From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Memphis Grizzlies son un equipo profesional de baloncesto de Memphis, Tennessee. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Xunto aos Toronto Raptors, os Grizzlies foron fundados en 1995 como parte da expansión da NBA no Canadá. O equipo comezou en Vancouver, e trasladouse no ano 2001 a Memphis.
Memphis Grizzlies | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1995 |
Historia | Vancouver Grizzlies (1995–2001)Memphis Grizzlies (2001–presente) |
Cores | Azul, celeste |
G League | Memphis Hustle |
Localización | |
Cidade | Memphis, Tennessee |
Pavillón | FedExForum |
Capacidade | 18.119 espectadores |
Inauguración | 6 de setembro de 2004 |
Persoal | |
Propietario(s) | Robert Pera |
Director | Zachary Kleiman |
Adestrador | Taylor Jenkins |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 0 |
grizzlies.com |
Os Vancouver Grizzlies xunto ós Toronto Raptors convertéronse en franquías da National Basketball Association en 1995. Ámbolos dous equipos foron os primeiros en xogar no Canadá dende que o fixeran os Toronto Huskies na tempada 1946-1947. Inicialmente o equipo foi composto de xogadores conseguidos nun draft de expansión, sendo a primeira elección dos Grizzlies Bryant Reeves. Aínda que gañaron o seu primeiro partido na casa, acabaron a tempada 1995-1996 co peor balance da NBA, o normal para un equipo novo na liga. En 1996, os Grizzlies elixiron no draft a Shareef Abdur-Rahim no posto número tres. Pero os Grizzlies continuaban a loitar sen éxito, e na tempada 1996-1997 perderon 23 partidos seguidos (récord da NBA compartido cos Denver Nuggets), dende febreiro ata abril, a remataron co peor récord da liga de novo.
En 1997, os Grizzlies elixiron no draft a Antonio Daniels co número 4. Viuse unha lixeira melloría no equipo, que acabou no sexto posto da división. Pero volveron ó derradeiro posto na tempada seguinte, malia a elección do base Mike Bibby no segundo posto no draft de 1998. Na tempada da folga de 1999, só gañarían oito partidos.
Despois da folga, a asistencia á cancha dos Grizzlies comezou a descender, e os donos do equipo, a empresa OrcaBay (que tamén posuía os Vancouver Canucks da National Hockey League) comezou a perder cartos. Michael Heisley mercou o equipo en 2000, pero despois doutro ano con baixa venda de entradas, decidiu muda-lo equipo a Memphis, Tennessee.
Despois do traslado a Memphis na pretempada 2001-2002, o equipo contratou ó ex xogador de Los Angeles Lakers e membro do Hall of Fame da NBA Jerry West como General Manager en 2002, quen recibiría na tempada 2003-2004 o premio ó Executivo do Ano da NBA. No draft do ano 2001 elixiríase a Pau Gasol na terceira posición, que gañaría o premio ó Rookie do Ano. Na tempada 2002-2003 tamén sería fichado Hubie Brown como adestrador xefe. Logrou gañar o premio ó Adestrador do Ano na seguinte tempada tras alcanzar-los playoffs por primeira vez na historia dos Grizzlies quedando sextos de conferencia.
Hubie Brown foi despedido na tempada 2004-2005, no momento no que os Grizzlies estaban a ter un balance negativo. Jerry West asinou ó analista da TNT e antigo adestrador Mike Fratello. O balance mellorou e o equipo logrou entrar na postempada por segunda vez consecutiva. Os Grizzlies tiveron un período de vacacións moi activo, no que remodelaron o equipo e engadiron talento veterano. Perderon a Bonzi Wells, a Jason Williams, a Stromile Swift e a James Posey, pero adquiriron a Damon Stoudamire, a Bobby Jackson e a Eddie Jones.
Nesa tempada lograron chegar ós playoffs por terceira vez seguida, calificándose como quintos na Conferencia Oeste. Tiveron que enfrontarse ós Dallas Mavericks e foron barridos en catro partidos. A franquía de Memphis ten o récord de derrotas consecutivas en playoffs, 12, que fan tres anos sen gañar nin unha serie, e nin un encontro en postempada na curta historia da franquía.
O 22 de xaneiro de 2009, o adestrador Marc Iavaroni foi despedido e substituído temporalmente polo adestrador asistente de Iavaroni, Johnny Davis. Coma substituto, chegou Lionel Hollins o 25 de xaneiro de 2009.[1]
O 25 de xuño de 2009, coa segunda elección do Draft da NBA, os Grizzlies seleccionaron ao pivote Hasheem Thabbeet da Universidade de Connecticut, e seleccionaron máis tarde a DeMarre Carroll da Universidade de Missouri coa 27ª elección.
