Arequipa
cidade no suroeste do Perú From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade no suroeste do Perú From Wikipedia, the free encyclopedia
Arequipa é unha cidade situada no extremo suroeste do Perú a unha altura de 2.335 msnm e situada nun fértil val entre a área costeira do deserto de Atacama e os contrafortes da Cordilleira dos Andes Occidentais. A cidade é a capital tanto da provincia de Arequipa, onde está situada, como da Rexión Arequipa onde se localiza a provincia.
Ariqipa (qu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Rexión | Departamento de Arequipa | ||||
Provincia | Arequipa (província) (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.008.290 (2017) (1.551,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 650 km² | ||||
Bañado por | Chili River (en) | ||||
Altitude | 2.335 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Garcí Manuel de Carbajal (en) | ||||
Creación | 15 de agosto de 1540 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Omar Candia Aguilar (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 054 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
A área metropolitana de Arequipa constitúese como a segunda máis extensa ocupando unha extensión territorial próxima aos 3.000 km² e así mesmo como a segunda máis visitada do Perú.
Na actualidade, constitúe un eixo comercial importante na zona sur do país, conta tamén con dous parques industriais, constituíndose como a «cidade máis industrializada despois do eixo Lima-Callao», mantén estreitos vinculos comerciais con Bolivia e o Brasil, atópase comunicada por ferrocarril co porto de Matarani, o porto con maior movemento despois do Porto do Callao [1], así mesmo destaca a produción téxtil de la de camélidos con calidade de exportación[2].
Arequipa posúe tamén unha variada gastronomía, polo que foi declarada como «Capital Gastronómica do Perú».[3]
Coñéceselle desde a época colonial como «A Cidade Branca» polos seus numerosos templos e casaróns construídos con sillar (pedra de lava volcánica).[4] En 1868, a cidade foi practicamente destruída por un terremoto, polo que foi reconstruída case na súa totalidade. No seu centro histórico conserva casas virreinales e templos en estilo barroco e neogótico. No ano 2000, a UNESCO declarou ao Centro Histórico de Arequipa como Patrimonio Cultural da Humanidade.
Arequipa é coñecida tamén como terra de líderes por ser o lugar de nacemento de homes destacados no campo da política e así mesmo por ser unha das poucas cidades berce de varios presidentes da República do Perú e da República Arxentina. Tamén viu nacer a ilustres homes no campo das ciencias como Pedro Paulet (Pai da Aeronautica Moderna) e de recoñecidos escritores de fama internacional como Mario Vargas Llosa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.