Cleveland Cavaliers

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cleveland Cavaliers

Os Cleveland Cavaliers (tamén coñecidos coma os Cavs) son un equipo profesional de baloncesto con base en Cleveland, Ohio. Xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus partidos como locais no Quicken Loans Arena.

Datos rápidos Información xeral, Conferencia ...
Cleveland Cavaliers
Thumb
Cleveland Cavaliers logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Central
Fundación 1970
Cores                     Viño, dourado
G League Canton Charge
Retirados 7 (7, 11, 22, 25, 34, 42, 43)
Localización
Cidade Cleveland, Ohio
Pavillón Quicken Loans Arena
Capacidade 20.562 espectadores
Inauguración 17 de outubro de 1994
Persoal
Propietario(s) Dan Gilbert
Director Koby Altman
Adestrador Larry Drew
Títulos
Campión 1 (2016)
Conferencia 5 (2007, 2015, 2016, 2017, 2018)
División 7 (1976, 2009, 2010, 2015, 2016, 2017, 2018)
cavaliers.com
Pechar

Pavillóns

Historia da franquía

Os Cavaliers comezaron a xogar na NBA en 1970 coma unha nova franquía, sen vir doutra cidade. Baixo a dirección do adestrador Bill Fitch acadaron o peor récord da liga, 15-67. Con todo, o equipo comezouse a construír ó redor da elección do draft de 1971, Austin Carr, quen foi capaz de anotar 63 puntos nun só encontro.

Na tempada 1975-1976, con Carr, Bingo Smith, Jim Chones, Dick Snyder e o recentemente adquirido Nate Thurmond, Fitch liderou os Cavs a un balance de 49-33, o mellor da División Central. Recibiu o premio ó Adestrador do Ano e os Cavs fixeron a súa primeira aparición nos playoffs.

Cleveland logrou gaña-las series contra os Washington Bullets, 4-3, e por mor dos moitos tiros anotados no derradeiro segundo dos sete partidos a rolda foi coñecida na área local como "A Milagre de Richmond". Secasí na segunda rolda o equipo viuse afectado polas lesións, particularmente pola de Jim Chones, e os Cavs perderon contra os Boston Celtics na final da Conferencia Leste.

Xa nos 80, o novo dono Ted Stepien asinou e despidiu toda unha serie de adestradores, fixo malos intercambios e unha mala política de fichaxes de axentes libres. Precisamente esta mala política no referente ó traspaso de xogadores costoulle ó equipo varias eleccións de primeiras roldas, o que levou á NBA a impoñer unha norma pola que se prohibiu ós equipos dar coma pago por un xogador elección de primeira rolda do draft en anos consecutivos, norma coñecida como "A norma de Ted Stepien". Ademais, tamén ameazou con muda-la franquía a Toronto, pero os irmáns George e Gordon Gund mercárona a mediados dos 80 e decidiron mante-lo equipo na cidade. De feito, Toronto conseguiría unha nova franquía en 1993.

En 1986, sendo os irmáns Gund os donos da franquía, o equipo adquiriu mediante o draft ou en intercambios varios a Brad Daugherty, a Mark Price, a Larry Nance e a Ron Harper. Estes xogadores (excepto Harper, mandado ós Clippers polos dereitos sobre Danny Ferry) serían o núcleo do equipo que levaría os Cavs a oito aparicións nos playoffs nas seguintes nove tempadas, e en tres delas con máis de 50 vitorias en tempada regular. En 1989 os Cavs xogaban contra os Chicago Bulls en playoffs, coa vantaxe de cancha e ó mellor de cinco partidos. No cuarto partido, Cleveland logrou gañar no tempo extra 108-105, recuperando a vantaxe de cancha perdida anteriormente. No quinto encontro, estaban empatados ata que Cleveland logrou anotar para liderar por un punto a tres segundos do final. Chicago pediu un tempo morto. Na reanudación, déronlle o balón a Michael Jordan, que lanzou á canastra. Craig Ehlo saltou para intentar tapona-lo lanzamento, pero Jordan parecía manterse no aire mentres Ehlo xa caía, e cando aterrou, Jordan lanzou. "O Tiro" entrou na canastra sobre a bucina, e Chicago gañou as series 3-2. Este tiro gañador é considerado un dos momentos cume da carreira de Jordan, e o propio partido como un dos mellores da historia. Pero o momento cume dos Cavaliers chega na tempada 1991-1992, cando acadaron un balance de 57-25 e chegaron ás finais da Conferencia Leste, perdendo de novo contra os Chicago Bulls por 4-2. Como se pode ver, Cleveland non tivo moito éxito nos playoffs neste período.

