Scottie Pippen

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Scottie Pippen

Scottie Maurice Pippen, nado o 25 de setembro de 1965 en Hamburg, no condado de Ashley (Arcansas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Alculamdo "Pip", é principalmente lembrado pola súa etapa nos Chicago Bulls, cos que gañou seis campionatos da NBA e bateu o récord de vitorias nunha soa tempada con 72. Pippen, xunto con Michael Jordan, xogou un importante papel en transformar aos Bulls nun vehículo para a popularización da NBA ao redor de todo o mundo nos anos 1990.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Scottie Pippen
Thumb
(2022)
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1965 (59 anos)
Hamburg, Estados Unidos de América (pt)
ResidenciaArcansas
Hamburg (pt)
Grupo étnicoAfroamericano
EducaciónHamburg High School (en)
University of Central Arkansas (en)
Altura204 cm
Peso103 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, actor
Período de actividade1987 - 2008
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaNational Basketball Association
Posición de xogoAla
Convocado porSeattle SuperSonics
Traxectoria
  Equipo
Helsinki Seagulls
1987–1998 Chicago Bulls (Ala)
1998–1999 Houston Rockets (Ala)
1999–2003 Portland Trail Blazers
2008–2008 Sundsvall Dragons
2008–2008 Torpan Pojat
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992
Familia
CónxuxeLarsa Pippen
FillosAntron Pippen, Taylor Pippen, Scotty Pippen Jr., Preston Pippen, Justin Pippen
PaisPreston Clyde Pippen   e Ethel Lee Pippen
ParentesKavion Pippen, sobriño
Premios

TV.com: people/scottie-pippen WikiTree: Pippen-190
Pechar

Considerado un dos mellores ás de todos os tempos, Pippen foi seleccionado no "Quinteto ideal defensivo da NBA" oito veces consecutivas, e no "Quinteto ideal da liga" en tres. Foi até sete veces All-Star, sendo MVP do partido en 1994. Durante a temporada 1995−96 foi nomeado un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA", alén de ser un dos catro xogadores dos Chicago Bulls que teñen o seu dorsal retirado (sendo os outros Jerry Sloan, Bob Love e Michael Jordan). Tamén xogou un papel fundamental nos Chicago Bulls de 1992 e de 1996, que foron seleccionados como dous dos dez mellores equipos da historia da competición até 1996. A súa biografía no sitio web do Naismith Basketball Hall of Fame di: "O multidensional Pippen percorre a pista como un base, ataca a canastra como un ala-pivote, e perfora a rede como un escolta."[1] Durante os seus dezasete anos de carreira profesional, xogou 12 temporadas cos Bulls, unha cos Houston Rockets e catro cos Portland Trail Blazers, chegando aos Play-offs dezaseis veces consecutivas.

Pippen é ademais a única persoa en gañar o título da NBA e o Ouro Olímpico no mesmo ano dúas veces (1992, 1996). Primeiro foi parte do "Dream Team" estadounidense dos Xogos Olímpicos de 1992, que gañou aos seus rivais cunha diferenza media de 44 puntos.[2] Posteriormente foi unha figura chave na consecución da medalla de ouros nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con outros antigos membros do "Dream Team" como Karl Malone, John Stockton e Charles Barkley, así como novas caras como Penny Hardaway e Grant Hill. Levou o dorsal número 8 na camisola nas dúas ocasións. Pippen é membro do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame por partida dobre, en honra a súa carreira individual e como membro do "Dream Team". Foi incluído por ambos motivos o 13 de agosto de 2010.[3]

Traxectoria

Primeiros títulos

Pippen criouse no Estado de Arcansas, onde asistiu á Universidade de Central Arkansas. Asistir a unha universidade menor, fóra do circuíto NCAA fixo que houbese algunhas sospeitas sobre o seu rendemento ao máximo nivel, mais a súa capacidade defensiva e polivalencia xogaron ao seu favor e nun destacábel último ano na universidade con medias de 26,3 puntos e 10 rebotes por partido, que o levaron a unha boa elección no Draft. Así, en 1987 foi elixido polos Seattle SuperSonics no quinto lugar da primeira rolda, mais Jerry Krause, Director de Operacións dos Chicago Bulls, xa se tiña fixado no talento do xogador e non tardou en acordar un traspaso que levase ao de Arcansas a recalar na principal cidade de Illinois.

