Damian Lillard

From Wikipedia, the free encyclopedia

Damian Lillard

Damian Lamonte Ollie Lillard Sr., nado o 5 de xullo de 1990 en Oakland (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Damian Lillard
Thumb
(2013)
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1990 (34 anos)
Oakland, Estados Unidos de América
Outros nomesDame D.O.L.L.A
Grupo étnicoAfroamericano
EducaciónWeber State University (en) (2008–2012)
Oakland High School
St. Joseph Notre Dame High School (en)
Altura188 cm
Peso195 lb
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, rapeiro, actor
Período de actividade2012 -
InstrumentoVoz
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoBase
Número deportivo0
Convocado porPortland Trail Blazers (28 de xuño de 2012)
Traxectoria
  Equipo
2008–2012 Weber State Wildcats men's basketball
2012–2023 Portland Trail Blazers
2023– Milwaukee Bucks
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (1º)
22 de decembro de 2020Temporada da NBA de 2020-21 (pt)
outubro de 2019Temporada da NBA de 2019–20 (pt)
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA
17 de outubro de 2017Tempada 2017-18 da NBA
25 de outubro de 2016Tempada 2016-17 da NBA
27 de outubro de 2015Tempada 2015-16 da NBA
28 de outubro de 2014Tempada 2014-15 da NBA
29 de outubro de 2013Tempada 2013-14 da NBA
30 de outubro de 2012Tempada 2012-13 da NBA
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webdamedolla.com
TV.com: people/damian-lillard
Pechar

Instituto

Lillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]

Traxectoria universitaria

Na tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dende Rodney Stuckey en 2006.

Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]

Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.

Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.

Traxectoria profesional

O 28 de xuño de 2012, Lillard foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o 31 de outubro e 2012 contra os Los Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois de Oscar Robertson e Isiah Thomas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.