Despois diso, chegou o declive. Coas retiradas e as saídas de Nancy, Daugherty e Price, o equipo perdeu o seu poder e non foi capaz de loitar ata moito tempo despois polos playoffs, onde antes adoitaban te-lo maior problema contra os Bulls.

Durante varios anos e baixo o liderado do base Terrell Brandon, os Cavs convertéronse no equipo máis defensivo da NBA, sendo os que menos puntos recibían por partido e baseando a súa táctica na defensa. Pero a incapacidade ofensiva fixo que os Cavs tampouco tiveran éxito nesta época.

Máis tarde, xogadores como Ricky Davis ou Zydrunas Ilgauskas chegaron ó equipo, aumentando a calidade, pero de maneira infrutuosa.

E tralos días de gloria dos Cavs chegaron varias tempadas desastrosas. Víronse os Cavs no fondo da clasificación, converténdose nun dos equipos habituais no sorteo das posicións do draft. Tras outra tempada decepcionante, a 2002-2003, os Cavs conseguiron a elección número un no draft, utilizada para elixir a LeBron James, directamente do instituto. A condición de James coma estrela local (xogou no Instituto St. Vicent-St. Mary na próxima Akron) e cunha das meirandes perspectivas da historia da NBA conduciu a moitos a ve-la súa selección como un punto de inflexión na historia da franquía. A tempada 2003-2004 amosou unhas grandes esperanzas para o futuro, cun James que se estaba a converter nun dos xogadores máis dominantes da liga e que gañaba o premio ó Rookie do Ano. Esas esperanzas eran aínda máis grandes para a tempada 2004-2005. James converteuse nunha superestrela consolidada, incrementando a súa media de puntos, de tiros anotados, de asistencias e de rebotes. A pesar da perda de Carlos Boozer baixo circunstancias moi dubidosas, James formou o núcleo do equipo xunto a Drew Gooden e Zydrunas Ilgauskas. Despois dun prometedor comezo no que chegaron a ser quintos de conferencia, os Cavaliers entraron nunha espiral negativa que conduciu ó despido do adestrador Paul Silas e do director xeral Jim Paxson. Os Cavs non se cualificaron para os playoffs nese ano, xa que empataron cos New Jersey Nets na oitava praza, sendo estes últimos os favorecidos polo desempate.

A pretempada de 2005 foi de moitos cambios. Contratouse un novo adestrador, Mike Brown, e un novo director xeral, o antigo ala dos Cavs Danny Ferry. Tamén se asinaron os axentes libres Larry Hughes, Donyell Marshall e Damon Jones, este último durante catro anos por 16 millóns de dólares e o resto con contratos de máis dun ano. Xunto ó novo dono, Dan Gilbert, a directiva dos Cavaliers era na súa meirande parte novata nos seus respectivos postos. Pero a pesar da relativa inexperiencia dos acabados de chegar, a franquía depositaba as súas esperanzas en LeBron James, comparado por moitos con Michael Jordan.

Os Cavs son o equipo con máis anos na NBA dos que nunca chegaron a unhas finais polo título.

