From Wikipedia, the free encyclopedia
O Orlando Magic é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Orlando (Florida) que xoga na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xoga os seus encontros como local no Amway Arena e está actualmente adestrado por Scott Skiles. A franquía é propiedade de Orlando Magic, Ltd, unha subsidiaria de RDV Sports, Inc. unha corporación de Míchigan adicada á xestión de equipos deportivos.
Orlando Magic | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Sueste |
Fundación | 1989 |
Cores | Azul, branco |
G League | Lakeland Magic |
Retirados | 1 (6) |
Localización | |
Cidade | Orlando, Florida |
Pavillón | Amway Center |
Capacidade | 18.846 espectadores |
Inauguración | 1 de outubro de 2010 |
Persoal | |
Propietario(s) | RDV Sports, Inc. |
Presidente | Jeff Weltman |
Director | John Hammond |
Adestrador | Jamahl Mosley |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 2 (1995, 2009) |
División | 6 (1995, 1996, 2008, 2009, 2010, 2019) |
magic.com |
O equipo foi fundado en 1989 como unha franquía de expansión. Pese á súa curta historia, grandes estrelas da competición pasaron polas súas filas, como Shaquille O'Neal, Penny Hardaway, Grant Hill, Tracy McGrady, Steve Francis, Dwight Howard, ou Vince Carter. A franquía ademais durante a súa historia conseguiu clasificarse máis veces aos playoffs que que non, xa que até o momento, en 21 tempadas clasificáronse 12 veces. Así, Orlando é o equipo con mellor rexistro de vitorias de tódolos catro equipos que entraron na liga entre 1988 e 1989. Ao ano 2010, son o único equipo das catro grandes ligas profesionais americanas (NBA, NFL, NHL e MLB) con sede na cidade de Florida.
Os Orlando Magic entraron na NBA como unha franquía de expansión en 1989. Un concurso patrocinado polos funcionarios de Orlando Magic e o xornal local Orlando Sentinel permitiu á comunidade suxerir nomes para a súa nova franquía. No concurso recibíronse un total de 4.296 suxestións, reducíndose mediante un proceso de eliminación os nomes a catro: "Heat" (calor), "Tropics" (tropicos), "Juice" (xugo) e "Magic" (maxia).[1] O 27 de xullo de 1986, anunciouse que o comité elixira Magic para ser o novo nome da franquía de Orlando na NBA.[2] Os Magic foron unha das catro franquías da nova expansión adxudicados pola NBA xunto cos Charlotte Hornets, Miami Heat e Minnesota Timberwolves. Con todo, inicialmente a NBA tiña a intención de ampliar tan só a tres equipos, cunha soa franquía para Florida, mais como o proceso foi levado a cabo con éxito tanto por Miami como por Orlando, decidiron ampliar aos catro equipos definitivos.[3]
Así, os Magic, convertéronse na primeira franquía profesional das Grandes Ligas na área de Orlando. A taxa de expansión sería 32,5 millóns dólares.[3] Os Magic contrataron a Matt Guokas como primeiro adestrador do equipo, que axudou a seleccionar a doce xogadores no draft de expansión o 15 de xuño de 1989. Logo, o 27 de xuño de 1989, os Magic elixiron a Nick Anderson como selección número once na primeira rolda do draft, converténdose na primeira selección da historia franquía. O primeiro encontro do equipo chegou o 4 de novembro de 1989 no Orlando Arena (O-Rena) coa visita New Jersey Nets, que gañaron por 106 a 111 nun partido moi rifado. Con todo, a primeira vitoria dos Magic non tardou en chegar, producíndose tan só dous días despois, vencendo os New York Knicks por 118 a 110 en Orlando. Os final da tempada acadou un rexistro de 18 vitorias e 64 derrotas con xogadores como Reggie Theus ou Scott Skiles.[4][5]
No draft de 1990, os Magic elixiron a Dennis Scott como cuarta selección global. A franquía comezaba a medrar, e ese mesmo ano, o 30 de decembro de 1990, o base do equipo, Scott Skiles, bateu un rexistro histórico da NBA, ao conseguir 30 asistencias na vitoria 155 a 116 sobre Denver Nuggets,[6] recibindo o premio ao Xogador Máis Mellorado ao final da tempada. Ademais ese mesmo ano bateron outro récord, Dennis Scott, o novato, conseguía 125 triplas nunha soa tempada, a mellor marca dun "rookie" na historia da competición.[7] Ao final da tempada foi elixido no mellor quinteto de Rookies.[7] A pesar dunha marca de 31-51, o pavillón encheuse en corenta dos corenta e un partidos xogados na casa.
