567,900 | 3,363.1 km² | Dong Nam Bo |
Tây Ninh | Tây Ninh | 1,047,100 | 4,035.9 km² | Dong Nam Bo |
Cidade Ho Chi Minh (concello) | 6,105,800 | 2,098.7 km² | Dong Nam Bo | |
An Giang | Long Xuyên | 2,210,400 | 3,536.8 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Bạc Liêu | Bạc Liêu | 820,100 | 2,584.1 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Bến Tre | Bến Tre | 1,353,300 | 2,360.2 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Cà Mau | Cà Mau | 1,232,000 | 5,331.7 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Đồng Tháp | Cao Lãnh | 1,667,800 | 3,376.4 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Hậu Giang | Vị Thanh | 796,900 | 1,601.1 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Kiên Giang | Rạch Giá | 1,684,600 | 6,348.3 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Long An | Tân An | 1,423,100 | 4,493.8 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Sóc Trăng | Sóc Trăng | 1,276,200 | 3,312.3 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Tiền Giang | Mỹ Tho | 1,717,400 | 2,484.2 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Trà Vinh | Trà Vinh | 1,036,800 | 2,295.1 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Vĩnh Long | Vĩnh Long | 1,057,000 | 1,479.1 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Cần Thơ (concello) | 1,139,900 | 1,401.6 km² | Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long |
Can Tho, Da Nang, Haifong, Hanoi, Cidade Ho Chi Minh (antes chamada Saigon), Nha Trang.
Vietnam é un país do sueste de Asia. Rodeado polo golfo de Tailandia, o golfo de Tonkín, o mar da China, China, Laos e Camboxa. Ocupa unha superficie de 329.560 km², con 4.200 km² de augas territoriais.
No sur, o clima é tropical mentres que no norte é un clima de monzón. Ngoc Linh, con 3.143 m, é o punto cumio do país.
No ano 2007, Vietnam tiña unha poboación de 85.262.000 habitantes. A esperanza de vida é de 71 anos. O 94.3% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 1,89.
A etnia Kihn representa o 87 por cento da poboación e é a principal habitante das cidades e das terras chairas, deixando ao resto dos grupos étnicos o predominio das áreas montañosas.
O 50 % da poboación é menor de 25 anos.
Data | Nome galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Ano Novo solar | Tết dương lịch | |
entre xaneiro e o comezo de febreiro | Ano Novo Lunar | Tết Nguyên Đán | 4 días. Dura do último do ano precedente ao 3º día do ano seguinte segundo o calendario lunar |
30 de abril | Aniversario da liberación de Vietnam Sur | Ngày giải phóng | Caída de Saigon en 1975 |
1 de maio | Xornada internacional do traballo | Ngày Quốc tế Lao động | |
2 de setembro | Festa nacional da República socialista de Vietnam | Quốc khánh | Discurso de Ho Chi Minh en 1945 |
A cociña vietnamita caracterízase polo uso de salsas de peixe e o emprego de vexetais. Algúns dos pratos máis comúns son o "chả giò" (Roliño de primavera), "gỏi cuốn" (Rolo de verán), "phở" ou o "canh chua".
Vietnam conta con oito lugares declarados Patrimonio da Humanidade, cinco culturais, dous naturais e un mixto:[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.