Tampere

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tamperemap

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa. Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes.[1] A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a cidade interior máis grande de Escandinavia.[2]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Tampere
Tampere (fi)
Tammerfors (sv)
Thumb
(2021)

Localización
Thumb Thumb
 61°29′53″N 23°45′36″L
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia administrativa da rexión finesa central e occidental
RexiónPirkanmaa
Capital de
Poboación
Poboación255.333 (2024) (486,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Tampere
Superficie524,89 km²
Bañado porNäsijärvi, Pyhäjärvi, Pirkanmaa e Tammerkoski
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorGustavo III da Suécia (pt)
Creación1 de outubro de 1779
Organización política
 Alcalde Kalervo Kummola (2023–)
Órgano lexislativoTampere City Council (en) , (Escano: 67)
Identificador descritivo
Código postal33100–33900
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kíiv (1954–)
Kaunas (1997–)

Sitio webtampere.fi
Pechar

Etimoloxía

Aínda que o nome de Tampere derive dos rápidos de Tammerkoski (tanto a cidade como os rápidos reciben o nome de Tammerfors en sueco), a orixá do prefixo Tammer- deste nome ten sido suxeito de numerosos debates. Ánte acepta a etimoloxía "directa" de Rahkonen e Heikkilä do protosami *Tëmpël(kōškë), significando *tëmpël "sección profunda e lenta dunha corrente" e *kōškë "rápidos" (afín ao koski finés).[3][4][5]

Outras teorías inclúen que provén da palabra sueca damber, que significa presa; outra que se orixina das antigas palabras escandinavas þambr ("ventre groso") e þambion ("ventre inchado"), posiblemente referíndose á forma dos rápidos. Outra suxestión vincula o nome á palabra sueca Kvatemberdagar, ou máis coloquialmente Tamperdagar, que significa témporas do calendario litúrxico cristián occidental. A palabra finesa para carballo tamén se encontra na especulación,[6] aínda que Tampere se encontra fóra da distribución natural do carballo europeo.[7]

Historia

Véxase tamén: Batalla de Tampere.

Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779,[8] se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.

Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.

Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse a famosa Punainen julistus (en galego Declaración Vermella) de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.

Logo da segunda guerra mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).

Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.

Xeografía

Tampere está situada aproximadamente no centro da rexión de Pirkanmaa, da cal é a súa capital e cidade máis poboada,[a] e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi.[10] O concello ten unha extensión total de 689,59 km², dos cales 164,66 km² son auga.[11]

Está situada nun istmo entre os lagos Näsijärvi (ao norte) e Pyhäjärvi (ao sur), e dividida polos rápidos de Tammerkoski, que corren de norte a sur e unen ambos lagos cun desnivel de 18 metros.[12]

Lagos

O 24% da superficie do concello de Tampere son masas de auga, contándose nel en torno a 160 lagos, con todo, dous terzos destes lagos son de pequeno tamaño, tendo unha superficie inferior ás 10 hectáreas, e tan só o 10% dos lagos da cidade teñen máis de 50 hectáreas. De todos estes lagos, os maiores son o Näsijärvi e o Pyhäjärvi.[13] O Näsijärvi é o 16º lago máis grande de Finlandia: ten 44 quilómetros de lonxitude e as súas augas bañan tamén os municipios de Ylöjärvi e Ruovesi. Consiste á súa vez en tres grandes áreas, Koljonselä, Näsinselä e Vankavesi[14]

Outros lagos importantes de Tampere son o Särkijärvi (145 hectáreas), o Kaukajärvi (142 hectáreas), o Hervantajärvi (83 hectáreas), o Iidesjärvi (64 hectáreas) ou o Tohloppi (63 hectáreas).[15]

Clima

Tampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), rexistrándose no Aeroporto de Tampere-Pirkkala (TMP) tan só 3 meses por riba dos 10 °C.[16][17] Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4 °C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.

