Steve Francis

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Steve Francis

Steven D'Shawn "Steve" Francis, nado o 21 de febreiro de 1977 en Takoma Park, Maryland, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Steve Francis
Thumb
(2007)
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1977 (47 anos)
Takoma Park, Estados Unidos de América (pt)
EducaciónMontgomery Blair High School (en)
Allegany College of Maryland (en)
Universidade de Maryland
Altura191 cm
Peso210 lb
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, narcotraficante
Período de actividade1999 - 2010
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoBase e Escolta
Adestrado porGary Williams (en)
Rick Adelman
Jeff Van Gundy (pt)
Chris Jent (pt)
Isiah Thomas
Johnny Davis (en)
Larry Brown (pt)
Rudy Tomjanovich
Convocado porMemphis Grizzlies
Traxectoria
  Equipo
Beijing Ducks
Orlando Magic
New York Knicks
Houston Rockets
1997–1998 Allegany Trojans men's basketball
1998–1999 Maryland Terrapins
Premios

Sitio webbballone.com…
Pechar

Traxectoria profesional

Francis foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Vancouver Grizzlies. Anunciou publicamente que non quería xogar nos Grizzlies debido á distancia entre Vancouver e o seu fogar en Maryland. Tras estes comentarios, as críticas posteriores e un incidente no Aeroporto Internacional de Vancouver, a franquía decidiu traspasar a Francis. Antes do comezo da tempada 1999-00, Francis foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos, que incluíu a once xogadores.[1] No seu momento foi o traspaso máis grande da historia da NBA.[2] Nesa tempada conseguiu o galardón ó Rookie do Ano da NBA, compartido con Elton Brand.[3] Francis rematou a súa primeira etapa nos Rockets despois de ser traspasado ós Orlando Magic no ano 2004.

O 22 de febreiro de 2006, Francis foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Trevor Ariza e Penny Hardaway. Tras dúas tempadas en Nova York, Francis volveu a Houston coma axente libre, asinando un contrato por dúas tempadas e 6 millóns de dólares. O 24 de decembro de 2008, foi traspasado ó equipo que o elixiu no Draft, os Grizzlies, desta volta situados na cidade de Memphis. O 27 de xaneiro de 2009, Francis foi cortado polos Grizzlies, sen chegar a debutar co equipo.

En novembro de 2010, Francis asinou cos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association. Acadou 0.5 puntos e 0.7 rebotes por encontro en 4 partidos disputados, antes de deixar China a finais de decembro dese mesmo ano.[4]

Estatísticas

Máis información Lenda ...
Lenda
  PX Partidos xogados  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo  %3P  Porcentaxe de tiros de 3
 %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido  ROU  Roubos de balón por partido
 TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira
Pechar

Tempada regular

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1999–00 Houston 7736.1.445.345.7865.36.61.50.418.0
2000–01 Houston 8039.9.451.396.8176.96.51.80.419.9
2001–02 Houston 5741.1.417.324.7737.06.41.20.421.6
2002–03 Houston 8141.0.435.354.8006.26.21.70.521.0
2003–04 Houston 7940.4.403.292.7755.56.21.80.416.6
2004–05 Orlando 7838.2.423.299.8235.87.01.40.421.3
2005–06 Orlando 4637.7.433.257.7974.85.71.10.216.2
2005–06 New York 2427.5.442.538.7613.03.51.00.310.8
2006–07 New York 4428.1.408.378.8293.63.90.90.311.3
2007–08 Houston 1019.9.333.235.5652.33.00.90.55.5
Total 57637.6.429.341.7975.66.01.50.418.1
Pechar

Playoffs

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2004 Houston 544.4.429.412.7258.47.61.4.219.2
Total 544.4.429.412.7258.47.61.4.219.2
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.