Bristol

cidade no sur de Inglaterra From Wikipedia, the free encyclopedia

Bristol

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e de poboación foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.[1]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Bristol
Bristol (en)
Bristle (en)
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 51°27′13″N 2°35′51″O
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra
Condado cerimonialCity of Bristol (en)
Capital de
Poboación
Poboación472.465 (2021) (4.310,81 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Xeografía
Superficie109,6 km²
Bañado porRío Severn, Rio Wye (pt) e Rio Avon (pt)
Altitude11 m
Datos históricos
Creación1155
Evento clave
10 de setembro de 1645Siege of Bristol (en)
Organización política
 Xefe do gobernoMarvin Rees (pt) (2016–)
Membro de
Identificador descritivo
Código postalBS
Fuso horario
Prefixo telefónico0117
Código NUTSUKK11
Outro
Irmandado con
Beira
Porto
Tolosa
Kumamoto
Bordeos (1947–)
Hannover (1947–)
Tbilisi (1988–)

Sitio webbristol.gov.uk
Pechar

En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén no Perú, no Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.[2]

Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Economía

Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus principais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financeiro, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead grazas á canle de Bristol.[3]

Historia

É unha cidade nacida na época romana, e o comercio da lá situouna nunha das máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. En 1172 Dublín convértese na súa colonia. Nos séculos XIII e XIV o intercambio colonial potencia as súas redes industriais (la, vidro, algodón etc), e nos séculos XV e XVI foi a segunda cidade do reino.

O comercio colonial continúa a súa expansión no século XVIII, e a canalización do río Avon mellorará as condicións do porto. Mais no século XIX Bristol comeza a súa decadencia por mor da abolición da escravitude e deixando a condición de porto principal a Liverpool. No ano 1883, partiu dende Bristol o primeiro transatlántico con destino a América, o Great Western.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.