Ron Harper

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Ron Harper

Ronald "Ron" Harper, nado o 20 de xaneiro de 1964 en Dayton, Ohio, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto que xogou para os Cleveland Cavaliers, Los Angeles Clippers, Chicago Bulls e Los Angeles Lakers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Lakers, nas súas dezaseis temporadas como profesional. Entre 2005 e 2007 traballou como adestrador asistente dos Detroit Pistons.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ron Harper
Thumb
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1964 (60 anos)
Dayton, Estados Unidos de América (pt)
EducaciónMiami University (en)
Altura198 cm
Peso84 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
Período de actividade1986 - 2001
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoAla, Base e Escolta
Convocado porCleveland Cavaliers
Traxectoria
  Equipo
Los Angeles Clippers
Cleveland Cavaliers
Los Angeles Lakers
Chicago Bulls
1982–1986 Miami RedHawks men's basketball
Participou en
1985Universíada de Verão de 1985 (pt)
Familia
FillosRon Harper Jr., Dylan Harper

Pechar

Traxectoria

Universidade

Ron Harper cumpriu o seu ciclo de catro anos universitarios no equipo da Universidade de Miami (Ohio), onde obtivo unhas destacábeis estatísticas de 19,8 puntos, 9,3 rebotes e 2,8 asistencias de media por partido.

Profesional

Foi elixido no Draft da NBA de 1986 por Cleveland Cavaliers na oitava posición da primeira rolda. No seu primeiro ano como profesional fixo unha media de 22,9 puntos por partido, sendo incluído no mellor quinteto de rookies da competición. Despois de tres tempadas foi traspasado a Los Angeles Clippers, onde xogou 5 tempadas a un gran nivel. Xa con 31 anos recalou en Chicago Bulls, onde se converteu no recambio perfecto para dar minutos de descanso á súa gran figura, Michael Jordan. Na cidade do vento gañou os seus tres primeiros aneis de campión da NBA nos 5 anos que permaneceu alí.

En 1999 decidiu seguir os pasos do que fora o seu adestrador en Chicago, Phil Jackson e fichou por Los Angeles Lakers. Aínda que xa contaba con 36 anos rendeu a un gran nivel. Na cidade californiana gañou outros dous aneis de campión en senllas campañas, retirándose do baloncesto en activo ao finalizar a tempada 2000-2001. Así, os cinco aneis de campión que posúe gañounos co mesmo adestrador.

Equipos

Logros

  • Cinco veces Campión da NBA (1996–1998, 2000–2001).
  • Primeiro Equipo Rookie da NBA (1987).
  • Xogador do Ano da Mid-American Conference da NCAA (1985–1986).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.