O 9 de setembro de 2009, os Grizzlies asinaron coma axente libre a Allen Iverson por un ano e 3.5 millóns de dólares. A fichaxe de Iverson xerou moita controversia debido á súa tempada anterior nos Detroit Pistons, a pesar de que el comentou que estaba impaciente e emocionado por axudar ao equipo. Malia as súas boas intencións, tan só xogar en tres partidos, ningún deles en Memphis, antes de deixar o equipo por "problemas persoais". Despois, foi cortado polos Grizzlies.[2]
Tras a saída de Iverson, os Grizzlies foron mellorando pouco a pouco. Coa adquisición de Zach Randolph xogando ao nivel de All-Star, a mellora de Marc Gasol e a entrega e intensidade da defensa, os Grizzlies foron candidatos a Playoffs durante gran parte da tempada 2009-10, antes de rematar 10º no Oeste, cun récord de 40-42.
Na tempada 2010-11, cumpríronse 10 anos de baloncesto en Memphis. Esta tempada foi diferente ás demais, cambiaron o deseño da pista cun logo do 10º aniversario nela. Malia que os Grizzlies e os seareiros estaban a celebrar o décimo aniversario, o equipo fixo unha gran tempada, e quedou 8º, clasificándose para os Playoffs. Remataron cun récord de 46-36 esa tempada.
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | Clasificado para Playoffs |
Tempada | Conferencia | División | Posición | V | D | % | PD | Playoffs | Adestrador |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vancouver Grizzlies | |||||||||
1995−96 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 15 | 67 | .183 | 44 | Brian Winters | |
1996−97 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 14 | 68 | .171 | 50 | Brian Winters Stu Jackson | |
1997−98 | Oeste | Medio-Oeste | 6º | 19 | 63 | .232 | 43 | Brian Hill | |
1998−99 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 8 | 42 | .160 | 29 | Brian Hill | |
1999−00 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 22 | 60 | .268 | 33 | Brian Hill Lionel Hollins | |
2000−01 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 23 | 59 | .280 | 35 | Sidney Lowe | |
Memphis Grizzlies | |||||||||
2001−02 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 23 | 59 | .280 | 35 | Sidney Lowe | |
2002−03 | Oeste | Medio-Oeste | 6º | 28 | 54 | .341 | 32 | Sidney Lowe Hubie Brown | |
2003−04 | Oeste | Medio-Oeste | 4º | 50 | 32 | .610 | 8 | Perde primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 0–4 | Hubie Brown |
2004−05 | Oeste | Suroeste | 4º | 45 | 37 | .549 | 14 | Perde primeira rolda vs. Phoenix Suns, 0–4 | Hubie Brown Lionel Hollins Mike Fratello |
2005−06 | Oeste | Suroeste | 3º | 49 | 33 | .598 | 14 | Perde primeira rolda vs. Dallas Mavericks, 0–4 | Mike Fratello |
2006−07 | Oeste | Suroeste | 5º | 22 | 60 | .268 | 45 | Mike Fratello Tony Barone | |
2007−08 | Oeste | Suroeste | 5º | 22 | 60 | .268 | 34 | Marc Iavaroni | |
2008−09 | Oeste | Suroeste | 5º | 24 | 58 | .293 | 30 | Marc Iavaroni Johnny Davis Lionel Hollins | |
2009−10 | Oeste | Suroeste | 4º | 40 | 42 | .488 | 15 | Lionel Hollins | |
2010−11 | Oeste | Suroeste | 3º | 46 | 36 | .561 | 15 | Gaña primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 4–2 Perde semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 | Lionel Hollins |
2011−12 | Oeste | Suroeste | 2º | 41 | 25 | .621 | 9 | Perde primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 3–4 | Lionel Hollins |
2012−13 | Oeste | Suroeste | 2º | 56 | 26 | .683 | 2 | Gaña primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 4–2 Gaña semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 4–1 Perde finais de Conferencia vs. San Antonio Spurs, 0–4 | Lionel Hollins |
2013−14 | Oeste | Suroeste | 3º | 50 | 32 | .610 | 12 | Perde primeira rolda vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 | David Joerger |
Memphis Grizzlies 2023–2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (a finais da temporada 2019−20)[3]
Outras estatísticas (a finais da temporada 2019−20)[4]
Minutos xogados
Rebotes
Asistencias
Roubos
Tapóns
Membros do Basketball Hall of Fame dos Memphis Grizzlies | ||||
Xogadores | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
3 | Allen Iverson | B / E | 2009 | 2016 |
Contribuidores | ||||
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
– | Hubie Brown | Adestrador | 2002–2005 | 2005 |
Mellor Defensor
|
Primeiro equipo defensivo
Segundo Equipo defensivo
|
Primeiro equipo rookie
Segundo equipo rookie
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.