Cantón, China

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cantón, Chinamap

Cantón[1][2][3][4] (chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur da República Popular China. Ten unha poboación de 12,1 millóns de habitantes na área urbana (2019), e se se conta xunto á área metropolitana aos suburbios do delta do río das Perlas, acada unha poboación de 46,9 millóns de habitantes, formando a maior conurbanación do mundo.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Cantón, China
广州 (zh)
Thumb

Localización
Thumb
Thumb Thumb
 23°08′N 113°16′L
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaProvincia de Cantón
Capital de
CapitalYuexiu District (en)
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.080.500 (2014) (1.804,49 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7.248,86 km²
Bañado porRío das Perlas
Altitude21 m
Comparte fronteira con
Foshan (pt)
Qingyuan (en)
Shaoguan (pt)
Dongguan (pt)
Zhongshan
Huizhou (pt)
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoPeople's Government of Guangzhou Municipality (en)
 Mayor of Guangzhou (en) Guo Yonghang (en) (2022–)
Órgano lexislativoGuangzhou Municipal People's Congress (en) ,
Membro de
Identificador descritivo
Código postal510000
Fuso horario
Prefixo telefónico20
Outro
Irmandado con
Praga
Vancouver
Auckland City (en) ../... 32+

Sitio webgz.gov.cn
Pechar

Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.

Historia

Artigo principal: Historia de Cantón.
Thumb
Pagoda das Flores na cidade de Guangzhou.

A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.

Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á China no século XVI.

A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.

Lugares de interese

Thumb
Casa da familia Chen
  • Templo dos seis banianos: Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
  • Casa da familia Chen: O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
  • Guangxiao Si: Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.

Cidades irmandadas

Thumb
Visión nocturna do río das Perlas, Guangzhou.

Guangzhou está irmandada coas seguintes cidades:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.