O 19 de setembro de 1991, a familia DeVos mercou a franquía por 85 millóns de dólares, converténdose o cabeza de familia Richard DeVos no dono da franquía.[8] A tempada 1991-92 foi decepcionante para os Magic, perdéndose numerosos xogadores varios encontros por mor das lesións, por exemplo Dennis Scott tan só xogou 18 partidos. Con escaseza de xogadores o equipo loitou a través dunha de dezasete partidos consecutivos perdidos e terminou cunha marca de 21-61. Con todo, os Magic encheron o pavillón en cada un dos 41 encontros que xogaron en Orlando.
O rumbo da franquía cambiou totalmente cando conseguiron a primeira elección do draft de 1992.[7] Así, os Magic elixiron a un pivote de 2,16 metros de altura procedente da Universidade de Louisiana State, Shaquille O'Neal, o maior premio do draft dende que os Knick elixiran a Patrick Ewing en 1985.[9] O'Neal impactou inmediatamente nos Magic, liderando ao equipo a unha marca de 41-41 e sendo de novo a franquía máis mellorada da liga. O'Neal foi All-Star e Rookie do Ano, converténdose dende o primeiro momento nunha das estrela da liga; as súas medias foron de 23,4 puntos, 13,9 rebotes e 3,5 tapóns por partido. Con todo, os Magic non puideron lograr a súa primeira clasificación aos playoffs, empatando no oitavo posto con Indiana Pacers na Conferencia Leste.
Con todo, o non acceder a playoffs tivo a súa parte positiva, xa que a pesar de obter o mellor balance para un equipo que non alcanzou a postempada (e con iso a menor parte posibilidades de obter o número 1 do draft), os Magic conseguiron por segundo ano consecutivo a opción de seleccionar o posto máis alto do draft. Antes do mesmo, Goukas deixou de ser adestrador do equipo, e Brian Hill converteuse no segundo adestrador da historia da franquía. Xa no draft, os Magic seleccionaron a Chris Webber, aínda que o traspasaron inmediatamente a Golden State Warriors a cambio da elección número tres dese mesmo draft, o base da Universidade de Memphis State Anfernee "Penny" Hardaway, e tres futuras eleccións de primeira rolda.[10] Coa combinación letal de O'Neal e Hardaway, os Magic convertéronse nun equipo dominante da NBA, logrando 50 vitorias por primeira vez na súa historia e clasificándose a playoffs no cuarto posto do Leste. Con todo, os Pacers varreron aos Magic en primeira rolda, dando por finalizada a campaña para os de Florida.
Na tempada 1994-95, a sexta dos Magic, o equipo fichou como axente libre ao pivote Horace Grant procedente de Chicago Bulls. Asinaron unha marca de 57-25, a mellor do Leste, e gañaron a División Atlántico. En playoffs, eliminaron a Boston Celtics, Chicago Bulls e Indiana Pacers, logrando o acceso ás Finais da NBA. Con todo, os Houston Rockets de Hakeem Olajuwon e Clyde Drexler, acabaron co soño de Orlando varréndoos das Finais cun claro 4 a 0.
Na seguinte tempada, os Magic eran de novo aspirantes a defender o campionato de conferencia tras lograr un balance de 60-22, o mellor na historia da franquía, liderado por O'Neal e Hardaway. Con todo, o equipo finalizou segundo no Leste por detrás dos intratables Bulls das 72 vitorias en tempada regular. En playoffs, despois de que eliminasen do seu camiño a Detroit Pistons e Atlanta Hawks, os de Chicago tomáronse o desquite do ano anterior nas Finais de Conferencia, derrotando aos Magic en catro partidos.
Na tempada 1995-96, os Magic volveron a estar nos posto de cabeza da Conferencia Leste e da Atlántico cun rexistro de 60–22 liderados de novo por Shaq e Penny; con todo, os Magic finalmente remataron no segundo posto da Conferencia debido a que os Chicago Bulls acababan de conseguir o mellor rexistro da historia da NBA, 72 gañados por 10 perdidos. Nos despois de eliminar a Detroit Pistons e Atlanta Hawks, Orlando atopouse cos Bulls nas finais de Conferencia. A combinación de Michael Jordan, Scottie Pippen e o reboteador Dennis Rodman foi demasiado para os Magic, que perderon a eliminatoria por 4 a 0.
En pretempada, O'Neal asinou como axente libre por Los Angeles Lakers, recibindo así a franquía un enorme golpe. Con todo, os Magic realizaron unha boa tempada cun balance de 45-37 liderados por Hardaway, Darrell Armstrong e a nova fichaxe Rony Seikaly. A metade da campaña 1996-97, o equipo despediu Brian Hill e nomeou a Richie Adubato adestrador interino para o resto de tempada. En playoffs, caeron ao primeiro de vez ante uns fortes Miami Heat.
