Reuters
From Wikipedia, the free encyclopedia
Reuters é unha axencia de noticias con sede no Reino Unido, coñecida por subministrar información a medios de comunicación e mercados financeiros. Está presente en máis de 201 cidades[1][2] de 94 países e achega información en máis de vinte linguas. Reuters é unha das maiores axencias de noticias do mundo.[3]
Reuters | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | axencia de noticias e negocio | ||
Epónimo | Paul Julius Reuter (pt) | ||
Forma xurídica | sociedade limitada (pt) e Kabushiki gaisha | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Thomson Reuters (pt) | ||
Fundador/a | Paul Julius Reuter (pt) | ||
Director/a executivo/a | Stephen J. Adler (pt) (-) | ||
Actividade | |||
Industria | industria da telecomunicación | ||
Entidades | |||
Matriz | Thomson Reuters (pt) | ||
Ten en propiendade
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | outubro de 1851 | ||
Acontecementos | |||
Participou en | The Daphne Project (en) | ||
Localización | |||
Sede | Londres | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | reuters.com | ||
Redes | |||
[ Wikidata ] |
Aínda que é coñecida polo seu labor como axencia de noticias, isto só supón o 10 % dos ingresos totais do grupo. A principal actividade de Reuters consiste en proporcionar información aos mercados financeiros, como os valores dos tipos de interese e prezos de accións, ademais de ofrecer investigacións, análise e produtos de mercadeo que permiten aos axentes a compravenda de divisas e accións por computador. Entre os seus competidores están Bloomberg L.P. e Dow Jones Newswires. Desde 2008, fai parte de Thomson Reuters.[4]
Historia

Paul Julius Reuter traballaba nunha editorial de Berlín e viuse involucrado na distribución de panfeltos radicais das revolucións de 1848. Estas publicacións chamaron moito a atención e en 1850 desenvolveu o prototipo dun servizo de novas en Aquisgrán empregando pombas mensaxeiras e unha liña de telégrafo,[5] cando se deu de conta de que con esta tecnoloxía a difusión de novas era cada vez máis rápida. Nun principio a liña conectaba con Berlín, mais ao pouco tempo Reuter decatouse de que a difusión a Bruxelas, un dos centros financeiros europeos no século XIX, lle proporcionaría máis beneficios.
Un ano despois, Reuter marchou a Londres onde tratou de desenvolver un cable telegráfico submarino que atravesase o canal da Mancha e conectase Dover con Calais. Tras varios intentos fracasados, o "telégrafo submarino" comezou a funcionar a finais de 1851, e o empresario negociou coa Bolsa de Londres o intercambio de información financeira do resto de Europa, algo que tamén fixo na Bolsa de París. En 1865, o seu negocio pasou a ser oficialmente unha sociedade limitada so o nome de Reuter's Telegram Company.[6]
Ao longo dos anos, a compañía gañou reputación, sendo a primeira en Europa que informou do asasinato de Abraham Lincoln,[5][7] e estableceu unha rede completa de correspondentes por todo o mundo, así como un negocio de compra e venda de información. Reuters mantivo a súa condición de corporación ata 1984,[8] cando pasou a ser unha sociedade anónima que comezou a cotizar na Bolsa de Londres[7] e no índice Nasdaq dos Estados Unidos.[5] Os seus estatutos prohibían que unha persoa puidese posuír máis do 15 % das accións, para evitar que a axencia puidese sucumbir aos intereses dun único propietario.
A partir da década de 1980, a axencia medrou con moita rapidez grazas á elaboración e subministración de información empresarial e financeira, e procurou ampliar o seu campo de información a outros medios como a radio, a televisión e Internet. En 2007, The Thomson Corporation alcanzou un acordo de unión con Reuters para formar Thomson Reuters. Thomson fíxose co 53 % do capital da nova compañía, polo que a restrición do 15 % foi suprimida.[9]
Sedes
Historicamente, o cuartel xeral de Reuters sitúase en Londres. Aínda que desde 1939 ata comezos do século XXI a axencia se localizaba nun edificio deseñado por Sir Edwin Lutyens en Fleet Street, trasladouse en 2005 a unha instalación máis grande situada en Canary Wharf, ao leste da capital.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.