competición de piragüismo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas é a máxima competición internacional de piragüismo en augas tranquilas. É organizado pola Federación Internacional de Piragüismo (ICF, International Canoe Federation) dende 1938. Realízase anualmente, a excepción dos anos nos que hai Xogos Olímpicos de Verán. Inclúen oficialmente eventos para discapacitados dende 2010. Dende 2012, celébranse edicións específicas deste evento para discapacitados (denominado Campionato do Mundo de Paracanoe) nos anos de Xogos Paralímpicos de Verán.
As competicións de piragüismo en augas tranquilas divídense en dous tipos: canoa (C), unha canoa aberta cun remo dunha soa folla, e kaiak (K), unha canoa pechada con remo de dobre folla. Cada canoa ou kaiak pode levar unha, dúas, ou catro persoas. Para cada unha das canoas ou kaiaks específicos, como un K-1 (kaiak de unha persoa), as distancias de competición poden ser de 200, 500, 1000, ou 5000 metros. Cando unha proba aparece como un evento C-2 500 m como exemplo, significa que dúas persoas están nunha canoa competindo en 500 metros de distancia.[1]
Campionatos Mundiais de Paracanoe
Esta táboa de medallas inclúe todos os eventos, excepto o paracanoe e os eventos de exhibición. O actual reconto histórico de medallas dos Campionatos do Mundo de Piragüismo en Augas Tranquilas tras o Campionato de 2019 é o seguinte:
Nº | País | Ouros | Pratas | Bronces | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | Alemaña[n 1] | 215 | 151 | 130 | 496 |
2 | Hungría | 210 | 156 | 139 | 505 |
3 | Rusia[n 2] | 154 | 130 | 114 | 398 |
4 | Romanía | 51 | 75 | 67 | 193 |
5 | Belarús | 33 | 30 | 32 | 95 |
6 | Polonia | 31 | 81 | 71 | 183 |
7 | Suecia | 31 | 38 | 46 | 115 |
8 | Canadá | 31 | 22 | 24 | 77 |
9 | República Checa[n 3] | 19 | 42 | 39 | 100 |
10 | España | 17 | 27 | 35 | 79 |
11 | Australia | 16 | 16 | 16 | 48 |
12 | Nova Zelandia | 16 | 11 | 5 | 32 |
13 | Dinamarca | 15 | 18 | 18 | 51 |
14 | Italia | 13 | 20 | 15 | 48 |
15 | Noruega | 13 | 14 | 14 | 41 |
16 | Eslovaquia | 13 | 9 | 11 | 33 |
17 | Serbia[n 4] | 12 | 14 | 19 | 45 |
18 | Francia | 11 | 17 | 25 | 53 |
19 | Reino Unido | 10 | 13 | 14 | 37 |
20 | Bulgaria | 9 | 15 | 25 | 49 |
21 | Ucraína | 7 | 12 | 26 | 45 |
22 | Lituania | 7 | 5 | 11 | 23 |
23 | Finlandia | 7 | 3 | 3 | 13 |
24 | Estados Unidos | 6 | 4 | 3 | 13 |
25 | Brasil | 6 | 0 | 8 | 14 |
26 | China | 4 | 7 | 7 | 18 |
27 | Austria | 4 | 6 | 13 | 23 |
28 | Portugal | 4 | 3 | 5 | 12 |
29 | Cuba | 3 | 9 | 8 | 20 |
30 | Azerbaidján | 3 | 5 | 1 | 9 |
31 | Uzbekistán | 2 | 3 | 7 | 12 |
32 | Israel | 2 | 1 | 2 | 5 |
33 | Bélxica | 1 | 3 | 2 | 6 |
34 | Letonia | 1 | 1 | 1 | 3 |
35 | México | 1 | 0 | 2 | 3 |
36 | Países Baixos | 0 | 4 | 4 | 8 |
37 | Arxentina | 0 | 3 | 2 | 5 |
38 | Eslovenia | 0 | 2 | 5 | 7 |
39 | Moldova | 0 | 2 | 2 | 4 |
40 | Chile | 0 | 1 | 2 | 3 |
41 | Xeorxia | 0 | 1 | 1 | 2 |
42 | Suráfrica | 0 | 0 | 3 | 3 |
43 | Irán | 0 | 0 | 1 | 1 |
43 | Irlanda | 0 | 0 | 1 | 1 |
43 | Xapón | 0 | 0 | 1 | 1 |
43 | Kazakhstán | 0 | 0 | 1 | 1 |
TOTAL | 978 | 974 | 981 | 2933 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.