A temperatura media anual é de 4,8 °C e a máis alta rexistrada dende 1980 foi de 32,5 °C en xullo de 2010, mentres que a máis baixa foi de -35,8 °C en xaneiro de 1987. Polo que respecta ás precipitacións, o maior rexistro nun mes foi de 218,5 mm no mes de xullo de 1988, e a precipitación media anual é de 619,9 mm.[18][19]

Máis información Datos climáticos para Tampere–Pirkkala (TMP), elevación: 119 m,1981–2010 normais, extremas 1900– presente, Mes ...
Datos climáticos para Tampere–Pirkkala (TMP), elevación: 119 m,[b]1981–2010 normais, extremas 1900– presente
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 8,0 9,4 14,9 24,2 28,4 31,7 33,1 32,1 24,8 18,4 11,1 9,6 33,1
Media máxima en °C −3,4 −3,5 1,2 8,2 15,4 19,5 22,2 19,9 14,0 7,5 1,5 −1,9 8,4
Media diaria en °C −6,4 −6,9 −2,8 3,3 9,7 14,1 16,9 15,0 9,8 4,6 −0,6 −4,5 4,4
Media mínima en °C −9,7 −10,6 −6,6 −1,3 3,8 8,6 11,7 10,4 5,9 1,9 −3,0 −7,6 0,3
Temperatura mínima en °C −37,0 −36,8 −29,6 −19,6 −7,3 −2,8 1,8 −0,4 −6,7 −14,8 −22,5 −34,2 −37,0
Precipitación media mm 41 29 31 32 41 66 75 72 58 60 51 42 598
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 22 18 16 12 12 13 15 15 14 17 21 22 197
Humidade relativa media (%) 90 87 82 70 63 66 69 76 82 87 91 92 80
Fonte #1: Instituto Meteorolóxico Finlandés[17]
Fonte #2: Instituto Meteorolóxico Finlandés (temperaturas récord)[20]
Pechar

Demografía

Datos rápidos Poboación de orixe estranxeira, País de orixe ...
Poboación de orixe estranxeira[21]
País de orixePoboación (2019)
Rusia3 305
Iraq1 691
Afganistán1 405
Suecia1 142
Estonia1 088
China757
Irán754
Iugoslavia692
India665
Somalia589
Pechar

Cunha poboación de 240 433 habitantes en agosto de 2020,[22] Tampere é o terceiro municipio máis poboado de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo,[23] e a segunda área urbana do país con 343 089 habitantes, só por detrás da área do Gran Helsinqui.[24] A poboación de Tampere é nova, en 2019 residían na cidade 45,444 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 19% da poboación, mentres que o 67% tiñan entre 15 e 64 anos, e case a metade da poboación tiña entre 19 e 49 anos.[25] Por sexos, 115 535 das persoas residentes en 2019 eran homes, mentres que 122 605 eran mulleres.[21] Tampere é unha das rexións urbanas de máis rápido crecemento de Finlandia, e é a cidade máis atractiva para mudarse, unha tendencia de crecemento demográfico que se expande aos municipios lindeiros.[26]

Polo que respecta á poboación estranxeira, en 2019 vivían na cidade 19 156 persoas non nadas en Finlandia, o que supón unha porcentaxe do 8% da poboación, sendo a proporción de persoas nadas noutros países menor que en Helsinqui e Turku pero maior que en Oulu. O maior número de persoas estranxeiras en 2019 procedían de Rusia (3 305), Iraq (1 691) e Afganistán (1 405).[21]

Goberno

Consello municipal

Thumb
Anna-Kaisa Ikonen, alcaldesa da cidade dende 2021.

