From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Spectrum Center, situado no centro da cidade de Charlotte.
Charlotte Hornets | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Sueste |
Fundación | 1988 |
Historia | Charlotte Hornets (1988–2002) Charlotte Bobcats (2004–2014) |
Cores | Púrpura, verde |
Retirados | 1 (13) |
Localización | |
Cidade | Charlotte, Carolina do Norte |
Pavillón | Spectrum Center |
Capacidade | 19.077 espectadores |
Inauguración | 21 de outubro de 2005 |
Persoal | |
Propietario(s) | Michael Jordan |
Director | Rich Cho |
Adestrador | James Borrego |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 0 |
hornets.com |
Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans.[1] Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, converténdose así nunha continuación da franquía orixinal.[2]
En 1987, a NBA permitiu fundar equipos novos a catro cidades. Charlotte, en Carolina do Norte foi unha das premiadas, xunto con Miami e Orlando, en Florida, e Minneapolis, en Minnesota, as dúas primeiras na tempada 1988-1989 e as dúas últimas na tempada 1899-1990. A nova franquía de Charlotte orixinalmente foi nomeada como Charlotte Spirit, pero os seareiros locais protestaron, e pouco antes de entrar na liga, o nome cambiouse a Charlotte Hornets.
O equipo xogou o seu primeiro partido na liga en outubro de 1988. O nome "Hornets" foi elixido pola súa tradición nos deportes profesionais de Charlotte. Foi o nome utilizado polas franquías das ligas menores de béisbol dende 1901 ata 1972, e polo equipo da World Football League en 1974 e 1975. O nome provén da forte resistencia da cidade á ocupación británica durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, cando Charles Cornwallis referiuse a ela como "The Hornets' Nest" (a xerarca das nespras).
O equipo de 1988 foi liderado polo base Kelly Tripucka, que inmediatamente ofreceu un bo ataque. Foi o máximo anotador da franquía nas primeiras dúas tempadas. O equipo tamén tiña ó rookie tirador Rex Chapman, unha verdadeira ameaza dende posicións afastadas. Para a tempada 1990-1991, o base Kendall Gill foi elixido no draft e o equipo mellorou un pouco, pero aínda non o suficiente, e gañou o sorteo para o draft do ano seguinte e polo tanto a primeira elección.
Na tempada 1991-92 os Hornets elixiron o ala Larry Johnson, da Universidade de Nevada co número un. Johnson fixo unha moi boa primeira tempada, acabando entre os líderes da liga en rebotes e puntos, e gañando o premio ó Rookie do Ano de 1992. Kendall Gill liderou ó equipo en anotación cunha media de 20 puntos por partido.
Na 1992-93, o equipo tivo a segunda elección no draft, usándoa para elixir o pivote Alonzo Mourning, da Universidade de Georgetown. Con iso os Hornets tiñan dúas ameazas ofensivas con Mourning e Johnson, sendo xunto a Gill o trío de xogadores base dunha franquía máis novo da liga. Foi suficiente para rematar quintos na Conferencia Leste e lograr unha praza nos playoffs, onde derrotaron ós Boston Celtics co xa famoso tiro gañador de Mourning. Pero na segunda rolda notaron a falta de experiencia e perderon contra os New York Knicks.
Os anos seguintes estiveron marcados polas lesións de Johnson e Mourning, aínda que volveron ós playoffs na 94-95 para ser derrotados polos Chicago Bulls na primeira rolda.
No período de vacacións o equipo mandou a Mourning ós Miami Heat polo ala Glen Rice e polo pivote Matt Geiger. Geiger e Johnson empataron no liderado do equipo en rebotes, mentres o propio Johnson e Rice anotaban dunha maneira equilibrada pero poderosa, e co base All-Star Kenny Anderson suplindo ó lesionado Muggsy Bogues.
