Piragüismo
deporte acuático practicado sobre unha embarcación lixeira From Wikipedia, the free encyclopedia
O piragüismo[1] é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de madeira, fibra de vidro ou plástico (normalmente Polietileno PE), e propulsada por unha a catro persoas (pero non tres) mediante unha pa ou remo. As principais embarcacións utilizadas son o caiac propulsado por pa de 2 follas e a canoa propulsada por unha pa dunha folla.

Existen diferentes modalidades de piragüismo, dependendo do número de persoas que monten sobre a embarcación ou da superficie acuática sobre a que se desenvolva (mar, río, lago ou pista artificial). Segundo o número de persoas falamos de caiac (k1, k2 e k4) ou de canoa (c1, c2 e c4). As modalidades de piragüismo de augas tranquilas e de augas bravas son as que actualmente se manteñen como deporte olímpico. Tamén hai caiac polo que é igual ao wáter-polo pero en caiac.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.