A aposta dos Bulls tivo unha resposta inmediata, saíndo desde o banco fixo unha media de 7,9 puntos, 3,8 rebotes e 2,1 asistencias por partido, axudando ao equipo de Chicago a alcanzar a segunda rolda dos Play-offs por primeira vez na última década. Aínda que caeron por 4-1 na súa eliminatoria contra os Detroit Pistons de Isiah Thomas, a franquí tiña motivos para estar contentos, xa que o futuro de Pippen e os Bulls presentábase inmellorable cun equipo novo e de gran talento. Nos seguintes anos Pippen continúa a súa progresión dentro do equipo e establécese como segundo xogador tras Michael Jordan. En 1990 recoñécese a súa valía sendo seleccionado para o All-Star Game por primeira vez. Finalmente logra o seu primeiro título en 1991 tras gañar na final ante Los Angeles Lakers. Pippen xunto ao seu grande amigo Jordan formaban unha destacábel parella que levaría aos Bulls a alzarse con 3 campionatos consecutivos entre 1991 e 1993.

Partida e regreso de Jordan

Thumb
Pippen en 2009.

A sorprendente retirada de Jordan ao final da tempada 1993 deixa a Pippen coa posibilidade de demostrar que é algo máis que un bo complemento para Jordan. Sen a sombra de "Air" sobre el, na temporada 1993−94 desprega o seu mellor xogo liderando aos Bulls en practicamente todos os apartados ofensivos e defensivos, conseguindo mesmo ser nomeado o MVP do All-Star e ser un serio candidato ao MVP da temporada regular. Finalmente levou aos Bulls a unha marca 55 vitorias por 27 derrotas, superarando a primeira rolda de Play-Offs con facilidade ante os Cleveland Cavaliers por 3-0, mais caendo nun axustado 4-3 contra os New York Knicks de Patrick Ewing que contaban co factor campo ao seu favor. Durante esta eliminatoria produciuse o suceso máis rocambolesco da vida profesional de Pippen. A falta de 1,8 segundos para o final do terceiro partido ante os Knicks, co marcador igualado a 102 e 2-0 abaixo na serie para os Bulls Phil Jackson, adestrador de Chicago, solicita un tempo morto para preparar a xogada. Para sorpresa de todos Pippen, indiscutible líder do equipo, non é o elixido para facer este último lanzamento senón que Jackson decide que sexa Toni Kukoč quen o lance. O enfado de Pippen é tal que se nega a entrar á pista para esa última xogada, senta no banco e con xesto contrariado presencia a xogada. Kukoč recibe o balón a algo máis de 6 metros da canastra, lanza e anota. Todo son caras de alegría nos Bulls excepto en Pippen e Jackson.

Tras este momento de tensión Jerry Krause empeza a barallar a opción de traspasar a Pippen a Seattle a cambio de Shawn Kemp, mais a volta a metade de da temporada 1994−95 de Jordan cos Bulls fai que as augas volten á súa canle. Nesta tempada os Bulls volven caer en segunda rolda, esta vez ante os Orlando Magic liderados por Shaquille O'Neal e Anfernee Hardaway. Aínda con Jordan de volta, os Bulls e Pippen vense por segundo ano consecutivo fóra da loita polo título. Ao ano seguinte a chegada de Dennis Rodman e con Pippen e Jordan en gran forma conseguen un fito histórico, unha marca de 72-10 na fase regular, a mellor até a data na NBA. Con este equipo como base axudados por xogadores como Kukoč, Ron Harper ou Luc Longley, os Bulls conseguen de novo tres campionatos consecutivos entre 1996 e 1998.

Últimos anos

Thumb
Pippen xogando en Europa o 5 de xaneiro de 2008, no partido entre o ToPo e o Honka.

A pesar destes éxitos deportivos o desacordo entre os xogadores e Jerry Krause é manifesto, e ao final da temporada 1997−98 o equipo queda totalmente desmembrado. Michael Jordan anuncia unha nova retirada do baloncesto, Rodman pon rumbo cara aos Lakers e Pippen é traspasado aos Houston Rockets durante a tempada do "lockout" (bloqueo) a cambio de Roy Rogers e unha rolda do draft condicional. Grazas á chegada aos Rockets de Pippen, que xa contaban con Hakeem Olajuwon e Charles Barkley, o equipo parece un dos máis firmes candidatos ao título, mais nesta atípica tempada só conseguen unha marca de 31-19 e caen en primeira rolda de playoff ante os Lakers por 3-1. A súa mala relación con Barkley lévalle a abandonar o equipo, sendo ese verán traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de Kelvin Cato, Stacey Augmon, Walt Williams, Brian Shaw, Ed Gray e Carlos Rogers.

