Anfernee Hardaway

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Anfernee Hardaway

Anfernee Deon "Penny" Hardaway, nado o 18 de xullo de 1971 en Memphis, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura podía xogar tanto de base, coma escolta ou aleiro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Anfernee Hardaway
Thumb
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1971 (53 anos)
Memphis, Estados Unidos de América
EducaciónUniversity of Memphis (en)
Altura201 cm
Peso100 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
Período de actividade1993 - 2007
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoAla, Base e Escolta
Convocado porGolden State Warriors
Traxectoria
  Equipo
Miami Heat
1991–1993 Memphis Tigers men's basketball
1993–1999 Orlando Magic
1999–2004 Phoenix Suns
2004–2006 New York Knicks
  Adestrador
2018– Memphis Tigers men's basketball (en) (head coach (en) )
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
Familia
FillosJayden Hardaway
Premios

Sitio webpennyhardaway.net
WikiTree: Hardaway-387
Pechar

Os seus anos máis produtivos foron durante a súa época en Orlando Magic, e algún momento de brillantez en Phoenix Suns. Con todo, as lesións marcaron a carreira deste xogador, cortando unha traxectoria que prometía levalo a ser un dos mellores da historia. O seu alcume, Penny (penique), púxollo a súa avoa, que sempre dicía que era "pretty as a penny" (bonito como un penique). O seu último equipo foi Miami Heat da NBA, que abandonou o 12 de decembro de 2007.

Traxectoria deportiva

Universidade

Disputou dous anos na Universidade de Memphis, onde fixo 20 puntos, 7,7 rebotes e 5,9 asistencias por partido.

Profesional

Foi elixido no Draft da NBA de 1993 por Golden State Warriors no posto número 3, pero foi inmediatamente traspasado aos Orlando Magic a cambio de Chris Webber. Inmediatamente causou impacto na liga, gañando o MVP no partido de rookies do All-Star Weekend e sendo elixido no mellor quinteto de novatos dese mesmo ano. Neses primeiros anos xogou xunto á grande estrela Shaquille O'Neal, levando xuntos ao equipo á final da NBA de 1995, onde caeron ante os Houston Rockets. En 1996 foi elixido para participar coa súa selección nos Xogos Olímpicos de Atlanta, onde gañaron a medalla de ouro.

Disputou seis tempadas no equipo de Florida, até ser traspasado a Phoenix Suns. Alí comezou o seu particular calvario, ao perderse case por completo a tempada de 2000-2001 por unha lesión de xeonllo. A finais de 2003, e tras catro tempadas e media en Arizona, foi traspasado aos New York Knicks, onde unha nova lesión mantenlle de momento apartado da liga. En agosto de 2007 asinou como axente libre con Miami Heat.[1] O 12 de decembro de 2007 foi cortado polo equipo para fichar a Luke Jackson.

Equipos

Logros persoais

Datos rápidos Cadro de medallas, Xogos Olímpicos ...
Cadro de medallas
Xogos Olímpicos
Atlanta 1996 Estados Unidos
Pechar
  • Campión Olímpico en Atlanta 1996.
  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 1994.
  • Catro veces All Star.
  • Elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.