Os Magic ficharon a Chuck Daly para que se convertese no adestrador xefe na tempada 1997-98. A pesar da esperanza que había depositada, Hardaway tívose que perder a maior parte da tempada debido ás lesións, o que debilitou moito ao equipo. Anderson e o recentemente fichado Bo Outlaw guiaron a Orlando a un 41-41, insuficiente para acceder a playoffs. Ademais, Seikaly foi traspasado durante a tempada a New Jersey Nets.
Na 1998-99, coas adquisicións de Matt Harpring e Michael Doleac, un Hardaway san e Anderson, os Magic conseguiron a mellor marca da Conferencia Leste na acurtada campaña debido ao peche patronal; 33-17. Armstrong foi un dos xogadores máis destacados do equipo, gañando os premios ao Xogador Máis Mellorado e Mellor Sexto Home. Ademais, os Magic contrataron ao mítico Dominique Wilkins xunto co seu irmán Gerald, aínda moi útiles para o equipo a pesar da súa experiencia. Con todo, nos playoffs, os Philadelphia 76ers do miúdo Allen Iverson frearon a Orlando en primeira rolda por 3-1.
En 1999, o "general manager" John Gabriel fichou como adestrador a Doc Rivers, sendo esta a súa primeira experiencia nos bancos. Gabriel desmontou o equipo traspasando a Hardaway a Phoenix Suns por Danny Manning (quen nunca chegaría a xogar en Orlando), Pat Garrity e dúas futuras roldas de draft. Os Magic estaban formados por xogadores novos e pouco experimentados que incluían ao capitán Armstrong, Outlaw, un mozo Ben Wallace, e o adestrador Rivers. A pesar diso, lograron un 41-41, perdendo por pouco a posibilidade de entrar en playoffs. Rivers foi nomeado Adestrador do Ano, nunha campaña caracterizada pola lema "Heart and Hustle" (con corazón e dende abaixo), debido ao estilo traballador do equipo.
Na tempada 2000-01, os Magic contaban cun grande espazo no límite salarial, polo que Gabriel tentou as fichaxes de Tim Duncan, Grant Hill e Tracy McGrady. A pesar de que Duncan optou por permanecer nos Spurs, os Magic contrataron a Hill, un perenne All-Star, e a McGrady. Lamentablemente, Hill só puido xogar catro partidos na tempada antes de lesionarse o nocello, polo que McGrady tivo que coller as rendas do equipo e converterse nun dos máximos anotadores da tempada. Coa chegada do novato Mike Miller (posteriormente Rookie do Ano), os Magic lograron un balance de 43-39, polo que regresaban a playoffs. Na postemporada, Milwaukee Bucks eliminou a Orlando en primeira rolda en catro partidos.
Na 2001-02, McGrady liderou aos Magic a unha marca de 44-38. Con todo, Hill volveu lesionarse e perdeuse a maior parte da tempada. McGrady, combinado con Armstrong, Miller, e o tirador Garrity, formou o corazón daquel equipo. Xa en playoffs, os Magic caeron de novo en primeira rolda en catro partidos ante Charlotte Hornets.
Na tempada 2002-03, o traspaso que enviaba a Mike Miller e Ryan Humphrey a Memphis Grizzlies por Gordan Giricek e Drew Gooden foi positivo para que o equipo lograse unha marca de 42-40 e accedese a playoffs. A pesar de seguir sen poder contar con Hill, esta era a terceira aparición consecutiva de Orlando na postempada. Tras ir gañando 3-1 na eliminatoria de primeira rolda ante Detroit Pistons, tres partidos consecutivos perdidos deixáronlles, de xeito incrible, fóra de playoffs. Cando necesitaban un partido para gañar a serie, McGrady dixo: "é agradable chegar por fin á segunda rolda". O destino xogoulle unha mala pasada.
A tempada número 15 na historia dos Magic, a 2003-04, foi desastrosa, a pesar dos reforzos Tyronn Lue e Juwan Howard, fichados como axentes libres. Tras gañar o primeiro partido da campaña, perderon os 19 seguintes, logrando a meirande racha de partidos perdidos de xeito consecutivo da historia da franquía. Os Magic finalizaron cun decepcionante 21-61, o peor balance da liga. En metade daquela triste marca de 19 partidos perdidos, Rivers foi despedido, ocupando o cargo o seu asistente Johnny Davis. Ademais, o "general manager" Gabriel foi substituído por John Weisbrod.