En marzo, os Cavaliers acadaron a súa primeira aparición nos playoffs dende a tempada 1997-98, sendo cuartos na Conferencia Leste. Enfrontáronse ós Washington Wizards na primeira rolda. Despois dos dous primeiros encontros, ían empatados 1-1, pero unha canastra de LeBron James a falta de 5.7 segundos ó final do terceiro encontro deu a vitoria ós Cavaliers. Entón, os Wizards gañaron o cuarto partido, forzando o quinto partido nas series en Cleveland. Os Cavs gañaron o encontro decisivo 121-120, nun excitante tempo extra no que se viu a James anotando o lanzamento gañador a falta de 0.9 segundo para o remate do partido. O sexto partido tamén chegou á prórroga por mor dunha tripla de Gilbert Arenas. No tempo extra, porén, Damon Jones anotou un tiro moi distante nos derradeiros segundos que provocou a vitoria dos Cavs no partido e nas series, avanzando así á segunda rolda por primeira vez en 13 anos.

Na segunda rolda, os Cavs perderon os dous primeiros partidos contra os Detroit Pistons, pero gañaron os tres seguintes, incluíndo un no Palace of Auburn Hills, provocando a única racha de tres derrotas consecutivas dos Pistons en toda a tempada. Pero perderon o sexto e o sétimo partido (79-61). Este derradeiro partido da serie produciu dous récords de dubidosa honra para os Cavaliers, o de menos puntos anotados nun sétimo partido e empataron o de menos puntos anotados nunha metade con 23.

Estas dúas roldas de playoffs foron unha mostra da proxección de LeBron James, que á idade de 21 anos xa acadou moitos récords do tipo "o máis xove en...". E o máis importante, marca o renacer dunha franquía que unha vez estivo entre as máis fortes da liga.