O Consello municipal está composto por 67 concelleiras e concelleiros. A composición das dúas últimas lexislaturas é a seguinte:

Máis información Partido, Lexislatura 2013–2016 ...
Partido Lexislatura
2013–2016[27]
Lexislatura
2017–2021[28]
Lexislatura
2021–2025[29]
Partido Socialdemócrata 16 16 17
Kokoomus 17 15 17
Liga Verde 10 14 11
Finlandeses Auténticos 9 4 10
Alianza de Esquerda 7 7 7
Keskusta 3 4 3
Cistián Demócratas 2 2 2
Independentes/Outros 1 4 -
RKP 1 1 -
SKP 1 0 -
Pechar

Educación

Ensino básica e secundaria

A cidade de Tampere conta cun total de 32 escolas de ensino básica agrupadas en cinco áreas: sur, sueste, centro, nordés e oeste. Ademais das escolas administradas pola cidade, existe unha escola sueca (Svenska samskolan i Tammerfors), unha escola cristiá (Tampereen kristillinen koulu), unha escola Rudolf Steiner (Tampereen Rudolf Steiner -koulu) e a escola normal de Tampere, onde se forma o profesorado.[30] Nas escolas primarias da cidade é posible realizar a ensinanza en lingua estranxeira dende o primeiros graos.[31]

Ensino superior

Véxase tamén: Universidade de Tampere.

Transporte

Transporte urbano

Thumb
Autobús da liña 25.

En torno ao 60% dos desprazamentos da rexión de Tampere son realizados en coche, mentres que o 40% restante realízanse en bicicleta, andando ou en transporte público. A finais de 2011 a poboación residente na cidade posuía en torno a 98 000 coches, o que supón un 15,7% máis que no ano 2005[32] Este incremento no número de vehículos aumentou tamén o volume de tráfico nas principais estradas e ruas da cidade.[33] O número de viaxes en transporte urbano na cidade foi reducíndose dende mediados da década de 1980, chegando a realizarse en 2005 menos da metade dos realizados en 1986. Esta tendencia está a mudar nos últimos anos, nos que se está a producir un aumento motivado pola situación económica, a mellora do transporte público e o aumento da concienciación ecolóxica.[32]

Na década de 2010 a cidade de Tampere tentou investir no transporte en bicicleta e a pé, que xunto co emprego do transporte público forman parte do Plan Urbano de Mobilidade Sustentable (Sustainable Urban Mobility Plan, coñecido polas súas siglas en inglés SUMP) destinado a aumentar o número de desprazamentos deste tipo.[34] Grazas a isto Tampere foi recoñecida co título de Suomen pyöräilykunta en 2013.[35] En 2015 unha enquisa revelou que a popularidade no emprego da bicicleta e ir a pé aumentara durante os anos 2014 e 2015.[36]

Thumb
Un dos trens do futuro tranvía de Tampere.

Na rexión de Tampere ou Tampere, Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Vesilahti e Ylöjärvi a autoridade en materia de transporte público é a Tampereen seudun joukkoliikenne (en galego Transporte público da Rexión de Tampere). En 2013 a compañía pública de transporte Tampereen Kaupunkiliikenne (coñecida polas súas siglas TKL) foi a responsable do 71% do transporte público interno[32] Entre 1948 e 1976 a cidade operou o tráfico de trolebuses, chegando a ter a maior rede de trolebuses de Finlandia.[37]

Ademais do transporte en autobús, estase a construír unha liña de tranvía que se espera comece a operar en agosto de 2021 co nome Tampereen Ratikka. En novembro de 2016 o Concello de Tampere decidiu a construción da infraestrutura con 41 votos a favor, 25 votos en contra, e unha abstención, e as obras da primeira fase comezaron en 2017.[38][39][40]

A cidade está a tentar mellorar o tránsito de pasaxeiros aumentando a funcionalidade e o nivel de servizos do sistema de transporte, así como investindo no sistema de venda de billetes e o tráfico.[41] Ademais estase a iniciar o servizo de tren de proximidades nas liñas de ferrocarril que conectan a Tampere coas cidades veciñas de Nokia e Lempäälä.[42]

Transporte terrestre

Véxase tamén: Estación de Tampere.