En pretempada, Weisbrod desmontou practicamente todo o equipo, aínda que mantivo a Davis no posto de adestrador. O traspaso máis significativo foi o de McGrady a Houston Rockets xunto con Reece Gaines, Tyronn Lue e Juwan Howard por Steve Francis, Kelvin Cato e Cuttino Mobley. McGrady non estaba contento en Orlando, e mesmo chegou a afirmar que non deu o 100% durante esta última tempada. Os Magic tamén ficharon a Tony Battie de Cleveland Cavaliers por Drew Gooden, Steven Hunter e os dereitos de draft do brasileiro Anderson Varejao; e a Hedo Turkoglu como axente libre. Co número 1 do draft, a franquía seleccionou a Dwight Howard, procedente directamente do instituto. Tamén conseguiron os dereitos de Jameer Nelson, elixido por Denver Nuggets na 20ª posición.
Tras un prometedor 13-6 de inicio, os Magic comezaron o seu costa abaixo. Primeiro, Weisbrod traspasou a Mobley por Doug Christie de Sacramento Kings. Christie, debido aos lazos emocionais que lle unía cos Kings, negouse nun principio a xogar cos Magic, e posteriormente dixo estar lesionado para que a franquía o colocase na lista de lesionados. Preto do final de tempada, cos Magic loitando por un oco en playoffs, Weisbrod despedió a Davis e foi substituído polo interino Chris Jent. Orlando finalmente terminou a tempada regular cunha marca de 36-46 e quedou sen poder disputar a postempada.
Durante a tempada, marcada polo retorno de Hill, os Magic xogaron de xeito espectacular, derrotando a equipos punteiros como San Antonio Spurs, Dallas Mavericks, Miami Heat, Phoenix Suns e Detroit Pistons. Con todo, liderados polo errático xogo de Francis, o equipo perdeu fol ao final da tempada regular, finalizando preto dos postos de playoffs. A nota agradable púxoa Howard, que se consagrou como un dos xogadores máis prometedores da NBA. Nelson, tras un frouxo inicio, afianzouse como a base titular do equipo. Hill regresou tras varios anos lesionado, facendo 19 puntos por partido e sendo elixido para disputar o All-Star Game como titular co Leste. Con todo, tras comezar forte, os Magic quedaron sen playoffs debido ás lesións que lle visitaron a finais de tempada regular, como son as de Hill, Turkoglu e Nelson, ademais da suspensión de cinco partidos a Francis por agredir supostamente a un fotógrafo.
O 23 de maio os proxectos dos Magic foron interrompidos pola dimisión do "general manager" Weisbrod. Ao día seguinte, a franquía anunciou o regreso de Brian Hill, adestrador da fabulosa era de Shaq e Hardaway. O mes seguinte, os Magic seleccionaron no draft ao galego Fran Vázquez na 11ª posición, aínda que posteriormente o xogador anunciou que quedaría na Liga ACB para xogar no Akasvayu Girona. A pesar de non contar coa súa elección Fran Vázquez, os Magic partían con altas esperanzas a tempada 2005-06, cun Hill recuperado da súa última lesión, e con Howard e Nelson progresando de maneira excelente nas ligas de verán. Tamén a elección de segunda rolda Travis Diener deu boas sensacións no verán, mostrando o seu eficaz tiro polo que era coñecido. A pretempada pechouse coa fichaxe da base Keyon Dooling como axente libre.
Tras comezar a pretempada, os problemas empezaron a xurdir; o nocello de Hill non foi curado completamente, polo que tivo que operarse e regresar ás canchas a mediados de decembro. A pesar diso, volvería recaer en varias ocasións e perderíase a maior parte da campaña. Francis continuou centrado no seu xogo "primeiro eu e despois eu" e obstaculizou o desenvolvemento de Nelson e Howard. Pero a esperanza chegou cando se anunciou o 15 de febreiro o traspaso que enviaba a Kelvin Cato e unha primeira rolda do draft de 2007 a Detroit Pistons a cambio de Darko Milicic e Carlos Arroyo. Unha semana despois, Francis foi mandado a New York Knicks por Anfernee Hardaway (que dous días máis tarde sería cortado) e Trevor Ariza.
Liderados por Howard, Turkoglu, DeShawn Stevenson e Nelson, os Magic sorprenderon colocándose no oitavo posto da Conferencia Leste, incluíndo un refacho de 8 vitorias consecutivas e 12 en casa. Nesa racha, venceron a equipos como os San Antonio Spurs, Detroit Pistons, Dallas Mavericks, Miami Heat e Philadelphia 76ers (conseguindo neste último partido Howard uns números de 28 puntos e 26 rebotes). Porén, unha vitoria de Chicago Bulls ante Miami o 16 de abril e outra sobre os Magic na prórroga o día 17 terminou coas esperanzas de Orlando de alcanzar os playoffs.
