Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rookie do Ano (NBA Rookie Of The Year Award) é o premio ao xogador máis destacado na súa primeira tempada coma xogador da NBA. Este premio, creado na tempada 1952−53, recibe o nome de Trofeo Eddie Gottlieb. O gañador é seleccionado por un grupo de 24 periodistas deportivos tanto dos Estados Unidos como do Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador con maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primeira posición, gaña o premio.
Trece dos gañadores deste premio gañaron tamén o MVP da Tempada da NBA durante as súas respectivas carreiras; Wilt Chamberlain e Wes Unseld lográrono na mesma tempada. 19 dos 42 gañadores do Rookie do Ano que xa non están en activo foron incluídos no Basketball Hall of Fame. En tres tempadas houberon dous gañadores conxuntos; Dave Cowens e Geoff Petrie na tempada 1970−71, Grant Hill e Jason Kidd na tempada 1994−95, e Elton Brand e Steve Francis na tempada 1999−00.
Patrick Ewing de Xamaica, Tim Duncan das Illas Virxes dos Estados Unidos, Pau Gasol de España, Kyrie Irving e Ben Simmons de Australia, Andrew Wiggins do Canadá e Luka Dončić de Eslovenia, son os únicos gañadores non nados nos Estados Unidos. Erwing trasladouse desde o seu país natal até Boston aos 11 anos, Duncan formouse na universidade de Wake Forest e é cidadán estadounidense, mais é considerado "internacional" pola NBA xa que non naceu nun dos 50 Estados dos Estados Unidos ou en Washington, D.C., Irwing mudouse aos Estados Unidos aos 2 anos e Wiggins cando estaba no instituto. Así Gasol é o único gañados formado fóra de territorio estadounidense.
Xogador en activo | |
Elixido no Basketball Hall of Fame | |
# ED | Número de elección no Draft |
AD | Ano do Draft |
T | Elección territorial |
Antes da temporada 1952−53, o Rookie do Ano era escollidos polos xornalistas;[1] porén, a NBA non recoñece oficialmente a estes xogadores como gañadores. A liga publicou os gañadores anteriores a 1953 na "Official NBA Guide" (do inglés: Guía Oficial da NBA) de 1994–95 e na "Official NBA Basketball Encyclopedia" (Enciclopedia Oficial da NBA) de 1994, mais non volveron aparecer en sucesivas edicións.[1][2]
Tempada | Xogador | Nacionalidade | Equipo | # ED | AD |
---|---|---|---|---|---|
1947−48 | Paul Hoffman | Estados Unidos | Baltimore Bullets | 1947 | |
1948−49 | Howie Shannon | Estados Unidos | Providence Steamrollers | 1 | 1949 |
1949−50 | Alex Groza | Estados Unidos | Indianapolis Olympians | 2 | 1949 |
1950−51 | Paul Arizin | Estados Unidos | Philadelphia Warriors | T | 1950 |
1951−52 | Bill Tosheff | Estados Unidos | Indianapolis Olympians | 32 | 1951 |
1951−52 | Mel Hutchins | Estados Unidos | Milwaukee Hawks | 2 | 1951 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.