From Wikipedia, the free encyclopedia
Jason Frederick Kidd, nado o 23 de marzo de 1973 en San Francisco, California, é un antigo xogador profesional e adestrador de baloncesto estadounidense, que actualmente traballa como adestrador asistente dos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Previamente xogou na posición de base na NBA, foi 10 veces All-Star, cinco veces membro do primeiro Equipo All-NBA, e nove veces membro do equipo All-Defensive da NBA. Na súa honra os Brooklyn Nets retiraron o seu dorsal 5.
Kidd naceu sendo o sétimo fillo de Steve e Anne Kidd, el afroamericano, ela descendente de irlandeses. Creceu nun barrio de clase media-alta en Oakland (California). Nos playgrounds desa cidade coincidiu en numerosas ocasións con outra base xa mítico da liga, Gary Payton. Xogou ó baloncesto universitario nos California Golden Bears antes de ser elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 1994 polos Dallas Mavericks. Foi nomeado co-Rookie do Ano da NBA na súa tempada cos Mavericks. De 1996 a 2001 xogou cos Phoenix Suns, e máis tarde cos New Jersey Nets de 2001 a 2008, ós cales levou a dúas Finais da NBA en 2002 e en 2003. A mediados da tempada 2007-08, foi traspasado de novo a Dallas, onde gañou o seu primeiro e único anel da NBA coma xogador en 2011. Tras rematar a súa carreira coma xogador nos New York Knicks na tempada 2012-13, asinou unha semana despois de retirarse cos Brooklyn Nets coma adestrador principal.
A súa versatilidade de xogo fíxoo un xogador que asinaba habitualmente triplos-dobres (é dicir, máis de dez puntos, rebotes e asistencias nun mesmo encontro) e retirouse sendo o terceiro que máis conseguiu da historia de NBA en liga regular e o segundo en play-offs. É alcumado por iso ás veces como "Mr. Triple Double", aínda que é máis habitual o sobrenome de "J-Kidd". Gañou ademais dúas medallas de ouro coa selección estadounidense, en 2000 e en 2008.
Tras deixar o instituto Kidd matriculouse na Universidade de California, Berkeley para xogar nos Golden Bears do devandito centro, próximo ao seu fogar e enrolado na división Pacific Ten Conference da NCAA. Durante a súa estancia na universidade foi elixido para o First Team All-American durante o seu segundo ano, ademais conseguiu coa súa contribución que os Golden Bears aparecesen por dúas veces no torneo final da NCAA.
En 1994 declárase elixible para o Draft da NBA de 1994, sendo escollido polos Dallas Mavericks na segunda posición. Durante a súa primeira tempada fixo máis de 11 puntos 5 rebotes e 7 asistencias por partido, medias que lle fixeron merecedor de compartir con Grant Hill (dos Detroit Pistons) o premio de Rookie do Ano.
Na tempada 96-97 Kidd é traspasado aos Phoenix Suns e comeza alí unha andaina de cinco anos onde non fai máis que confirmarse como un dos mellores bases do momento.
Un incidente marca a carreira de Jason Kidd e o final da súa traxectoria en Phoenix, cidade que serve como residencia a unha elevada cifra de xubilados en USA e tradicionalmente un lugar de conviccións non moi liberais. A lenda di que tras un esaxerado castigo a un dos seus fillos por un simple prato de patacas fritas, Jason Kidd e a súa muller Juwana, muller de coñecido e marcado temperamental carácter, comezaron unha acalorada discusión que ao parecer acaba violentamente. Este suceso escandaliza, evidentemente, á sociedade da cidade de Arizona e Kidd é traspasado aos Nets.
A franquía de Meadowlands fora até ese ano 2001 unha das máis históricas perdedoras do deporte profesional americano. A chegada de Jason Kidd cambia por completo o panorama, xunto ao número 1 do draft de 2000 Kenyon Martin e ao sistema de Byron Scott adestrador principal dos Nets. Durante as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 os de Nova Jersey dominaron a Conferencia Leste e alcanzan as finais da NBA, con todo, en ambas as ocasións perderon, unha ante Los Angeles Lakers e outra ante San Antonio Spurs.