Tras comezar a tempada 2006-07 cun balance de 13-4, os Magic comezaron a sufrir debido ás lesións de Battie, Ariza, Dooling e Hill. A pesar de todo, Howard continuou coa súa enorme progresión e foi seleccionado para disputar o All-Star Game, ademais de que o equipo conseguiu a primeira clasificación para playoffs desde 2003 gañando o 15 de abril de 2007 a Boston Celtics por 88-86. Cunha marca de 40-42, foi a primeira vez que os Magic accedían á postempada cun rexistro negativo. Con todo, o seu concurso en playoffs chegou ao seu fin o 28 de abril tras ser varridos por Detroit Pistons. O 23 de maio de 2007, o adestrador Brian Hill foi despedido.
Os Magic comezaron a seguinte tempada contratando ao adestrador Stan Van Gundy, o cal xa guiara a Miami Heat a unha final de conferencia en 2005. Mais non foi a única incorporación, xa que asinaron ao axente libre Rashard Lewis, procedente de Seattle SuperSonics, ademais da elixir no draft ao prometedor base de UCLA J. J. Redick. Así, os Magic liderados por Howard xunto con Nelson, Lewis e Turkoglu comezarían a tempada cunha regular marca de 21-20 na primeira parte da tempada, aínda que o seu xogo iría mellorando exponencialmente conseguindo un rexistro na segunda metade de 31-10, para unha marca final total de 52-30, o que lles valeu para entrar nos playoffs por segundo ano consecutivo. Na primeira rolda eliminarían aos Toronto Raptors en seis encontros para pasar da primeira rolda de playoffs por primeira vez dende 1997, mais logo caerían ante os Detroit Pistons en sete partidos para pechar á que fora mellor tempada da franquía en varios anos. Mais as cousas non pararían de mellorar para os de Florida.
A primeira metade da tempada 2008-09 foi excelente para os Magic, despois de 41 encontros tiñan un rexistro de 33–8, liderando a división Sueste e posuíndo un dos catro mellores rexistros da liga. Con todo, a comezos de febreiro, o base titular do equipo, Jameer Nelson, lesionouse no ombreiro perdéndose o que restaba de tempada, aínda que finalmente a campaña remataría cun gran rexistro de 59–23, o mellor dende o ano 1996 no que gañaran 60 partidos. Nos playoffs os Magic eliminaron en primeira rolda de playoffs aos Philadelphia 76ers, para vencer despois nas semifinais de conferencia aos actuais campións, os Boston Celtics. Así que por primeira vez dende 1996 os Magic chegaban ás Finais de Conferencia, onde se bateron cos Cleveland Cavaliers liderados polo MVP da tempada de LeBron James. Con todo venceron e xogaron ás súas segundas Finais da NBA da historia, perdendo finalmente en cinco encontros fronte Los Angeles Lakers de Kobe Bryant. Xa no verán os Magic contrataron ao oito veces All-Star Vince Carter e a Ryan Anderson de New Jersey Nets, e asinaron aos axentes libres Brandon Bass, Matt Barnes e Jason Williams.
O 28 de setembro de 2009, os Magic estendéronlle o contrato a Stan Van Gundy para a tempada 2010-11. Fixeron o mesmo co director xeral Otis Smith, ata a tempada 2011-12.[11]
Os Magic estiveron sen Rashard Lewis durante os primeiros 10 partidos da tempada 2009-10. Lewis deu positivo por un elevado nivel de testosterona, causado por unha substancia prohibida na liga. E se non podían ir peor as cousas, Vince Carter sufriu unha lesión no seu nocello esquerdo no segundo partido da tempada. A lesión de Carter non resultou ser moi grave, e tan só lle fixo perderse os cinco seguintes partidos. A mediados de novembro, os Magic sufriron outro contratempo coa lesión de Jameer Nelson no seu xeonllo esquerdo, quen necesitou operarse. Nelson estivo de baixa durante cinco semanas. Malia todo isto, a finais de decembro os Magic tiñan unha marca de 23-8.
Orlando perdeu sete dos primeiros dez partidos en xaneiro, pero se recuperaron e gañaron seis dos sete seguintes. Tras o parón polo All-Star, os Magic gañaron 23 de 28 partidos, clasificándose para os Playoffs por cuarta vez consecutiva e gañando o seu terceiro título de división consecutivo. Remataron a tempada regular cunha marca de 59-23, igualando o récord da tempada 2008-09, e coa segunda mellor marca da liga nesa tempada. Os Magic barreron aos Charlotte Bobcats e aos Atlanta Hawks nas dúas primeiras roldas dos Playoffs. Despois, enfrontáronse aos Boston Celtics nas finais de conferencia. Tras perder os tres primeiros partidos da serie, conseguiron gañar os dous seguintes, pero perderon no 6º partido, rematando así a tempada para eles.