Transporte aéreo e acuático

Cultura

Gastronomía

A especialidade culinaria máis famosa de Tampere é a mustamakkara (en galego salchicha negra). A mustamakkara é unha salchicha elaborada con sangue, carne e graxa de porco, centeo triturado e fariña. Debe o seu nome á súa cor escura e caracterízase polo seu centro xugoso e o seu exterior crocante. Adoita servirse con marmelada de arandeira vermella e leite frío.[43][44]

Museos

A cidade de Tampere conta cunha ampla oferta museística e é, segundo o museólogo Janne Vilkuna, a capital museística de Finlandia pola súa innovación e dinamismo.[45] A responsabilidade sobre os museos históricos, de arte e especialidades corresponde ao servizo de museos da cidade, coñecido como Tampere museot. A súa función principal é a xestión do patrimonio cultural, incrementalo, dalo a coñecer, e apoia os museos privados da cidade. O Museo de Arte Sara Hildén posúe unha unidade propia no grupo de servios culturais e de lecer.[46]

O principal museo da cidade é o Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Inaugurado en 1996 e localizado nos antigos talleres da factoría de Tampella na beira do Tammerkoski, Vapriikki conta con distintos espazos ou museos nos que se expoñen as distintas coleccións, sendo o primeiro centro museístico aberto no país.[45] O 18 de outubro de 2017, durante a Gala da Cultura do Século, Vapriikki foi nomeado "Museo do Século".[47] O centro pode acoller dez exposicións de distintas temáticas de xeito simultáneo e nel se encontran o Museo de Historia Natural, o Museo finlandés do hóckey sobre xeo, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, o Museo Finlandés dos Xogos, o Museo do Correo, e o Museo de Minerais[48]

Música

Véxase tamén: Tampere Filharmonia.
Thumb
O Tampere-talo, sede da Tampere Filharmonia, é a sala de concertos máis grande de Finlandia.

A Tampere Filharmonia e unha orquestra sinfónica composta por 97 músicos, foi fundada en 1930 e ten a súa sede no Tampere-talo, a sala de concertos máis grande de Finlandia. Denominada dende 1947 Tampereen kaupunginorkesteri (en galego Orquestra Cidade de Tampere), en 2002 mudou o seu nome pola súa denominación actual. Ademais dos seus concertos sinfónicos, a orquestra ofrece tamén representacións de ópera e ballet, e cada dous anos participa na Tampere Biennale,[49] un festival de carácter bianual organizado dende 1986 adicado á música contemporánea que se ten convertido nun dos eventos de música contemporánea máis prestixiosos de Finlandia.[50]

En 2001 un grupo formado por integrantes da Tampere Filharmonia creou TampereRaw, unha pequena orquestra adicada á interpretación de música contemporánea que dende a súa fundación ten ofrecido numerosos concertos e participado en festivais en Finlandia e Estonia.[51]

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Jazz Happening, un festival anual que reúne as figuras máis populares do jazz contemporáneo finlandés e internacional.[52]

Deporte

Clubs deportivos

Thumb
Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico.

A escena deportiva de Tampere está dominada polo hóckey sobre xeo. A cidade é coñecida como a capital do hóckey sobre xeo de Finlandia,[53] sendo a primeira cidade finlandesa na que se construíu unha pista ao aire libre e o primeiro estadio cuberto, o Tampereen jäähalli, que ademais foi o primeiro escenario finlandés en acoller un Campionato do Mundo en 1965.[54] Tampere é a casa dos dous equipos que máis veces conquistaron o campionato masculino finlandés: Tappara e Ilves, con 17 e 16 campionatos cada un. A principios da década de 1960 as tres medallas do campionato finlandés foron conquistadas por tres equipos da cidade (Ilves, Tappara e Koovee en tres ocasións, e cinco equipos da cidade gañaron dito campionato nalgunha ocasión: Ilves, Tappara, Koovee, TBK[c] e TaPa.[55][56][57] Polo que se refire á categoría feminina, Ilves Naiset é un dos equipos máis laureados da modalidade en Finlandia, tendo conseguido dez campionatos (o último deles en 2010), once pratas e cinco bronces.[58]