A pretempada foi de novo marcada porr grandes cambios: Anderson decidiu non renovar, Johnson foi intecambiado polo ala-pivote dos Knicks Anthony Mason, e o escolta elixido no draft Kobe Bryant foi mandado ós Lakers polo pivote Vlade Divac. Os novos Hornets parecían incluso mellores, con Divac e Geiger como o mellor dúo na pintura da liga, Mason promediando un dobre-dobre e logrando entrar no terceiro equipo da NBA, Bogues de novo xogando de base, e Rice facendo a mellor tempada de toda a súa carreira, sendo terceiro en anotación de toda a liga e logrando entrar no segundo equipo da NBA. Ademais, Rice tamén foi MVP do All-Star, logrando varios récords de anotación. En conxunto, o equipo fixo a mellor tempada da súa historia, volvendo ós playoffs.
A tempada 1997-98 tamén foi exitosa. O equipo asinou a un novo escolta suplente, David Wesley, e ó escolta tirador Bobby Phills. Cun quinteto titular formado por Wesley, Phills, Rice, Mason e Divac, os Hornets quedaron arriba na tempada regular, cun Rice que foi sexto en anotación e entrando no terceiro equipo da NBA; e o equipo calificándose para a segunda rolda dos playoffs por segunda vez, onde foron derrotados de novo polos Bulls. A tempada 1998-99 foi moi turbulenta, cun Rice sendo intercambiado por Eddie Jones, dos Lakers.
A tempada 1999-2000 foi un retorno á cume, coa chegada do axente libre Derrick Coleman e da elección número tres do draft, o base Baron Davis. O quinteto formado por Wesley, Jones, Mason, Coleman e Campbell era poderoso, pero viuse afectado pola morte de Bobby Phills o 12 de xaneiro de 2000. O seu dorsal foi retirado o 9 de febreiro. O equipo volveu ós playoffs, onde caeron contra os Philadelphia 76ers. Jones liderou a liga en roubos, pero na pretempada el e Mason foron mandados ós Heat por Jamal Mashburn e por PJ Brown.
En 2000-01 os Hornets, cunha quinta titular na que estaban Davis, Wesley, Mashburn, Brown e Campbell, tamén chegaron ós playoffs, onde conseguiron vencer ós Heat, terceiros de conferencia, e chegaron a semifinais de conferencia por terceira vez na historia da franquía, perdendo alí contra os Milwaukee Bucks en sete partidos. Volveron ás semifinais de conferencia a seguinte tempada batendo en primeira rolda ós Orlando Magic, pero esta vez tampouco conseguiron chegar máis aló, xa que perderon contra os New Jersey Nets. Moitos pensaron que a derrota debíase a que Jamal Mashburn tivo que perderse os playoffs. Nesa tempada, os Horntes mudáronse despois das disputas co concello da cidade sobre a construción dunha nova cancha. Cos Hornets xa en Nova Orleáns, a NBA volveu a Charlotte coa ceración da franquía número 30: os Charlotte Bobcats.
Cando os Charlotte Hornets se moveron para Nova Orleáns na tempada 2002-03, a NBA prometeulle á cidade de Charlotte que ían ter un equipo na NBA para a tempada 2004-05. Moitos grupos de propietarios, incluído un liderado pola antiga estrela dos Boston Celtics, Larry Bird, fixeron ofertas polo equipo.[3] O 18 de decembro de 2002, un grupo liderado polo fundador da Black Entertainment Television, Robert Johnson, conseguiu a franquía,[4] converténdose no primeiro propietario afroamericano dun equipo profesional de deportes nos Estados Unidos.[5] O rapeiro Nelly converteuse tamén noutro copropietario salientable.[6]
En xuño de 2003, o novo equipo foi chamado co nome de Bobcats.[7] Charlotte, tamén casa dos Carolina Panthers da NFL, fixo dos nomes con motivos felinos algo natural para o novo equipo de baloncesto. Hai tamén algunhas especulacións nas que se pensa se "Bob" en Bobcats pode ser unha referencia ao propietario orixinal do equipo, Robert "Bob" Johnson.