Os Cavs tempada por tempada

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División Clasificación para Playoffs
Máis información Tempada, Conferencia ...
Tempada Conferencia División Posición Vitorias Derrotas % Playoffs Adestrador
Cleveland Cavaliers
1970−71LesteCentral1567.183Bill Fitch
1971−72LesteCentral2359.280Bill Fitch
1972−73LesteCentral3250.390Bill Fitch
1973−74LesteCentral2953.354Bill Fitch
1974−75LesteCentral4042.488Bill Fitch
1975−76LesteCentral4933.598Gañaron Semifinais de Conferencia (Washington) 4-3
Perderon Finais de Conferencia (Boston) 4-2
Bill Fitch
1976−77LesteCentral4339.524Perderon Primeira Rolda (Washington) 2-1Bill Fitch
1977−78LesteCentral4339.524Perderon Primeira Rolda (New York) 2-0Bill Fitch
1978−79LesteCentral3052.366Bill Fitch
1979−80LesteCentral3745.451Stan Albeck
1980−81LesteCentral2854.341Bill Musselman
Don Delaney
1981−82LesteCentral1567.183Don Delaney
Bob Kloppenburg
Chuck Daly
Bill Musselman
1982−83LesteCentral2359.280Tom Nissalke
1983−84LesteCentral2854.341Tom Nissalke
1984−85LesteCentral3646.439Perderon Primeira Rolda (Boston) 3-1George Karl
1985−86LesteCentral2953.354George Karl
Gene Littles
1986−87LesteCentral3151.380Lenny Wilkens
1987−88LesteCentral4240.512Perderon Primeira Rolda (Chicago) 3-2Lenny Wilkens
1988−89LesteCentral5725.695Perderon Primeira Rolda (Chicago) 3-2Lenny Wilkens
1989−90LesteCentral4240.512Perderon Primeira Rolda (Philadelphia) 3-2Lenny Wilkens
1990−91LesteCentral3349.402Lenny Wilkens
1991−92LesteCentral5725.695Gañaron Primeira Rolda (New Jersey) 3-1
Gañaron Semifinais de Conferencia (Boston) 4-3
Perderon Finais de Conferencia (Chicago) 4-2
Lenny Wilkens
1992−93LesteCentral5428.658Gañaron Primeira Rolda (New Jersey) 3-2
Perderon Semifinais de Conferencia (Chicago) 4-0
Lenny Wilkens
1993−94LesteCentral4735.573Perderon Primeira Rolda (Chicago) 3-0Mike Fratello
1994−95LesteCentral4339.524Perderon Primeira Rolda (New York) 3-1Mike Fratello
1995−96LesteCentral4735.573Perderon Primeira Rolda (New York) 3-0Mike Fratello
1996−97LesteCentral4240.512Perderon Primeira Rolda (Chicago) 3-0Mike Fratello
1997−98LesteCentral4735.573Perderon Primeira Rolda (Indiana) 3-1Mike Fratello
1998−99LesteCentral2228.440Mike Fratello
1999−2000LesteCentral3250.390Randy Wittman
2000−01LesteCentral3052.366Randy Wittman
2001−02LesteCentral2953.354John Lucas
2002−03LesteCentral1765.207John Lucas
Keith Smart
2003−04LesteCentral3547.427Paul Silas
2004−05LesteCentral4240.512Paul Silas
Brendan Malone
2005−06LesteCentral5032.610Gañaron Primeira Rolda (Washington) 4-2
Perderon Semifinais de Conferencia (Detroit) 4-3
Mike Brown
2006−07LesteCentral5032.610Gañaron Primeira Rolda (Washington) 4-0
Gañaron Semifinais de Conferencia (New Jersey) 4-2
Gañaron Finais de Conferencia (Detroit) 4-2
Perderon Finais da NBA (San Antonio) 4-0
Mike Brown
2007−08LesteCentral4537.549Gañaron Primeira Rolda (Washington) 4-2
Perderon Semifinais de Conferencia (Boston) 4-3
Mike Brown
2008−09LesteCentral6616.805Gañaron Primeira Rolda (Detroit) 4-0
Gañaron Semifinais de Conferencia (Atlanta) 4-0
Perderon Finais de Conferencia (Orlando) 4-2
Mike Brown
2009−10LesteCentral6121.744Gañaron Primeira Rolda (Chicago) 4-1
Perderon Semifinais de Conferencia (Boston) 4-2
Mike Brown
2010−11LesteCentral1963.232Byron Scott
2011−12LesteCentral2145.318Byron Scott
2012−13LesteCentral2458.293Byron Scott
2013−14LesteCentral3349.293Mike Brown
Tempada regular16181942.454
Playoffs7078.4730 Campionatos da NBA
Pechar

Xogadores

Cadro actual

Máis información Xogadores, Adestradores ...
Cleveland Cavaliers 2023–2024
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
P 31 Allen, Jarrett 2.06 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) Texas
E/A 21 Bates, Emoni 2.06 m (6 ft 9 in) 86 kg (190 lb) Eastern Michigan
B/E 10 Garland, Darius 1.85 m (6 ft 1 in) 87 kg (192 lb) Vanderbilt
B/E 2 Jerome, Ty 1.96 m (6 ft 5 in) 88 kg (195 lb) Virginia
P 30 Jones, Damian 2.08 m (6 ft 10 in) 111 kg (245 lb) Vanderbilt
B/E 3 LeVert, Caris 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Michigan
B/E 5 Merrill, Sam 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) Utah State
B/E 45 Mitchell, Donovan 1.91 m (6 ft 3 in) 98 kg (215 lb) Louisville
P 4 Mobley, Evan 2.11 m (6 ft 11 in) 98 kg (215 lb) USC
A/AP 15 Mobley, Isaiah 2.03 m (6 ft 8 in) 108 kg (238 lb) Southern California
A/AP 8 Nance, Pete 2.08 m (6 ft 10 in) 102 kg (225 lb) North Carolina
E/A 35 Okoro, Isaac 1.96 m (6 ft 5 in) 102 kg (225 lb) Auburn
B/E 9 Porter Jr., Craig 1.88 m (6 ft 2 in) 84 kg (186 lb) Wichita State
E/A 1 Strus, Max 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) DePaul
AP/P 13 Thompson, Tristan 2.06 m (6 ft 9 in) 115 kg (254 lb) Texas
AP/P 32 Wade, Dean 2.06 m (6 ft 9 in) 103 kg (228 lb) Kansas State
Adestrador
  • J. B. Bickerstaff
Asistente(s)
  • Greg Buckner
  • Omar Cook
  • Sidney Lowe
  • J.J. Outlaw
  • Nate Reinking

