Natación sincronizada
disciplina que combina natación, ximnasia e danza From Wikipedia, the free encyclopedia
disciplina que combina natación, ximnasia e danza From Wikipedia, the free encyclopedia
A natación Sincronizada é unha disciplina derivada da natación e que consiste nunha especie de ballet na auga onde as competidoras (maioritariamente mulleres) realizan unha coreografía flotando e facendo figuras acrobáticas guiadas en gran parte pola música. Combina a natación, a danza e a ximnasia e é un deporte olímpico.
Existen tres modalidades de competicións: individual, dúos e por equipos. Seguindo o ritmo da música, as nadadoras realizan figuras acrobáticas na piscina, tanto baixo a auga como na superficie.
A natación sincronizada tivo a súa orixe en Europa, en tempos da segunda guerra mundial, onde se realizaban impresionantes shows acuáticos con música. A pesar disto, foi en Estados Unidos onde obtivo maior importancia e transcendencia.
A competición en categoría absoluta (a competición en menores de 18 anos componse de figuras e exercicio libre) divídese en dous partes: exercicio técnico e exercicio libre. Os xuíces puntúan a calidade técnica e a artística de ambos exercicios cun máximo de 10 puntos. As atletas poden ser penalizadas se tocan o fondo da piscina ou se apoian nos bordos.
As nadadoras deben realizar un serie de elementos obrigatorios. Estas deben realizarse nunha orde e dentro de tempo límite determinado. Nas competicións individuais, teñen 2 minutos para facer 7 elementos obrigatorios; nos dúos, 2,20 para facer 9 elementos non permitíndose accións de espello; e nas de equipo, 2,50 para facer 10 elementos e polo menos unha formación circular e unha en liña recta. O exercicio técnico representa o 50 % da puntuación final na competición, aínda que pode establecerse que teña un valor do 100%, establecéndose a clasificación con independencia do exercicio libre. Así se fixo no Campionato do Mundo en 2007, onde houbo medallas en exercicios técnicos (solo, dúo e equipo) e en exercicios libres (solo, dúo e equipo)
Aquí, as nadadoras engaden toques persoais e artísticos ás súas actuacións sen necesidade de realizar ningún elemento obrigatorio. Normalmente, as nadadoras comezan fóra da piscina, tendo 10 segundos para meterse na auga. O exercicio libre representa o 50 % da puntuación final na competición, salvo o xa dito anteriormente.
As nadadoras crean exercicios (ou "rutinas") facendo combinacións de posicións básicas e transicións, chamadas figuras. Nas súas actuacións, utilizan transicións creativas para moverse dun lado a outro da piscina, xa que os exercicios deben facerse percorrendo a mesma en toda a súa extensión.
Os dúos, esixen unha perfecta coordinación das dúas nadadoras, ademais dunha boa sincronización co corpo da compañeira. Na rutina libre, non están obrigadas a realizar as figuras ó mesmo tempo, pero os seus movementos deben estar coordinados artisticamente.
De catro a oito participantes son as que o compoñen, deben actuar sincronizadas perfectamente, aínda que non todas realicen as mesmas figuras. As actuacións por equipos requiren moitas horas de adestramento. En competicións oficiais de categoría absoluta deben realizar un exercicio técnico e outro exercicio libre.
É outra modalidade da natación sincronizada. É igual que a modalidade de equipo pero inclúe individuais e solos. É un exercicio libre.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Natación sincronizada |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.