En xullo de 2004 intervénselle dunha microrotura no xeonllo, lesión da que moitos xogadores como Allan Houston, Penny Hardaway, Chris Webber ou o propio Kenyon Martin nunca conseguiron recuperarse para volver ao seu nivel. Ese feito unido ao desmenbramento do equipo que levantara aos Nets ao primeiro posto da súa conferencia dado o traspaso de Kerry Kittles a non renovación de Martin e a polémica saída do adestrador polos seus problemas cos xogadores, principalmente con Kidd non auguraban bos tempos.
A pesar de todo o 5 dos Nets volveu e grazas á incorporación de Vince Carter mediada a competición, volveron coarse en playo-ffs e en 2006 conquistaron novamente o título da División Atlántico. con todo, en ámbalas postempadas os Miami Heat cruzáronse no seu camiño. En 2007 Jason Kidd volveu ao seu mellor nivel o que lle valeu para ser incluído no All-Star Game.
O 19 de febreiro de 2008 é traspasado a Dallas Mavericks xunto a Malik Allen, Antoine Wright, dúas futuras eleccións no draft e diñeiro en metálico por Devin Harris, DeSagana Diop, Maurice Ager, Keith Van Horn e Trenton Hassell. Kidd é xa parte da historia do baloncesto en Estados Unidos, sendo o terceiro xogador que máis triplos-dobres conseguiu na NBA só por detrás de Magic Johnson e Oscar Robertson. Así mesmo, conseguiu situarse como o segundo xogador con máis asistencias na historia da NBA, tras John Stockton, superando a Mark Jackson.
O 5 de xullo de 2012, Kidd anunciou un acordo por tres anos cos New York Knicks.[1]
Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
%3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994–95 | Dallas | 79 | 79 | 33.8 | .385 | .272 | .698 | 5.4 | 7.7 | 1.9 | .3 | 11.7 |
1995–96 | Dallas | 81 | 81 | 37.5 | .381 | .336 | .692 | 6.8 | 9.7 | 2.2 | .3 | 16.6 |
1996–97 | Dallas | 22 | 22 | 36.0 | .369 | .323 | .667 | 4.1 | 9.1 | 2.0 | .4 | 9.9 |
1996–97 | Phoenix | 33 | 23 | 35.5 | .423 | .400 | .688 | 4.8 | 9.0 | 2.4 | .4 | 11.6 |
1997–98 | Phoenix | 82 | 82 | 38.0 | .416 | .313 | .799 | 6.2 | 9.1 | 2.0 | .3 | 11.6 |
1998–99 | Phoenix | 50 | 50 | 41.2 | .444 | .366 | .757 | 6.8 | 10.8 | 2.3 | .4 | 16.9 |
1999–00 | Phoenix | 67 | 67 | 39.0 | .409 | .337 | .829 | 7.2 | 10.1 | 2.0 | .4 | 14.3 |
2000–01 | Phoenix | 77 | 76 | 39.8 | .411 | .297 | .814 | 6.4 | 9.8 | 2.2 | .3 | 16.9 |
2001–02 | New Jersey | 82 | 82 | 37.3 | .391 | .321 | .814 | 7.3 | 9.9 | 2.1 | .2 | 14.7 |
2002–03 | New Jersey | 80 | 80 | 37.4 | .414 | .341 | .841 | 6.3 | 8.9 | 2.2 | .3 | 18.7 |
2003–04 | New Jersey | 67 | 66 | 36.6 | .384 | .321 | .827 | 6.4 | 9.2 | 1.8 | .2 | 15.5 |
2004–05 | New Jersey | 66 | 65 | 36.9 | .398 | .360 | .740 | 7.4 | 8.3 | 1.9 | .1 | 14.4 |
2005–06 | New Jersey | 80 | 80 | 37.2 | .404 | .352 | .795 | 7.3 | 8.4 | 1.9 | .4 | 13.3 |
