Charlotte, Carolina do Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Charlotte é a cidade máis grande de Carolina do Norte nos Estados Unidos. Situada no piemonte dos Apalaches, ó leste do val do río Catawba xunto a fronteira con Carolina do Sur. Importante nó de comunicacións, hoxe constitúe o centro fabril, comercial e financeiro dá ampla rexión que a circunda entre Washington, D.C. e Atlanta. Charlotte é coñecida como un centro financeiro, xa que dous dos bancos máis grandes dos Estados Unidos (Wachovia & BankAmerica) teñen a súa sede corporativa na cidade.
Remove ads
Remove ads
Xeografía
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 629 km², dos cales 627,5 km² son terreos sólidos e os restantes 1,6 km², auga (0,25%).
Clima
Está situada na zona de clima húmido subtropical. Ten invernos moderados e veráns quentes e húmidos. Durante o mes de xaneiro, as temperaturas mínimas polas mañás son, de media, 0 °C e as medias máximas son 11 °C. En xullo, as medias oscilan entre 22 e 32 °C. Recibe uns 1.105 mm de choiva ao ano.
Remove ads
Historia
En 1755, na intersección de dous sendeiros comerciais indios ao pé dos Apalaches preto do río Catawba, Thomas Polk construíu a súa casa. A ruta NL-SO era parte ademais da Great Wagon Road, principal comunicación do tempo entre Pensilvania e as Carolinas. Cos anos converteuse na rúa Tryon e a SL-NO na rúa Trade, configurando no cruceiro The Square (Independence Square), o centro da actual cidade. Foi en 1770 cando se deseñou a cuadrícula de desenvolvemento sobor deses eixos da poboación que, dous anos antes en 1768, fora nomeada coma Charlotte (en honor da raíña consorte de Xurxo III) [1][2]. Ese cruzamento das dúas rúas configuraba catro cuadrantes, catro distritos ou wards, que ata hoxe articulan o uptown da cidade [3].
Permaneceu dentro dos límites da cuadrícula inicial coma pequena vila, centro dunha área eminentemente rural, ata mediados do século XIX. E mesmo despois da Guerra Civil, cun gran crecemento coma centro ferroviario e de procesamento do algodón, soamente acadaba os 7.000h en 1880 e 18.000h en 1900 [4][5].
O crecemento continuou de maneira lenta e progresiva durante a primeira metade do século XX [6], pero o verdadeiro salto de Charlotte para se converteres na metrópole da rexión entre Washington e Atlanta (Carolina), veu da man da súa conversión en centro bancario a nivel nacional nos anos setenta e oitenta [7].
Remove ads
Área metropolitana
A poboación de Charlotte é de 594.359 habitantes, de acordo cun estimado do censo estadounidense do 2004. A zona metropolitana de Charlotte-Gastonia-Salisbury está composta dos condados de Mecklenburg, Gaston, Lincoln, Cabarrus, Union, Iredell, Cleveland, Anson, Rowan e Stanly en Carolina do Norte. Cruza a fronteira estatal chegando a Carolina do Sur cos condados de York, Lancaster e Chester. A poboación da área metropolitana é de 1 897 034 habitantes (2004).
Demografía
En 2004, vivían en Charlotte 614.330 persoas, e 801.137 no conxunto do condado (Mecklenburg). A densidade de poboación de Charlotte é de 861,9 hab/km². A poboación na súa zona metropolitana segundo o censo do 2000 era de 1,5 millóns de habitantes. Segundo estudos, a poboación do condado de Mecklenburg para o 2010 alcanzará a cifra de 1 millón de habitantes.
Deporte
Charlotte estivo representada no baloncesto estadounidense polos Charlotte Hornets entre 1998 e 2002, e polos Charlotte Bobcats a partir de 2004. O equipo Carolina Panthers da National Football League ten sede en Charlotte. A cidade tamén está representada en divisións menores do fútbol asociación e o hockey sobre xeo.
Gran parte dos equipos do tres divisións nacionais da NASCAR teñen as súas bases a poucos quilómetros de Charlotte. O tres inclúen no seu calendario o óvalo de Charlotte Motor Speedway. Agora está a vivir en Charlotte o retirado loitador da WWE Ric Flair.
Remove ads
Cidades irmáns
Charlotte ten nove cidades irmáns:
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads