O Tappara é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, sendo o equipo máis laureado da competición con 20 títulos, 13 dos cales conseguindo trala profesionalización da competición en 1975. Foi fundado en 1955 e xoga os seus partidos como local no Nokia Arena, un pavillón con capacidade para 13455 persoas que comparte co Ilves.
Dende 1965, Tappara xoga os seus partidos como local no Tampereen jäähalli. Coa finalización do novo Uros Live, tanto Tappara como Ilves pasarán a disputar os seus partidos como locais no novo recinto:
Dende a creación da SM-liiga en 1975, Tappara tivo 18 capitáns:[5]
Máis información Nome, Período ...
Capitáns de Tappara dende 1975
Nome
Período
Pertti Koivulahti
1975–1979
Hannu Haapalainen
1979–1980
Pertti Koivulahti
1980–1983
Seppo Ahokainen
1983–1985
Lasse Litma
1985–1986
Timo Susi
1986–1991
Pekka Laksola
1991–1992
Timo Jutila
1992–1996
Harri Laurila
1996–1997
Valeri Krykov
1997
Capitáns de Tappara dende 1975
Nome
Período
Timo Jutila
1997–1999
Pasi Petriläinen
1999–2000
Janne Ojanen
2000–2010
Pekka Saravo
2010–2012
Tuukka Mäntylä
2012–2013
Ville Nieminen
2013–2014
Jukka Peltola
2014–2018
Kristian Kuusela
2018–2020
Jukka Peltola
2020–
Pechar
Xogadores destacados
Seppo Ahokainen
Jukka Alkula
Pertti Ansakorpi
Aleksandr Barkov
Tom Bissett
Luciano Borsato
Alain Côté
Dale Clarke
Thomas Draper
Jonas Enlund
Theoren Fleury
Jari Grönstrand
Janne Grönvall
Steve Guolla
Hannu Haapalainen
Greg Hawgood
Kari Heikkinen
Martti Jarkko
Timo Jutila
Pauli Järvinen
Hannu Kamppuri
Aleksandrs Kerčs
Pertti Koivulahti
Petri Kontiola
Jiří Kučera
Arto Kulmala
Valeri Krykov
Pekka Laksola
Jori Lehterä
Tero Lehterä
Mika Lehto
Antero Lehtonen
Erkki Lehtonen
Mikko Leinonen
Antti Leppänen
Lasse Litma
Mikko Luoma
Toni Lydman
Pekka Marjamäki
Jussi Markkanen
Jiří Marusak
Markus Mattsson
Derek Mayer
Roman Meluzín
Reijo Mikkolainen
Tuukka Mäntylä
Jason Muzzatti
Esko Niemi
Ville Nieminen
Mika Noronen
Kalevi Numminen
Teppo Numminen
Oiva Oijennus
Janne Ojanen
Mike O'Neill
Mikko Peltola
Pasi Petriläinen
Lasse Pirjetä
Esa Pirnes
Jukka Porvari
Pasi Puistola
Andrew Raycroft
Matti Rintakoski
Anssi Salmela
Pekka Saravo
Bedřich Ščerban
Jorma Sevon
Jaromír Šindel
Mike Stapleton
Timo Susi
Jussi Tarvainen
Pertti Valkeapää
Ari Vallin
Jarkko Varvio
Timo Vertala
Vesa Viitakoski
Stefan Öhman
Números retirados
Tappara ten retirado os seguintes seis números ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses e o primeiro número retirado polo equipo foi o 2 de Kalevi Numminen, que xogou entre as tempadas 1957-58 e 1968-69. A continuación todos os números retirados por Tappara e a data da súa retirada:[6]
Máis información Número, Nome ...
Números retirados de Tappara
Número
Nome
Data da retirada
2
Kalevi Numminen
26 de outubro de 1996
3
Pekka Marjamäki
27 de decembro de 1998
7
Timo Jutila
15 de setembro de 2015
8
Janne Ojanen
18 de setembro de 2010
10
Timo Susi
15 de setembro de 2005
12
Erkki Lehtonen
20 de outubro de 2018
Pechar
Adestradores
Ao longo da súa historia Tappara tivo 24 adestradores:[7]
Máis información Nome, Período ...