Outro deporte con clubs salientables na cidade son o fútbol baloncesto, principalmente da man do Tampere United (abreviado TamU), fundado en 1998, proclamouse campión de Finlandia e tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e conquistou tamén a Suomen Cup e a Liigacup en 2007 e 2009 respectivamente, con todo, logo dun escándalo europeo de arranxo de partidos o club foi excluído de todas as competicións en 2011, retomando en 2012 as súas actividades dende o nivel máis baixo, a Kutonen;[59] outro equipo de fútbol da cidade que conseguiu algún título a nivel nacional é o FC Ilves, fundado o 27 de maio de 1931 campión finlandés en 1983 e campión da Suomen Cup en 1979, 1990 e 2019.[60] Tamén no baloncesto a cidade conseguiu éxitos a nivel nacional co seu principal representante, o Tampereen Pyrintö (alcumado Pyrbasket), tres veces campión finlandés (2010, 2011 e 2014) e dúas campión da copa finlandesa (1969 e 2012).[61] No fútbol sala Ilves FS gañou para a cidade oito campionatos finlandeses masculinos (2004, 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), así como outros catro en categoría feminina (2014, 2015, 2016 e 2017), e catro títulos de copa (2006, 2010, 2011 e 2015) en categoría masculina e un en feminina (2014), dúas Supercopas femininas e sete masculinas (2015 e 2016, e 2004, 2006, 2007, 2010, 2011, 2013 e 2014 respectivamente), o que o converte no equipo máis laureado de Finlandia na modalidade.[62] Isku-Volley, o principal equipo de voleibol da cidade proclamouse catro veces campión masculino de Finlandia (1963, 1988, 2002, 2006) e outras catro campión de copa (1982, 2001, 2002, 2011), mentres que en 1960 o Tampereen Veikot proclamouse campión nacional en categoría feminina.[63][64]

En 2017 o Manse PP deulle o primeiro título de pesäpallo en categoría feminina á cidade, e catro anos despois o mesmo club conseguiu o campionato finlandés en categoría masculina.[65][66]

Eventos

Thumb
En 2021 a cidade foi unha das sedes do EuroVolley durante a fase de grupos.

Tampere ten sido o escenario de numerosos eventos deportivos internacionais e nacionais.

A cidade acolleu en catro ocasións o Campionato do Mundo, sendo o Tampereen jäähalli (máis coñecido como Hakametsä) o primeiro escenario finlandés en acoller o evento en 1965. Posteriormente foi sede xunto con Helsinqui (1982) e dúas xunto con Helsinqui e Turku (1991, 1997 e 2003). O estadio Nokia Arena, que se inaugurou en 2021, foi o escenario da edición de 2022, que tivo a súa segunda sede na capital.[67] En categoría feminina, Tampere acolleu o Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo én 1992.[68]

En 1977 o lago Kaukajärvi, un dos máis de cen lagos da cidade, foi a sede do Campionato do Mundo Júnior de Remo e en 1995 do Campionato do Mundo de Remo.[69][70]

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Open, un dos torneos de tenis máis salientables de Finlandia. En 2007 celebrouse por primeira vez o torneo feminino. O Tampere Open é o torneo challenger máis antigo do mundo. Celébrase no Centro de Tenis de Tampere sobre terra batida.[71][72]

En 2018 a cidade acolleu o Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20, que se celebrou no Estadio de Ratina, un recinto construído en 1966 e con capacidade para 30 000 espectadores, que tamén ten acollido encontros clasificatorios de fútbol, así como concertos.[73][74]

En 2021, o estadio de Hakametsä foi unha das sedes do EuroVolley 2021, acollendo partidos da fase de grupos do torneo continental.[75][76]

Ademais, a cidade de Tampere presentou a súa candidatura para acoller os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976. Na votación celebrada en Ámsterdam, a candidatura recibiu 12 votos na primeira rolda, eliminando a Vancouver e pasando á segunda votación, na que só puido conseguir oito votos, o que puxo fin á súa carreira olímpica.[77]

Cidades irmandadas

A cidade de Tampere está irmandada coas seguintes cidades:[78]

Cidades amigas

En 1988 comezou o programa de cidades amigas, o cal en 2020 contaba con dúas cidades coas que a cidade de Tampere ten un vínculo de cooperación:[78]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.