From Wikipedia, the free encyclopedia
Malaisia[1] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e mais pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.
Malaysia (ms) | |||||
Himno | Negaraku | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Bersekutu Bertambah Mutu» «برسکوتو برتمبه موتو» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kuala Lumpur | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.447.385 (2020) (98,09 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua malaia | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 330.803 km² | ||||
Bañado por | Estreito de Malaca, Estreito de Johor, Mar da China Meridional, Baía do Brunei (pt) , Mar de Sulu e Mar de Célebes | ||||
Punto máis alto | Monte Kinabalu (pt) (4.096 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de setembro de 1963 | ||||
Día festivo | Hari Merdeka (en) (31 de agosto) Malaysia Day (en) (16 de setembro) Eid al-Fitr (2 Shawwal) Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah) Mawlid (12 Rabi' al-awwal (en) ) Isra e Miraj (pt) (27 Rajab (en) ) Ano novo musulmán (1 Muharam) Aninovo (1 de xaneiro) Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional monarquia federal (pt) monarquía electiva Monarquía parlamentaria | ||||
• Yang di-Pertuan Agong (pt) | Ibrahim Ismail de Johor (pt) (2024–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Malaysia (en) | ||||
• Primeiro ministro | Anwar Ibrahim (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Malásia (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Federal Court of Malaysia (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 372.981.073.018 $ (2021) | ||||
Moeda | ringgit malaio (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .my | ||||
Prefixo telefónico | +60 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | MY | ||||
Páxina web | malaysia.travel… | ||||
O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.
A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.
Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao islam.
No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.
Malaisia independizouse en 1957. En 1981, Mahathir bin Mohamad converteuse en primeiro ministro e liderou o país cara á modernización ata a súa xubilación en 2003.
Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).
A Malaisia é unha federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):
Península Malaia (capitais entre parénteses):
Malaisia oriental:
Malaisia está composta por dúas rexións:
Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.
Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).
Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.
Os recursos principais do país son:
A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.
O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.