Remove ads
dinastía chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía Qin (chinés tradicional e simplificado: 秦朝; pinyin: Qín cháo; Wade-Giles: Ch'in2 ch'ao2) foi a primeira das dinastías imperiais chinesas.[1][2] Recibe o seu nome do seu estado de orixe, o reino de Qin, un feudo da dinastía Zhou. Qin existiu durante uns cincocentos anos até que, no -221, tomou o poder imperial tras conquistar aos seus reinos rivais; o seu dominio duraría até o -206, cando foron derrocados polos Han.[3] A dinastía comezou formalmente cando Ying Zheng, rei de Qin, se declarou a si mesmo emperador, baixo o nome de Shi Huangdi.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Xianyang (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | c. 221 a. C. | |||
Disolución | c. 206 a. C. | |||
Sucedido por | Western Chu (en) , Jiujiang (en) , Yong (en) , Sai (en) , Zhai (en) , Western Wei (en) , Kingdom of Henan (en) , Han (208BC-200BC) (en) , Yin (en) , Changshan (en) , Dai (en) , Hengshan (en) , Linjiang (en) , Yan (Zang Tu) (en) , Liaodong (en) , Jiaodong Kingdom (en) , Qi (209–203 BC) (en) , Nanyue e Dinastía Han | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | |||
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Durante os seus primeiros séculos de existencia, Qin foi un reino menor na súa rexión. Porén, a súa forza incrementouse considerablemente polas reformas de Shang Yang no século -IV, durante o período dos Reinos Combatentes. Dende mediados do século -III, os Qin levaron a cabo unha serie de incursións militares que conduciron á destrución da debilitada dinastía Zhou, e logo á conquista dos Sete Reinos Combatentes. Con tan só quince anos de duración e só dous emperadores, foi a máis breve das grandes dinastía chinesas. Con todo, o seu legado militar e administrativo serían asumidos polos Han, que consolidaron o sistema imperial, que perdurou dende o -221 (con interrupcións, evolucións e adaptacións) até a revolución Xinhai do 1912.[4]
Os Qin intentaron crear un estado unificado mediante unha estrutura política centralizada e un grande exército, ámbolos dous sostidos mediante unha economía estable.[4] O obxectivo deste goberno central era limitar o poder dos aristócratas e terratenentes, controlando directamente aos labregos, que conformaban a meirande parte da poboación e da forza de traballo. Isto permitiu o desenvolvemento de ambiciosos proxectos, que chegaron a empregar até trescentos mil campesiños e convictos. Así, por exemplo, foron creadas as fronteiras do norte, xermolo da Gran Muralla Chinesa, ou o enorme sistema de estradas, así coma o xigantesco mausoleo de Shi Huangdi, onde se atopan os célebres guerreiros de terracota.[5]
Tamén realizaron outras reformas, como a estandarización da moeda, dos pesos e medidas, e da escrita, co obxecto de unificar o estado e promover o comercio. Ademais, os seus exércitos empregaban armamento, tácticas e sistemas de transporte moi avanzados, a pesar das limitacións da súa burocracia.
Cando o primeiro emperador finou no -210, dous dos seus conselleiros favoreceron o ascenso dun herdeiro para intentar influenciar e controlar a administración. Porén, as súas disputas conduciron á morte de ambos, así como á do segundo emperador. As revoltas populares debilitaron aos Qin, que acabarían derrotados polo xeneral Xiang Yu, quen se proclamou rei dos Chu do oeste, e por Liu Bang, quen fundou a dinastía Han. Os confucianos ao servizo dos Han representaron aos Qin coma unha tiranía legalista e monolítica, citando unha purga coñecida como a queima dos libros e o enterramento dos eruditos, que é posta en duda polos historiadores contemporáneos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.