Ala ou á (inglés: small forward ou forward), tamén 3 na terminoloxía empregada por adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto.

Máis información Posicións de Baloncesto, Outras posicións ...
Posicións de Baloncesto
1. Base
2. Escolta
3. Ala
4. Ala-pivote
5. Pivote
Outras posicións
Sexto home
Pechar

Descrición da posición

Móvense por posicións distantes do aro, podendo en moitas ocasións desempeñar accións de escolta, cos que ás veces non se diferencian completamente, sobre todo no baloncesto modero. No baloncesto profesional, a estatura dun ala atópase habitualmente entre 1,96 e 2,06 metros. Son capaces de axudar no rebote ou de correr para culminar un contraataque. Coa posesión do balón, deben ser capaces de anotar tanto dende longa distancia coma penetrando a canastra, así coma provocar faltas.

Na actualidade, debido á versatilidade esixida para esta posición, existen diferentes perfís de ala: bos no pase (coma LeBron James[1]), anotadores (Carmelo Anthony, Kevin Durant)[2], ou especialistas defensivos (Metta World Peace[3], Tayshaun Prince). Existen xogadores cun perfil intermedio entre escolta e ala (Paul Pierce, Andre Iguodala), así coma xogadores capaces de facer indistintamente de ala ou de ala-pivote (Dirk Nowitzki, Lamar Odom).

Xogadores históricos

Thumb
Clyde Drexler.

NBA

Ás elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:

*Entre parénteses, o equipo no que cada xogador desenvolveu a maior parte da súa carreira.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.