Rick Adelman

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rick Adelman

Richard Leonard "Rick" Adelman, nado o 16 de xuño de 1946 en Lynwood (California) é un ex xogador americano profesional de baloncesto e actual adestrador de baloncesto. Foi adestrador dos Golden State Warriors, Portland Trail Blazers, Sacramento Kings, Houston Rockets e Minnesota Timberwolves.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Rick Adelman
Thumb
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1946 (78 anos)
Lynwood, Estados Unidos de América
EducaciónPius X High School (en)
Loyola Marymount University (en)
Chemeketa Community College (en)
Altura185 cm
Peso80 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto
Período de actividade1968 - 1975
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoBase
Convocado porHouston Rockets
Traxectoria
  Equipo
Portland Trail Blazers
Sacramento Kings
Utah Jazz
Chicago Bulls
Minnesota Timberwolves
Golden State Warriors
1965–1968 Loyola Marymount Lions men's basketball
Pechar

Traxectoria coma xogador

Adelman comezou a súa carreira na Universidade de Loyola dos Ánxeles, agora coñecida como Universidade de Loyola Marymount. No Draft da NBA de 1968, foi elixido polos San Diego Rockets (agora Houston Rockets) na 7ª rolda. Xogou dúas tempadas en San Diego antes de ser elixido polos Portland Trail Blazers no draft de expansión de 1970; xogou entón tres tempadas en Portland. Ademais, xogou para os Chicago Bulls, New Orleans Jazz, e para os Kansas City-Omaha Kings. Rematou a súa carreira coma xogador en 1975.

Traxectoria coma adestrador

De 1977 a 1983, adestrou ao Chemeketa Community College en Salem, Oregón, e despois foi contratado polos Portland Trail Blazers coma asistente do adestrador Jack Ramsay. Cando Ramsay foi despedido e substituído por Mike Schuler en 1986, Adelman continuou coma asistente; cando Schuler foi despedido durante a tempada 1989-90, Adelman foi o adestrador provisional. Tras levar ó equipo aos Playoffs ese ano, Adelman converteuse no adestrador principal ao remate da tempada.

Os seguintes tres anos foron moi exitosos para Adelman e os seus Blazers; o equipo chegou ás Finais da NBA en 1990 e 1992 (perdendo contra os Detroit Pistons e contra os Chicago Bulls, respectivamente), e chegou ás finais da Conferencia Oeste en 1991 (onde perderon contra os Los Angeles Lakers). Adelman pasou outros dous anos no equipo antes de ser destituído ó remate da tempada 1993-94.

En 1995, foi contratado como adestrador dos Golden State Warriors. Foi incapaz de repetir o éxito conseguido en Portland, e foi despedido dous anos máis tarde.

Tras un ano fóra das pistas, Adelman foi contratado polos Sacramento Kings en 1999. Con Adelman ao mando, os Kings foron un dos equipos con máis éxito da Conferencia Oeste, clasificándose para os Playoffs durante cada ano da etapa de Adelman en Sacramento.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.