Níxer

país de África From Wikipedia, the free encyclopedia

Níxer

Níxer[1][2] é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Níxer
Nijar (ha)
Imaxe

HimnoL'Honneur de la Patrie (en) (22 de xuño de 2023)

Lema«Fraternité, Travail, Progrès»
«Fraternity, Work, Progress»
«Братство, труд, прогрес»
«Brawdoliaeth, Gwaith, Datblygiad»
EpónimoRío Níxer
Localización
 17°N 10°L
CapitalNiamey
Contén a división administrativa
Agadez (região) (pt)
Diffa (pt)
Dosso (pt)
Maradi (pt)
Niamey
Tahoua (pt)
Tillabéri (pt)
Zinder (pt)
Poboación
Poboación21.477.348 (2017) (16,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
Xeografía
Parte de
Superficie1.267.000 km²
Punto máis altoMonte Idoukal-n-Taghès (pt) (2.022 m)
Punto máis baixoRío Níxer (200 m)
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960
Día festivo
Organización política
 Presidente Mohamed Bazoum (2021–2023)
Mahamadou Issoufou (2011–2021)
Salou Djibo (pt) (2010–2011)
Tandja Mamadou (1999–2010)
Abdourahamane Tchiani (pt) (2023–)
Órgano executivoCabinet of Niger (en)
 Primeiro ministro Ibrahim Assane Mayaki (1997–2000)
Hama Amadou (2000–2007)
Seyni Oumarou (en) (2007–2009)
Albadé Abouba (en) (2009–2009)
Ali Badjo Gamatié (2009–2010)
Mahamadou Danda (en) (2010–2011)
Brigi Rafini (2011–2021)
Ouhoumoudou Mahamadou (2021–2023)
Ali Lamine Zeine (pt) (2023–)
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Níger (pt) , (Escano: 171)
Membro de
PIB nominal14.915.002.098 $ (2021)
Moedafranco CFA de África Occidental
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ne
Prefixo telefónico+227
Teléfono de emerxencia17 e 18
Código de paísNE

Sitio webpresidence.ne
Pechar

Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.

Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.

Historia

Artigo principal: Historia de Níxer.

O territorio nixerino estivo habitado dende hai máis de 60.000 anos, como así o testemuñan a evidencia arqueolóxica encontrada. Este descubrimento entronca coa evidencia botánica, climática e xeolóxica, que indica que neses tempos o proceso de desertificación de toda a rexión norte aínda non se producira ou era apenas incipiente.

Entre os séculos X e XIX, existiu un poderoso reino denominado Hausa, que se alimentou do control das rotas das caravanas que cruzaban o Sáhara e dominaba a rexión máis fértil do sur. O apoxeo desta cultura produciuse arredor de 1400, para comezar a decaer coa conquista europea de Níxer no século XVIII.

A colonización francesa concretouse totalmente no século XIX, cando o actual territorio de Níxer pasou a formar parte da África Occidental Francesa, situación que persistiu até 1958.

Independencia

O país obtivo a súa independencia en 1960. O primeiro presidente foi Hamani Diori, que logrou a súa reelección nas eleccións de 1965 e 1970, cun goberno tranquilo e moderado. Mais as fortes secas que se sucederon a partir de 1968 comezaron a xerar un estado de inquietude social e de inestabilidade gobernativa, que conduciron a un primeiro golpe de estado militar en 1974 dirixido polo coronel Seyni Kountché, que derrocou a Diori. Kountché sufriu á súa vez varios intentos golpistas que conseguiron ser abortados. En 1983 elaborou un Consello Lexislativo de Ministros formado por civís e presidido por Oumarou Maname.

Kountché faleceu catro anos máis tarde, sendo substituído polo seu camarada Ali Seibou, que acrecentou a súa base de poder na década dos 80. A principal preocupación do seu goberno foi desenvolver e diversificar a feble base económica e produtiva do país, intentando desprenderse da dependencia con respecto á extracción de mineral de uranio, por aquela, única fonte de ingresos económicos de exportación. A estes efectos, Seibou constituíu o Movemento Nacional para o Desenvolvemento Social (MNSD), que se quedaría como o único partido político legal.

Mentres se estendía a pobreza entre amplas capas da sociedade e as secas ameazaban xerar fame negra, o MNSD comezou a solicitar préstamos ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial, que lle impuxeron cambios estruturais macroeconómicos, como a conxelación dos salarios dos empregados públicos durante dous anos, o que provocou maior pobreza.

Anos 1990

En 1990 a firmeza de Seibou foi superada pola presión popular, manifestacións estudantís e obreiras, que se viu obrigado a adoptar medidas amplamente aperturistas. Así, o goberno convocou unha Conferencia Nacional que preparara o camiño a unha saída democrática, encargando ao político Amadou Cheiffou a preparación dun goberno de transición.