Os Bobcats contrataron a Bernie Bickerstaff coma primeiro adestrador principal e director xeral da historia da franquía.[8] Debido aos intentos errados de fundar un novo pavillón no centro de Charlotte, os políticos da cidade decidiron poñer en funcionamento uns impostos para axudar a pagalo.[9][10] George Shinn, propietario dos Hornets, tamén quixo que a cidade pagara un novo pavillón, e deixou a cidade cando non o conseguiu.
Os Bobcats tiveron o seu draft de expansión o 22 de xuño de 2004, collendo xogadores con experiencia coma Predrag Drobnjak e xogadores máis novos con talento coma o aleiro dos Sacramento Kings, Gerald Wallace.[11] Ademais acordaron cos Los Angeles Clippers a adquisición da segunda elección do Draft da NBA de 2004, onde seleccionaron a Emeka Okafor, pivote da Universidade de Connecticut. O primeiro partido dos Bobcats da tempada 2004-05 foi o 4 de novembro no Charlotte Coliseum, onde perderon por 103-96 contra os Washington Wizards..[12] Dous días despois, gañaron o seu primeiro partido na historia da franquía, por 111-100 aos Orlando Magic.[13] O 14 de decembro, os Bobcats gañaron aos New Orleans Hornets 94-93 na prórroga na primeira viaxe dos Hornets a Charlotte tras o seu traslado a Nova Orleáns.[14] Con todo, coma a maioría de equipos novos, os Bobcats case sempre tiveron moitas dificultades, e remataron a súa tempada inaugural con 18 vitorias e 64 derrotas, e nunca gañaron máis de dous partidos seguidos.[15] Emeka Okafor tivo unha grande actuación, e gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA.[16]
No Draft da NBA de 2005, os Bobcats elixiron a Raymond Felton e Sean May de North Carolina. Con eles, ademais de Okafor e Wallace, o equipo tiña a esperanza de construír unha base sólida para o futuro. Na segunda tempada, os Bobcats inauguraron o novo Time Warner Cable Arena cunha vitoria na prórroga contra os Boston Celtics. Despois de ter dificultades novamente a maioría do ano, pecharon a tempada con catro vitorias consecutivas para rematar cunha marca de 26-56, oito vitorias máis ca na primeira tempada. Despois da tempada, os Bobcats anunciaron que a lenda da NBA Michael Jordan mercara unha parte do equipo, converténdose na cabeza das operacións baloncestísticas.[17]
Os Bobcats amosaron algunha melloría durante a tempada 2006-07, cunha marca de 22-33 en febreiro. Porén, o equipo foi a menos, sufrindo unha xeira de oito partidos consecutivos perdendo, deixando a marca en 22-41 a comezos do mes de marzo. Despois disto, Michael Jordan anunciou que Bernie Bickerstaff non seguiría sendo o adestrador do equipo na seguinte tempada, pero que ía rematar a tempada adestrando ao equipo.[8] Os Bobcats gañaron 11 dos últimos 19 partidos para rematar a terceira tempada cunha marca de 33-49. En tres tempadas cos Bobcats, Bickerstaff rematou cunha marca de 77-169.
O 20 de maio de 2014, os Bobcats convertéronse oficialmente na segunda encarnación dos Charlotte Hornets. Nunha rolda de prensa na que anunciaron o cambio de nome, os propietarios do equipo anunciaron tamén que como parte do acordo coa NBA e cos New Orleans Pelicans, os renomeados Hornets recuperaron a historia e os récords dos Hornets dos anos 1988-2002, mentres que os récords dos Hornets durante a súa etapa en Nova Orleáns de 2002 a 2013 permaneceron cos Pelicans.[2][18]
Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2017−18.