2006–07 | New Jersey | 80 | 80 | 36.7 | .406 | .343 | .778 | 8.2 | 9.2 | 1.6 | .3 | 13.0 |
2007–08 | New Jersey | 51 | 51 | 37.2 | .366 | .356 | .820 | 8.1 | 10.4 | 1.5 | .3 | 11.3 |
2007–08 | Dallas | 29 | 29 | 34.9 | .426 | .461 | .815 | 6.5 | 9.5 | 2.1 | .4 | 9.9 |
2008–09 | Dallas | 81 | 81 | 35.6 | .416 | .406 | .819 | 6.2 | 8.7 | 2.0 | .5 | 9.0 |
2009–10 | Dallas | 80 | 80 | 36.0 | .423 | .425 | .808 | 5.6 | 9.1 | 1.8 | .4 | 10.3 |
2010–11 | Dallas | 80 | 80 | 33.2 | .361 | .340 | .870 | 4.4 | 8.2 | 1.7 | .4 | 7.9 |
2011–12 | Dallas | 48 | 48 | 28.7 | .363 | .354 | .786 | 4.1 | 5.5 | 1.7 | .2 | 6.2 |
2012–13 | New York | 76 | 48 | 26.9 | .372 | .351 | .833 | 4.3 | 3.3 | 1.6 | .3 | 6.0 |
Total | 1391 | 1350 | 36.0 | .400 | .349 | .785 | 6.3 | 8.7 | 1.9 | 0.3 | 12.6 | |
All-Star | 9 | 5 | 23.2 | .525 | .478 | .833 | 3.4 | 7.7 | 2.7 | .0 | 6.4 |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1997 | Phoenix | 5 | 5 | 41.4 | .396 | .364 | .526 | 6.0 | 9.8 | 2.2 | .4 | 12.0 |
1998 | Phoenix | 4 | 4 | 42.8 | .379 | .000 | .813 | 5.8 | 7.8 | 4.0 | .5 | 14.3 |
1999 | Phoenix | 3 | 3 | 42.0 | .419 | .250 | .714 | 2.3 | 10.3 | 1.7 | .3 | 15.0 |
2000 | Phoenix | 6 | 6 | 38.2 | .400 | .364 | .778 | 6.7 | 8.8 | 1.8 | .2 | 9.8 |
2001 | Phoenix | 4 | 4 | 41.5 | .319 | .235 | .750 | 6.0 | 13.3 | 2.0 | .0 | 14.3 |
2002 | New Jersey | 20 | 20 | 40.2 | .415 | .189 | .808 | 8.2 | 9.1 | 1.7 | .4 | 19.6 |
2003 | New Jersey | 20 | 20 | 42.6 | .402 | .327 | .825 | 7.7 | 8.2 | 1.8 | .2 | 20.1 |
2004 | New Jersey | 11 | 11 | 43.1 | .333 | .208 | .811 | 6.6 | 9.0 | 2.3 | .5 | 12.6 |
2005 | New Jersey | 4 | 4 | 45.5 | .388 | .367 | .545 | 9.0 | 7.3 | 2.5 | .0 | 17.3 |
2006 | New Jersey | 11 | 11 | 40.9 | .371 | .300 | .826 | 7.6 | 9.6 | 1.5 | .2 | 12.0 |
2007 | New Jersey | 12 | 12 | 40.3 | .432 | .420 | .520 | 10.9 | 10.9 | 1.8 | .4 | 14.6 |
2008 | Dallas | 5 | 5 | 36.0 | .421 | .462 | .625 | 6.4 | 6.8 | 1.4 | .4 | 8.6 |
2009 | Dallas | 10 | 10 | 38.6 | .458 | .447 | .850 | 5.8 | 5.9 | 2.2 | .3 | 11.4 |
2010 | Dallas | 6 | 6 | 40.5 | .304 | .321 | .917 | 6.8 | 7.0 | 2.3 | .2 | 8.0 |
2011 | Dallas | 21 | 21 | 35.4 | .398 | .374 | .800 | 4.5 | 7.3 | 1.9 | .5 | 9.3 |
2012 | Dallas | 4 | 4 | 36.0 | .341 | .346 | .900 | 6.0 | 6.0 | 3.0 | .3 | 11.5 |
2013 | New York | 12 | 0 | 20.6 | .120 | .176 | 1.000 | 3.5 | 2.0 | 1.0 | .3 | .9 |
Total | 158 | 146 | 38.5 | .391 | .322 | .781 | 6.7 | 8.0 | 1.9 | 0.3 | 12.9 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Baloncesto | |||
Selección Masculina de Baloncesto | |||
Xogos Olímpicos | |||
Sidney 2000 | Estados Unidos | ||
Pequín 2008 | Estados Unidos | ||
FIBA Americas Championship | |||
San Juan 1999 | Estados Unidos | ||
San Juan 2003 | Estados Unidos | ||
Las Vegas 2007 | Estados Unidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.