En 1993 promulgouse a Constitución e celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) —unha coalición de seis partidos de oposición— que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de Mahamane Ousmane, candidato dun dos partidos integrantes da AFC.

Este novo goberno intentou mellorar a situación económica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos tuaregs, habitantes da zona norte do país. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nómade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamáballe ao goberno unha solución ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solución fácil as súas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou até ben entrado o ano seguinte.

Á súa vez, as manifestacións estudantís continuaban e o goberno seguía reprimíndoas, feitos que conduciron á ruptura da coalición nese mesmo ano de 1994 e á renuncia do Primeiro Ministro. En 1995 formouse unha nova coalición que alcanzou a maioría no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formación dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.

A nova situación pouco durou. En xaneiro de 1996 o coronel Ibrahim Baré Mainassara realizou un novo golpe de estado e suspendeu a vixencia da constitución. Mainassara prometeu devolver o goberno ao poder civil e cumpriu en 1999, cunhas eleccións municipais que lle deron o triunfo á oposición. Esa circunstancia provocou descontento en amplos sectores militares, cuxa reacción foi facer asasinar a Mainassara a mans da súa propia garda.

En decembro de 1999 dese mesmo ano o poder pasou novamente a mans de civís, posto como presidente a Mamadou Tandja e a Hama Amadou como primeiro Ministro —este último nomeado en xaneiro de 2000—.

Política

Artigo principal: Política de Níxer.

Subdivisións

O Níxer está dividido en 7 rexións que teñen coma nome o da súa capital: Agadez, Difa, Doso, Maradi, Tahoua, Tillaberi, Zindar, ademais dunha oitava rexión, Niamay, que agrupa cinco concellos.

As rexións están divididas en 35 departamentos.

A capital, Niamey, é un concello urbano separado.

Máis información #, Rexión ...
# Rexión Capital Superficie (km²) Poboación (2004) Mapa
1.AgadezAgadez634.209344.916Thumb
2.DiffaDiffa140.216362.216
3.DossoDosso31.0021.625.174
4.MaradiMaradi38.5812.419.513
5.Niamey*Niamey670741.610
6.TahouaTahoua106.6772.096.547
7.TillabériTillabéri89.6232.041.876
8.ZinderZinder145.4302.224.880
Pechar

Xeografía

Artigo detallado : Xeografia de Níxer

Thumb
Níxer.
Thumb
Imaxe satélite de Níxer.

O Níxer atópase no interior da África Occidental, localizada ao sur de Alxeria e Libia e ao norte de Nixeria. A súa área é de 1 267 000 quilómetros cadrados (algo máis do duplo ca a Península Ibérica), dos cales 1 266 700 km² son terra e 300 km² auga. Níxer é o 63° país máis poboado e o 22° máis grande do mundo.

O Níxer fai fronteira con sete países e ten un total de 5 697 km de fronteiras. A fronteira máis longa é co Chad, polo leste, con 1175 km. A esta séguelle a fronteira con Nixeria, polo sur (1497 km), con Alxeria, a norte-noroeste (956 km) e con Malí, con 821 km. Níxer tamén posúe fronteiras máis miúdas a suroeste (Burkina Faso con 628 km e Benín con 266 km) e a norte-nordeste (Libia con 354 km).

O país ten dous terzos do seu territorio no deserto do Sáhara, que son practicamente inhabitables e constitúen todo o norte do país. O resto esténdese polas marxes do río Níxer, con grandes sabanas onde é posible a cría de gado e practicar agricultura. É nesta zona onde se atopa a capital, como ademais os principais centros poboados, (Zinder, Maradi e Tillabéri).

A zona desértica alcanza o seu máximo rigor no Teneré. Alí áchanse macizos montañosos como o do Aïr, que acada o seu cumio máximo no monte Bagzane, de 2022 m. As cidades máis importantes desta zona son Tahoua e Agadez.

Sinalar que no extremo suroriental atópase unha parte do lago Chad, que Níxer comparte con Chad, con Nixeria e con Camerún, e onde habitan os beri beri. Este lago e o río Níxer subministran a maior parte de auga potable do país.

O punto máis baixo é o río Níxer, a unha altitude de 200 m. Os punto máis elevado son o dito monte Bagzane e monte Greboun, con 1 944 m.

O clima nixerino é moi caloroso, onde a temperatura media supera os 30 °C. Trátase dun clima subtropical, que é xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima tropical.

Economía

Artigo principal: Economía de Níxer.

Níxer é membro da Unión económica e monetaria de África do oeste

Demografía

Artigo principal: Demografía de Níxer.

Cultura

Artigo principal: Cultura de Níxer.

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.