Para prepararse de cara ao cambio de pavillón, o Amway Center, os Magic cambiaron o seu logo, e fixeron unha nova camiseta de cor negra. Ademais, foron os anfitrións do NBA All-Star Game de 2012.
No verán de 2010, os Magic ficharon a Chris Duhon, procedente dos New York Knicks,[12] e a Quentin Richardson, procedente dos Miami Heat. O 18 de decembro de 2010, tras perder cinco dos últimos seis partidos, os Magic fixeron un traspaso cos Phoenix Suns e os Washington Wizards. Traspasaron a Vince Carter, Marcin Gortat e Mickaël Piétrus a Phoenix, a cambio de Hedo Türkoğlu, Jason Richardson e Earl Clark. Rashard Lewis foi mandado a Washington a cambio do tres veces All-Star Gilbert Arenas.[13]
Os Magic remataron a tempada con 52 vitorias, quedando segundos na División Sueste, pero foron eliminados na primeira rolda dos Playoffs contra os Atlanta Hawks, por 4-2. Esta foi a primeira vez que o adestrador Stan Van Gundy caía eliminado na primeira rolda duns Playoffs.
O primeiro pavillón utilizado polos Orlando Magic foi o Amway Arena. Este pavillón foi inaugurado o 29 de xaneiro de 1989, e serviu como o fogar do equipo até a tempada 2009-10. Cando se inaugurou o recinto, recibiu o nome de Orlando Arena, polo que era coñecido de forma máis popular foi como "O-Rena". Isto foi até o ano 1999, cando a compañía financeira TD Waterhouse mercou os dereitos do nome e do lugar, pasando a denominarse o TD Waterhouse Centre. Seis anos despois, en decembro 2006, os dereitos foron de novo adquiridos por outra compañía, a empresa de venda directa Amway, pasando a denominarse o pavillón Amway Arena durante os seguintes catro anos. A parte de Orlando Magic o pavillón acollía os partidos doutros deportes, como o fútbol americano cuberto ou o fútbol sala. O Amway Area era un dos "The Orlando Venues" (lugares de encontro de Orlando), pertencentes e operados pola Cidade de Orlando. Outras instalacións desta categoría son o Bob Carr Performing Arts Centre, o Tinker Field, o Florida Citrus Bowl, o Harry P. Leu Gardens e o Museo Mennello.
O 29 de setembro de 2006, despois de anos de negociacións, o alcalde Buddy Dyer e os Magic anunciaron un acordo sobre o Amway Center, un novo estadio no centro de Orlando, recibindo a súa aprobación definitiva o 26 de xullo de 2007. O novo pavillón ten unha capacidade para 18.846 espectadores e está situado na esquina suroeste de Church Street e a Hughey Avenue. Finalmente comezouse a construír en xullo de 2008 e o seu custo foi de 480 millóns de dólares. Unha vez finalizadas as obras do novo pavillón, o antigo Orlando Arena foi demolido, proceso que rematou en outubro de 2012. O Amway Center abriu oficialmente o 1 de outubro de 2010, sendo o primeiro partido disputado nel o amigábel de pretemporada que enfrontou aos Magic contra os New Orleans Hornets o días 10. O primeiro partido de tempada sería pouco despois, o días 28, contra os Washington Wizards. Os Magic gañaron ambos os dous partidos.
Pavillón | Localización | Estado | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
Amway Arena | Orlando | Florida | 17.461 | 1989 | 2010 |
Amway Center | Orlando | Florida | 18.846 | 2010 | − |
As cores tradicionais de Orlando Magic ao longo da súa historia consisten nunha camiseta e pantalón brancos, combinados con diversos motivos de cor azul ao longo da súa historia, cando xogan partidos na casa, e camiseta a pantalón azul escuro, con motivos brancos, cando xogan fóra. Tamén durante unha gran parte da historia, os Magic dispoñen dun terceiro equipamento, que consiste nunha camiseta e pantalóns negros con franxas brancas.
Os Magic son tamén o único equipo da NBA que utiliza zapatillas de deporte e calcetíns negros en tódolos seus partidos, unha tradición que comezou coa contratación de Stan Van Gundy en 2007. Con todo, levaron zapatillas e calcetíns brancos nos partidos da casa durante toda a tempada 2008-09 comezos da seguinte, volvendo logo ás cores tradicionais.