Xa en Portalnd para a temporada 1999−2000, un xa veterano Pippen axuda ao equipo a acadar a final da Conferencia Oeste, onde caen nun apertado 4-3 contra os Lakers. Tras permanecer até a temporada 2002−03 no equipo de Oregón, o seu antigo compañeiro nos Bulls, John Paxson, ofrécelle volver a Chicago co papel de apoiar e ensinar a uns mozos que deben ser o futuro do equipo. O seu papel na pista é soamente testemuñal, participando en 23 partidos e con moitos problemas de lesións ao longo da campaña, anunciando a súa retirada ao final do ano á idade de 39 anos. O 9 de decembro de 2005 o seu número foi retirado polos Bulls e pasou a unirse ao 23 de Jordan, ao 4 de Jerry Sloan e ao 10 de Bob Love. Tras especular moito coa súa volta ás canchas na NBA, en xaneiro de 2008 Pippen fai unha pequena xira por Escandinavia con 42 anos. Xogaría dous partidos para o Torpan Pojat da Korisliiga finlandesa e para o equipo sueco Sundsvall. No seu primeiro partido, o 4 de xaneiro, Pippen anota 12 puntos na vitoria do ToPo por 93–81 ante o Porvoo. Ao día seguinte anota nove puntos e captura nove rebotes na vitoria do seu equipo por 98–85 ante o Honka. Xa en Suecia, no seu terceiro partido da xira, fai 21 puntos, colle 12 rebotes, fai tres asistencias e realiza tres roubos en 30 minutos na vitoria por 102–74 dps Sundsvall Dragons ante o Akropol de Rinkeby. Os Dragons pagaron a Pippen 66.000 dólares pola súa achega.

Estatísticas

Máis información Lenda ...
Lenda
  PX Partidos xogados   PT  Partidos titular  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo
 %3P  Porcentaxe de tiros de 3  %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido
 ROU  Roubos de balón por partido  TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira
Pechar

Tempada regular

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1987–88 Chicago Bulls 79020.9.463.174.5763.82.11.20.77.9
1988–89 Chicago Bulls 735633.1.476.273.6686.13.51.90.814.4
1989–90 Chicago Bulls 828238.4.489.250.6756.75.42.61.216.5
1990–91 Chicago Bulls 828236.8.520.309.7067.36.22.41.117.8
1991–92 Chicago Bulls 828238.6.506.200.7607.77.01.91.121.0
1992–93 Chicago Bulls 818138.6.473.237.6637.76.32.10.918.6
1993–94 Chicago Bulls 727238.3.491.320.6608.75.62.90.822.0
1994–95 Chicago Bulls 797938.2.480.345.7168.15.22.91.121.4
1995–96 Chicago Bulls 777736.7.463.374.6796.45.91.70.719.4
1996–97 Chicago Bulls 828237.7.474.368.7016.55.71.90.620.2
1997–98 Chicago Bulls 444437.5.447.318.7775.25.81.81.019.1
1998–99 Houston Rockets 505040.2.432.340.7216.55.92.00.714.5
1999–00 Portland Trail Blazers 828233.5.451.327.7176.35.01.40.512.5
2000–01 Portland Trail Blazers 646033.3.451.344.7395.24.61.50.611.3
2001–02 Portland Trail Blazers 626032.2.411.305.7745.25.91.60.610.6
2002–03 Portland Trail Blazers 645829.9.444.286.8184.34.51.60.410.8
2003–04 Chicago Bulls 23617.9.379.271.6303.02.20.90.45.9
Total 1 1781 05334.9.473.326.7046.45.22.00.816.1
All-Star Game 7624.7.442.318.6255.62.42.40.912.1
Pechar

Playoffs

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1988 Chicago Bulls 10629.4.465.500.7145.22.40.80.810.0
1989 Chicago Bulls 171736.4.462.393.6407.63.91.40.913.1
1990 Chicago Bulls 151440.8.495.323.7107.25.52.11.319.3
1991 Chicago Bulls 171741.4.504.235.7928.95.82.51.121.6
1992 Chicago Bulls 222240.9.468.250.7618.86.71.91.119.5
1993 Chicago Bulls 191941.5.465.176.6386.95.62.20.720.1
1994 Chicago Bulls 101038.4.434.267.8858.34.62.40.722.8
1995 Chicago Bulls 101039.6.443.368.6768.65.81.41.017.8
1996 Chicago Bulls 181841.2.390.286.6388.55.92.60.916.9
1997 Chicago Bulls 191939.6.417.345.7916.83.81.50.919.2
1998 Chicago Bulls 212139.8.415.228.6797.15.22.11.016.8
1999 Houston Rockets 4443.0.329.273.80811.85.51.80.818.3
2000 Portland Trail Blazers 161638.4.419.300.7437.14.32.00.414.9
2001 Portland Trail Blazers 3339.0.421.176.6675.72.32.70.713.7
2002 Portland Trail Blazers 3333.0.409.545.8759.35.71.30.716.3
2003 Portland Trail Blazers 4118.8.409.3331.0002.83.30.00.05.8
Total 20820039.0.444.303.7247.65.01.90.917.5
Pechar

Logros

Thumb
Os catro números retirados polos Bulls, entre o que se encontra o 33 de Pippen.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.