Adestradores de Tappara
Nome
Período
Jaakko Hietaniemi
1937–1950
Jarl Ohlson
1950–1961
Aulis Hirvonen
1961–1963
Erkki Hytönen
1963–1965
Jarl Ohlson
1965–1966
Reijo Ojanen
1966–1967
Matti Haapaniemi
1967–1968
Esko Luostarinen
1968–1970
Kalevi Numminen
1970–1979
Rauno Korpi
1979–1982
Olli Hietanen
1982–1984
Esko Niemi
1984
Jorma Kurjenmäki
1984–1985
Rauno Korpi
1985–1991
Kalevi Numminen
1991–1992
Pertti Hasanen
1992–1993
Boris Majorov
1993–1994
Kaj Matalamäki
1994–1995
Jukka Rautakorpi
1995–1997
Adestradores de Tappara
Nome
Período
Rauno Korpi
1997–1998
Ismo Läntinen
1998–1999
Jukka Rautakorpi
1999–2003
Mika Saarinen
2003–2005
Mikko Saarinen
2005
Kaj Matalamäki
2005
Jukka Rautakorpi
2005–2006
Rauli Urama
2006–2008
Mikko Saarinen
2008–2010
Petri Mattila
2010
Sami Hirvonen
2010–2011
Risto Dufva
2011–2012
Jukka Rautakorpi
2012–2014
Jussi Tapola
2014–2017
Jukka Rautakorpi
2017–2020
Jussi Tapola
2020–
Pechar
En 1986 fundouse a sección de patinaxe artística sobre xeo do Tappara. A sección era en 2022 o club máis grande desta modalidade na rexión de Tavastia, e un dos máis grandes e exitosos de toda Finlandia. As patinadoras e patinadores do club están afiliados á Federación Finlandesa de Patinaxe Artística sobre Xeo.[8][9] No club comezou a súa carreira a dobre medallista europea Kiira Korpi en 1993.[10]
A sección traballa tanto a patinaxe individual, a patinaxe de formacións, a patinaxe para persoas afeccionadas, así como a escola de patinaxe.[8]
O día 3 de febreiro de 2018 Tappara inaugurou o seu Hall of Fame nun espazo dentro do Tampereen jäähalli nos momentos previos ao partido que o equipo disputou fronte a Jukurit. O Tappara Hall of Fame homenaxea ás persoas que máis contribuíron ao desenvolvemento do club, así como das personalidades do seu predecesor, o TBK.[11] Na súa inauguración incluironse 41 nomes, entre os que figura a patinadora Kiira Korpi, ao contar o club tamén cunha sección de patinaxe artística, da que é a principal figura.[12]
Trátase do terceiro espazo deste tipo no hóckey finlandés, seguindo o camiño iniciado por TPS e Pelicans.[12]
As personalidades introducidas son elixidas por un comité integrado pola administración de Tappara ry e Tamhockey Oy, así como un representante dos xogadores e un elector externo.[12] Os seguintes son os nomes introducidos no Tappara Hall Of Fame dende a súa fundación:[13]
A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Tappara proclamouse un total de 20 veces campión de Finlandia, o que supón o récord de vitorias: 1953, 1954, 1955, 1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003, 2016, 2017, 2022, 2023 e 2024.[14][15][lower-alpha 2][lower-alpha 3]
13 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1958, 1960, 1963, 1974, 1976, 1978, 1981, 2001, 2002, 2013, 2014, 2015 e 2018.[15]
12 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1956, 1957, 1962, 1973, 1990, 2008 e 2019.[15]
O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Tappara gañou este galardón en dez ocasións: 1977, 1978, 1981, 1984, 1986, 2002, 2017, 2022, 2023 e 2024.[14][15][16]
O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é outorgado cada ano ao mellor equipo de Finlandia durante toda a tempada de acordo coas súas clasificacións na SM-liiga, así como a dos seus equipos de categorías inferiores e femininos. Foi intruducido na tempada 1972-73 e renomeado en 1995. Tappara recibiu catro veces este recoñecemento: 1975, 1979, 1984 e 1994.[15][17]
Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e seleccionador masculinoAarne Honkavaara. Seis xogadores de Tappara gañaron o trofeo.[14][15]
Yrjö Hakala: 1956
Timo Ahlqvist: 1961 e 1964
Martti Jarkko: 1977
Jonas Enlund: 2010 (compartido)
Olli Palola: 2014, 2015
Veli-Matti Savinainen: 2017
Trofeo Jari Kurri: entregado cada ano dende 1994 ao líder máis destacado do seu equipo durante os play-offs. O galardón leva o nome de Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Un total de catro xogadores de Tappara recibiron este galardón:[14][15]
Jussi Tarvainen: 2001
Esa Pirnes: 2003
Patrik Laine: 2016
Jukka Peltola: 2017
Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Ao longo da súa historia, tres jogadores de Tappara fixéronse co galardón:[14][15]
Jukka Alkula: 1973
Janne Ojanen: 1987
Patrik Laine: 2016
Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador de Tappara e a selección masculina finlandesa Kalevi Numminen. Catro adestradores de Tappara conseguiron o trofeo ao longo da historia do equipo:[14][15][15]
Kalevi Numminen: 1977
Rauno Korpi: 1982, 1986, 1987
Jukka Rautakorpi: 2003
Jussi Tapola: 2016
Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, tres xogadores de Tappara gañaron o trofeo.[14][15]
Janne Ojanen: 2002
Jori Lehterä: 2010
Kristian Kuusela: 2016
Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[14][15]
Timo Jutila: 1988
Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador da liga e da selección nacional. Sete xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[14][15]
Jouni Seistamo: 1958
Yrjö Hakala: 1959
Keijo Järvinen: 1973
Jukka Alkula: 1976, 1979
Erkki Lehtonen: 1986
Janne Ojanen: 2008
Pekka Saravo: 2017
Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Cinco porteiros de Tappara teen alzado o trofeo:[14][15]
Antti Leppänen: 1977
Hannu Kamppuri: 1981, 1982, 1984
Markus Mattsson: 1986
Jussi Markkanen: 2001
Juha Metsola: 2015
Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de seis xogadores de Tappara conseguiron o galardón:[14][15]
Timo Ahlqvist: 1961
Martti Jarkko: 1976, 1977
Janne Ojanen: 2002
Jori Lehterä: 2010
Kristian Kuusela: 2016
Henrik Haapala: 2017
Trofeos da Asociación de Xogadores
Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Tappara conseguiron este recoñecemento:[15][20]
Janne Ojanen: 2002
Jori Lehterä: 2010
Kristian Kuusela: 2016
Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en PoriJuha Rantasila. O primeiro xogador en recibilo foi Anssi Salmela, xogando para Tappara, que é o único xogador do equipo que o recibiu ata a tempada 2019-20:[15][20]
Anssi Salmela: 2008
A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
Os sete primeiros títulos do equipo foron conquistados antes da profesionalización da liga, sendo denominada daquela SM-sarja.
Os tres primeiros títulos do equipo foron conquistados polo seu predecesor, o Tammerfors Bollklubb (TBK).