Os Magic tamén participaron na campaña de 2003 de "Hardwood Classics" , na que os equipos vestían distintos uniformes "retro" de tódalas épocas da franquía. Os Magic debutaron co seu equipamento negro de 1989 durante o día de Nadal. Porén, considerouse un pouco estraño chamar a ese uniforme "retro", xa que o Magic o levaran de xeito habitual até 1998. Con todo, en vinte anos de franquía, xa tiveron catro deseños distintos de camiseta.
En 2004, como parte da mesma campaña, os Magic levaron o equipamento azul de 1995, e en 2006 levaron a camiseta branca de 1989, volvendo ao ano seguinte á camiseta negra, repetíndoo de novo en 2010. Até esa revisión do uniforme, Bo Outlaw era o único xogador dos Magic que usara nalgún momento todos os deseños de camiseta. Unha variación do deseño negro é a utilizada na coñecida como "Noches Latinas" (do castelán: Noites Latinoamericanas), onde no canto de pór "Orlando" aparece a lenda "El Magic".
Para a temporada 2014 os Magic presentaron un novo uniforme de cor prateada, sendo a primeira vez na historia que vestían unha camisola desta cor. Até hai pouco tempo os Magic eran un dos equipos que tiñan, xunto a Chicago Bulls e Utah Jazz, unha regra na que prohibían aos xogadores vestir cintas de pelo nos partidos.
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | En posición de Playoffs |
Temporada | Conferencia | Posto | División | Posto | V | D | %V | PD | Playoffs | Premios |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1989–90 | Leste | 12th | Central | 7º | 18 | 64 | .220 | 41 | ||
1990–91 | Oeste | 9º | Medio Oeste | 4º | 31 | 51 | .378 | 24 | Scott Skiles (MIP) | |
1991–92 | Leste | 14º | Atlántico | 7º | 21 | 61 | .256 | 30 | ||
1992–93 | Leste | 9º | Atlántico | 4º | 41 | 41 | .500 | 19 | Shaquille O'Neal (ROY) | |
1993–94 | Leste | 4º | Atlántico | 2º | 50 | 32 | .610 | 7 | Perdida Primeira Rolda (Pacers) 3–0 | |
1994–95 | Leste | 1º | Atlántico | 1º | 57 | 25 | .695 | – | Gañada Primeira Rolda (Celtics) 3–1 Gañadas Semifinais de Conferencia (Bulls) 4–2 Gañadas Finais de Conferencia (Pacers) 4–3 Perdidas Finais da NBA (Rockets) 4–0 |
|
1995–96 | Leste | 2º | Atlántico | 1º | 60 | 22 | .732 | – | Gañada Primeira Rolda (Pistons) 3–0 Gañadas Semifinais de Conferencia (Hawks) 4–1 Perdidas Finais de Conferencia (Bulls) 4–0 |
|
1996–97 | Leste | 7º | Atlántico | 3º | 45 | 37 | .549 | 16 | Perdida Primeira Rolda (Heat) 3–2 | |
1997–98 | Leste | 10º | Atlántico | 5º | 41 | 41 | .500 | 14 | ||
1998–99 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 33 | 17 | .660 | – | Perdida Primeira Rolda (76ers) 3–1 | Darrell Armstrong (SMOY, MIP) |
1999–00 | Leste | 9º | Atlántico | 4º | 41 | 41 | .500 | 11 | Doc Rivers (COY) | |
2000–01 | Leste | 7º | Atlántico | 4º | 43 | 39 | .524 | 13 | Perdida Primeira Rolda (Bucks) 3–1 | Mike Miller (ROY) Tracy McGrady (MIP) |
2001–02 | Leste | 5º | Atlántico | 3º | 44 | 38 | .537 | 8 | Perdida Primeira Rolda (Hornets) 3–1 | |
2002–03 | Leste | 8º | Atlántico | 4º | 42 | 40 | .512 | 7 | Perdida Primeira Rolda (Pistons) 4–3 | |
2003–04 | Leste | 15º | Atlántico | 7º | 21 | 61 | .256 | 26 | ||
2004–05 | Leste | 10º | Sueste | 3º | 36 | 46 | .439 | 23 | Grant Hill (SPOR) | |
2005–06 | Leste | 10º | Sueste | 3º | 36 | 46 | .439 | 16 | ||
2006–07 | Leste | 8º | Sueste | 3º | 40 | 42 | .488 | 4 | Perdida Primeira Rolda (Pistons) 4–0 | |
2007–08 | Leste | 3º | Sueste | 1º | 52 | 30 | .634 | – | Gañada Primeira Rolda (Raptors) 4–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Pistons) 4–1 |
Hedo Türkoğlu (MIP) |