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 26-01-2024

Pechar

Dorsais retirados

Máis información N°, Xogador ...
Dorsais retirados dos Cleveland Cavaliers
Xogador Posición Anos
7Bobby "Bingo" SmithA1970–79
11Žydrūnas IlgauskasP1997–2010
22Larry NanceA/AP1988–94
25Mark PriceB1986–95
34Austin CarrB/E1971–80
42Nate ThurmondP1975–77
43Brad DaughertyP1986–94
Pechar

Membros do Hall of Fame

  • Chuck Daly (adestrador)
  • Wayne Embry (antigo presidente do equipo, e o primeiro afroamericano en exercer ese rol na NBA. Entrou como contribuínte).
  • Walt Frazier (xogador)
  • Nate Thurmond (xogador)
  • Lenny Wilkens (entrou como xogador e como adestrador).

Mellores rexistros de xogadores da franquía

Máis información Tipo, Xogador ...
Tipo Xogador Rexistro[1]
Número de encontros Žydrūnas Ilgauskas 771
Minutos xogados LeBron James 22 108
Puntos anotados LeBron James 15 251
Rebotes Žydrūnas Ilgauskas 5 904
Asistencias Mark Price 4 206
Perdas LeBron James 1 802
Roubos LeBron James 955
Tapóns Žydrūnas Ilgauskas 1 269
Lanzamentos anotados LeBron James 5 415
Porcentaxe de anotación de tiros de campo Mark West 55,3%
Triplas anotadas Mark Price 802
Porcentaxe de anotación de triplas Steve Kerr 47,2%
Tiros libres anotados LeBron James 3 650
Porcentaxe de anotación de tiros libres Mark Price 90,6%
Pechar

Galardóns individuais

Adestradores

  • Bill Fitch 1970–79
  • Stan Albeck 1979–80
  • Bill Musselman 1980–81
  • Don Delaney 1981
  • Bob Kloppenburg 1981 (interino)
  • Chuck Daly 1981–82
  • Bill Musselman 1982
  • Tom Nissalke 1982–84
  • George Karl 1984–86
  • Gene Littles 1986 (interino)
  • Lenny Wilkens 1986–93
  • Mike Fratello 1993–99
  • Randy Wittman 1999–2001
  • John Lucas 2001–03
  • Keith Smart 2003 (interino)
  • Paul Silas 2003–05
  • Brendan Malone 2005 (interino)
  • Mike Brown 2005–10
  • Byron Scott 2010–13
  • Mike Brown 2013–14
  • David Blatt 2014–2016
  • Tyronn Lue 2016–2018
  • Larry Drew 2018–presente

Medios de comunicación

Radio

WTAM (frequencia 1100 na AM) en Cleveland é a estación máis importante dunha rede de 16 emisoras dos Cavaliers.[2] O veterano locutor Joe Tait traballa como comentarista das xogadas na radio dende 1970, cun parón mentres o dono do equipo era Ted Stepien. Tait está considerado coma un dos locutores máis importantes no deporte profesional estadounidense.

Televisión

A televisión dos Cavaliers emite por cable e por satélite a través da rede de Fox Sports en Ohio, e tamén na WUAB (canle 43) de Cleveland, e é a máis importante dunha rede de sete emisoras.

Dende 2006, o locutor Fred McLeod e o analista e antigo xogador dos Cavs Scott Williams son os encargados de retransmiti-los encontros por televisión. McLeod foi nomeado en substitución do que o fora por moito tempo, Michael Reghi. A lenda dos Cavs Austin Carr é o analista da WUAB.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.