O Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarilla e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.

Datos rápidos FC Ilves, Fundación ...
FC Ilves
Thumb
Fundación10 de abril de 1931
EstadioTammelan stadion,
Tampere, Finlandia Finlandia
Inauguración1931
Capacidade5 050
PresidenteFinlandia Kari Pansio
AdestradorFinlandia Jarkko Wiss
LigaVeikkausliiga
20242.º
VestimentaAdidas
Na rede
https://ilvesedustus.fi
Thumb
Thumb
Titular
Thumb
Thumb
Alternativo
Pechar
Datos rápidos Seccións activas do, Floorball ...
Pechar

O Ilves gañou o campionato finlandés nunha ocasión (1983), obtendo ademais unha medalla de prata (1985) e dúas de bronce (1984 e 2017); tamén se proclamou tres veces campión da Suomen Cup (1979, 1990 e 2019). En 2019 equipo ocupaba a novena posición na clasificación histórica da liga.[1]

Historia

O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidera practicar deportes de pelota.[2]

Se ben o Ilves xogou o seu primeiro encontro o 7 de maio de 1931 fronte os Tampereen Palloilijat, non foi ata o 27 de maio dese mesmo ano cando se uniu á Asociación de Fútbol de Finlandia.[3]

O 30 de xullo de 2016, con motivo do seu 85 aniversario, o equipo xogou un partido amigable fronte o Valencia Club de Fútbol no estadio de Ratina.[3] O equipo español acabaría impoñéndose por 1-4 (0-3 ao descanso).[4] A pesar de que o estadio contaba cunha capacidade máxima para 16 800 persoas, o partido só congregou a pouco máis de 6 000, posiblemente debido ao elevado prezo das entradas.[5]

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.