2008–09 | Leste | 3º | Sueste | 1º | 59 | 23 | .720 | – | Gañada Primeira Rolda (76ers) 4–2 Gañadas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–3 Gañadas Finais de Conferencia (Cavaliers) 4–2 Perdidas Finais da NBA (Lakers) 4–1 |
Dwight Howard (DPOY) |
2009–10 | Leste | 2º | Sueste | 1º | 59 | 23 | .720 | – | Gañada Primeira Rolda (Bobcats) 4–0 Gañadas Semifinais de Conferencia (Hawks) 4–0 Perdidas Finais de Conferencia (Celtics) 4–2 |
Dwight Howard (DPOY) |
2010–11 | Leste | 4º | Sueste | 2º | 52 | 30 | .634 | 6 | Perdida Primeira Rolda (Hawks) 4–2 | Dwight Howard (DPOY) |
2011–12 | Leste | 6º | Sueste | 3º | 37 | 29 | .561 | 9 | Perdida Primeira Rolda (Pacers) 4–1 | Ryan Anderson (MIP) |
2012–13 | Leste | 15º | Sueste | 5º | 20 | 62 | .244 | 46 | ||
2013–14 | Leste | 13th | Sueste | 5º | 23 | 59 | .280 | 31 | ||
2014–15 | Leste | 13th | Sueste | 5º | 25 | 57 | .305 | 35 |
Estatística | Vitorias | Derrotas | % vitorias |
---|---|---|---|
Total en Temporada Regular | 1027 | 1057 | .493 |
Total en Playoffs | 57 | 66 | .463 |
Total en Temporada Regular e Playoffs | 1084 | 1123 | .491 |
Orlando Magic 2023–2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2017−18)[14]
Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2017−18)[15]
Minutos xogados
Rebotes
Asistencias
Roubos
Tapóns
Até o momento, os Orlando Magic tan só retiraron o número 6 como homenaxe so seus seguidos, "o sexto home". Con todo, permitiuse que na temporada 2001−02 este número fose utilizado por Patrick Ewing.
Dorsais retirados polos Orlando Magic | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | |
---|---|---|---|---|
6 | Fans ("O Sexto Home") | – | 1989–presente |
Membros do Basketball Hall of Fame dos Orlando Magic | ||||
Xogadores | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
21 | Dominique Wilkins | A | 1999 | 2006 |
6 | Patrick Ewing 1 | P | 2001–02 | 2008 |
Adestradores | ||||
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
– | Chuck Daly 2 | Adestr. | 1997–99 | 1994 |
Mellor Defensor
Xogador con Mellor Progresión
|
Primeiro equipo defensivo
Primeiro Equipo All-Rookie
|
Segundo Equipo All-Rookie
|
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Magic | |
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador |
# | Nome | Período | P | V | D | % | P | V | D | % | Logros |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temporada regular | Playoffs | ||||||||||
1 | Matt Guokas | 1989–1993 | 328 | 111 | 217 | .338 | — | — | — | — | |
2 | Brian Hill | 1993–1997 | 295 | 191 | 104 | .647 | 36 | 18 | 18 | .500 | |
3 | Richie Adubato | 1997 | 33 | 21 | 12 | .636 | 5 | 2 | 3 | .400 | |
4 | Chuck Daly | 1997–1999 | 132 | 74 | 58 | .561 | 4 | 1 | 3 | .250 | |
5 | Doc Rivers | 1999–2003 | 339 | 171 | 168 | .504 | 15 | 5 | 10 | .333 | Adestrador do Ano da NBA (2000) |
6 | Johnny Davis | 2003–2005 | 135 | 51 | 84 | .378 | — | — | — | — | |
7 | Chris Jent | 2005 | 18 | 5 | 13 | .278 | — | — | — | — | |
— | Brian Hill | 2005–2007 | 164 | 76 | 88 | .463 | 4 | 0 | 4 | .000 | |
8 | Stan Van Gundy | 2007–2012 | 394 | 259 | 135 | .657 | 59 | 31 | 28 | .525 | |
9 | Jacque Vaughn | 2012–2015 | 216 | 58 | 158 | .269 | — | — | — | — | |
10 | James Borrego | 2015 | 30 | 10 | 20 | .333 | — | — | — | — | |
11 | Scott Skiles | 2015–2016 | 82 | 35 | 47 | .427 | — | — | — | — | |
12 | Frank Vogel | 2016–2018 | 164 | 54 | 110 | .329 | — | — | — | — | |
13 | Steve Clifford | 2018–2021 | 227 | 96 | 131 | .423 | 10 | 2 | 8 | .200 | |
14 | Jamahl Mosley | 2021–presente | — | — | — | — | — | — | — | — |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.