Juwan Howard

From Wikipedia, the free encyclopedia

Juwan Howard

Juwan Antonio Howard, nado o 7 de febreiro de 1973 en Chicago, Illinois, é un antigo xogador americano de baloncesto profesional. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Miami Heat. O seu fillo, Juwan Howard Jr., é tamén xogador profesional de baloncesto.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Juwan Howard
Thumb
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1973 (51 anos)
Chicago, Estados Unidos de América
EducaciónTroy High School (en)
Universidade de Míchigan
Chicago Vocational High School (en)
Altura206 cm
Peso109 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
Período de actividade1994 - 2013
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoAla-pivote e Pivote
Convocado porWashington Wizards
Traxectoria
  Equipo
Portland Trail Blazers
Dallas Mavericks
Miami Heat
Orlando Magic
Charlotte Hornets
Washington Wizards
Houston Rockets
Denver Nuggets
1991–1994 Michigan Wolverines
  Adestrador
2013–2019 Miami Heat (segundo adestrador)
2019–2024 Michigan Wolverines (head coach (en) )
Familia
FillosJoshua Howard, Juwan Howard Jr., Jace Howard, Jett Howard
Premios

Sitio webjuwanhoward.com
Pechar

Traxectoria deportiva

NBA

Howard foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 1994 polos Washington Bullets (chamados Wizards dende 1997), onde xogou seis tempadas e media, de 1994 a 2001. Xogou tres tempadas nos Houston Rockets de 2004 a 2007, pero non pasou máis de dúas tempadas para ningún outro equipo. Tras unha tempada nun dos mellores equipos de rookies, e outra sendo elixido no 3º Equipo All-NBA, converteuse no primeiro xogador da NBA en asinar un contrato de 100 millóns de dólares. Malia que seguiu xogando a bo nivel sendo titular, non conseguiu xogar de novo a nivel de All-Star. Durante as súas cinco primeiras tempadas na NBA, acadou 19.3 puntos por partido, pero dende entón, tan só fixo 17 puntos por partido en tres tempadas.

En 2010, asinou cos Miami Heat para xogar a súa 17ª tempada NBA,[1][2] durante a cal alcanzou os playoffs por sexta vez, e chegou por primeira vez na súa carreira ás Finais da NBA, perdendo contra os Dallas Mavericks por 4-2. O 10 de decembro de 2011, asinou de novo cos Heat,[3] e na tempada 2011-12, chegou de novo cos Heat ás Finais, desta vez contra os Oklahoma City Thunder. Desta vez, os Heat conseguiron gañar por 4-1, e Howard conseguiu o seu primeiro anel da NBA.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.