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | En posición de Playoffs |
Temporada | Conferencia | Posto | División | Posto | V | D | %V | PD | Playoffs | Premios | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Charlotte Hornets | ||||||||||||
1988–89 | Leste | 12º | Atlántico | 6º | 20 | 62 | .244 | 32 | ||||
1989–90 | Oeste | 14º | Medio Oeste | 7º | 19 | 63 | .232 | 37 | ||||
1990–91 | Leste | 12º | Central | 7º | 26 | 56 | .317 | 35 | ||||
1991–92 | Leste | 12º | Central | 6º | 31 | 51 | .378 | 36 | Larry Johnson (ROY) | |||
1992–93 | Leste | 5º | Central | 3º | 44 | 38 | .537 | 13 | Gañada Primeira Rolda (Celtics) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Knicks) 1–4 |
|||
1993–94 | Leste | 9º | Central | 5º | 41 | 41 | .500 | 16 | Dell Curry (SMOY) | |||
1994–95 | Leste | 4º | Central | 2º | 50 | 32 | .610 | 2 | Perdida Primeira Rolda (Bulls) 1–3 | |||
1995–96 | Leste | 9º | Central | 6º | 41 | 41 | .500 | 31 | ||||
1996–97 | Leste | 6º | Central | 3º | 54 | 28 | .659 | 15 | Perdida Primeira Rolda (Knicks) 0–3 | Glen Rice (AMVP) | ||
1997–98 | Leste | 4º | Central | 3º | 51 | 31 | .622 | 11 | Gañada Primeira Rolda (Hawks) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Bulls) 1–4 |
|||
1998–99 | Leste | 9º | Central | 5º | 26 | 24 | .520 | 7 | ||||
1999–00 | Leste | 4º | Central | 2º | 49 | 33 | .598 | 7 | Perdida Primeira Rolda (76ers) 1–3 | |||
2000–01 | Leste | 6º | Central | 3º | 46 | 36 | .561 | 6 | Gañada Primeira Rolda] (Heat) 3–0 Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 3–4 |
|||
2001–02 | Leste | 4º | Central | 2º | 44 | 38 | .537 | 6 | Gañada Primeira Rolda (Magic) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Nets) 1–4 |
|||
2002–03 | Suspensión de operacións | |||||||||||
2003–04 | ||||||||||||
Charlotte Bobcats | ||||||||||||
2004–05 | Leste | 14º | Sueste | 4º | 18 | 64 | .220 | 41 | Emeka Okafor (ROY) | |||
2005–06 | Leste | 13º | Sueste | 4º | 26 | 56 | .317 | 26 | ||||
2006–07 | Leste | 12º | Sueste | 4º | 33 | 49 | .402 | 11 | ||||
2007–08 | Leste | 12º | Sueste | 4º | 32 | 50 | .390 | 20 | ||||
2008–09 | Leste | 10º | Sueste | 4º | 35 | 47 | .427 | 24 | ||||
2009–10 | Leste | 7º | Sueste | 4º | 44 | 38 | .537 | 15 | Perdida Primeira Rolda (Magic) 0–4 | |||
2010–11 | Leste | 10º | Sueste | 4º | 34 | 48 | .415 | 24 | ||||
2011–12 | Leste | 15º | Sueste | 5º | 7 | 59 | .106 | 39 | ||||
2012–13 | Leste | 14º | Sueste | 4º | 21 | 61 | .256 | 45 | ||||
2013–14 | Leste | 7º | Sueste | 3º | 43 | 39 | .524 | 11 | Perdida Primeira Rolda (Heat) 0–4 | |||
Charlotte Hornets | ||||||||||||
2014–15 | Leste | 11º | Sueste | 4º | 33 | 49 | .402 | 27 | ||||
2015–16 | Leste | 6º | Sueste | 3º | 48 | 34 | .585 | – | Perdida Primeira Rolda (Heat) 3–4 | |||
2016–17 | Leste | 11º | Sueste | 4º | 36 | 46 | .439 | 13 | ||||
2017–18 | Leste | 10º | Sueste | 4º | 36 | 46 | .439 | 8 |
Estatística | Vitorias | Derrotas | % vitorias |
---|---|---|---|
Total en Temporada Regular | 988 | 1260 | .440 |
Total en Playoffs | 23 | 40 | .365 |
Total en Temporada Regular e Playoffs | 1011 | 1300 | .437 |
Charlotte Hornets 2023–2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (a 22 de xaneiro de 2019)[19]
Outras estatísticas (temporada regular) (a 22 de xaneiro de 2019)[20]
Minutos xogados
Rebotes
Asistencias
Roubos
Tapóns
Os Chalotte Hornets retiraron o dorsal de Bobby Phills o 9 de febreir ode 2000, despois de que o xogador falecese nun accidente de automóbil na propia capital de Carolina do Norte. A súa camisola pendorou do teito do Charlotte Coliseum até o traslado da franquía en maio de 2002. Posteriormente, o dorsal foi exposto no New Orleans Arena até que a franquía se converteu nos Pelicans en 2013. O 1 de novembro de 2014 a camisola volveu a Charlotte, onde se lle volveu facer unha homenaxe, pendurando actualmente do teito do Time Warner Cable Arena.
