Remove ads
piragüista española From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonia Molanes Costa, nada en Cangas o 28 de maio de 1980, é unha ex-piragüista galega. Foi dúas veces campioa do mundo no K2 200 metros, en 2001 e 2002, tres veces campioa de Europa e participou nos Xogos Olímpicos de 2008.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1980 (44 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
Comezou de nena no deporte do piragüismo, no Club Náutico de Rodeira, e aos trece anos fichou polo Club Mar Ría de Aldán, un dos principais conxuntos de piragüismo a nivel galego e estatal, onde tamén remaban David Cal ou Teresa Portela. En 1995 empezou a adestrar de forma semiprofesional no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e ao ano seguinte fichou polo Kayak Tudense.
O seu primeiro campionato de España de piragüismo conseguiuno ese mesmo 1996. En xullo de 2001 proclamouse campioa de Europa de K2 200 metros no Campionato Europeo celebrado en Milán, xunto á sevillana Beatriz Manchón. Ademais foron prata na proba dos 500 metros.[1]
Un mes despois, no Campionato Mundial celebrado en Poznan, coroouse campioa do mundo xunto a Manchón no K2 200 metros. No mesmo campionato participou tamén nas probas de 500 e 1000 metros, logrando o bronce nas dúas distancias.[2] Ao ano seguinte en Szeged, revalidou o ouro europeo en K2 200, ao que sumou un ouro en K4 200, formando equipo con Manchón, Teresa Portela e María García, e un bronce en K2 500. No Mundial disputado en agosto en Sevilla, gañou o seu segundo título mundial en K2 200, ademais da prata en K4 200 e dous bronces en K2 500 e K4 500.[3]
Logo de obter unha nova medalla de bronce nos campionatos de Europa de Milán, en 2008, na categoría de K-4 500m, clasificouse para disputar os Xogos Olímpicos de Pequín. Fíxoo en dúas categorías: na primeira delas, o K2 500, participou con Beatriz Manchón, sen conseguir meterse na final;[4] pola contra, no K4 500, conseguiu un diploma olímpico ao rematar quinta na final, formando equipo con Beatriz Manchón, Teresa Portela e Jana Smidakova.[5]
No ano 2009 conseguiu a súa oitava e derradeira medalla nun Mundial. Foi na proba de K4 500 metros, onde se fixo coa medalla de bronce.[6] Ao ano seguinte logrou tamén o bronce no europeo, na mesma distancia.
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2001 | Poznan | Ouro | K2 200m |
Bronce | K2 500m | ||
Bronce | K2 1000m | ||
2002 | Sevilla | Ouro | K2 200m |
Prata | K4 200m | ||
Bronce | K2 500m | ||
Bronce | K4 500m | ||
2009 | Dartmouth | Bronce | K4 500m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2001 | Milán | Ouro | K2 200m |
Prata | K2 500m | ||
2002 | Szeged | Ouro | K2 200m |
Ouro | K4 200m | ||
Bronce | K2 500m | ||
2008 | Milán | Bronce | K4 500m |
2010 | Trasona | Bronce | K4 500m |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.