Dorsais retirados polos Charlotte Hornets | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | Data de retiro do Nº |
---|---|---|---|---|
13 | Bobby Phills | E | 1997–00 | 9 de febreiro de 2000 |
Membros do Basketball Hall of Fame dos Charlotte Hornets | ||||
Xogadores | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
00 | Robert Parish | P | 1994–96 | 2003 |
33 | Alonzo Mourning | P | 1992–95 | 2014 |
Adestradores | ||||
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
– | Dave Cowens 1 | Adestr. | 1996–99 | 1991 |
– | Larry Brown 2 | Adestr. | 2008–10 | 2002 |
Primeiro Equipo de Rookies
Segundo Equipo de Rookies
|
Primeiro equipo Defensivo
Segundo equipo Defensivo
|
Executivo do Ano
|
Nome | Inicio | Fin | Total | Temporada regular | Playoffs | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P | V | D | % | P | V | D | % | P | V | D | % | |||
Dick Harter | 2 de xuño de 1988 | 31 de xaneiro de 1990 | 122 | 28 | 94 | .230 | 122 | 28 | 94 | .230 | 0 | 0 | 0 | – |
Gene Littles | 31 de xaneiro de 1990 | 24 de xullo de 1991 | 124 | 37 | 87 | .298 | 124 | 37 | 87 | .298 | 0 | 0 | 0 | – |
Allan Bristow | 24 de xullo de 1991 | 23 de abril de 1996 | 423 | 212 | 211 | .501 | 410 | 207 | 203 | .505 | 13 | 5 | 8 | .385 |
Dave Cowens | 29 de maio de 1996 | 7 de marzo de 1999 | 191 | 113 | 78 | .592 | 179 | 109 | 70 | .609 | 12 | 4 | 8 | .333 |
Paul Silas | 7 de marzo de 1999 | 15 de maio de 2002 | 304 | 172 | 132 | .566 | 281 | 161 | 120 | .573 | 23 | 11 | 12 | .478 |
Bernie Bickerstaff | 16 de outubro de 2004 | 13 de marzo de 2007 | 246 | 77 | 169 | .313 | 246 | 77 | 169 | .313 | 0 | 0 | 0 | – |
Sam Vincent | 25 de maio de 2007 | 26 de abril de 2008 | 82 | 32 | 50 | .390 | 82 | 32 | 50 | .390 | 0 | 0 | 0 | – |
Larry Brown | 29 de abril de 2008 | 22 de decembro de 2010 | 196 | 88 | 108 | .449 | 192 | 88 | 104 | .449 | 4 | 0 | 4 | .000 |
Paul Silas | 22 de decembro de 2010 | 30 de abril de 2012 | 120 | 32 | 88 | .267 | 120 | 32 | 88 | .267 | 0 | 0 | 0 | – |
Mike Dunlap | 18 de xuño de 2012 | 23 de abril de 2013 | 82 | 21 | 61 | .256 | 82 | 21 | 61 | .256 | 0 | 0 | 0 | – |
Steve Clifford | 29 de maio de 2013 | – | 168 | 76 | 92 | .452 | 164 | 76 | 88 | .463 | 4 | 0 | 4 | .000 |
Totais | 1976 | 855 | 1121 | .433 | 1920 | 835 | 1085 | .435 | 56 | 20 | 36 | .357 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.