World Wrestling Entertainment
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
World Wrestling Entertainment, comunmente coñecida como WWE, é a promoción de loita libre máis grande do mundo. Actualmente é unha compañía pública na bolsa de valores, na que a gran maioría das accións votantes (70%) pertencen ó presidente Vince McMahon, a súa muller e Principal Oficial Executivo Linda McMahon, ao seu fillo e vicepresidente de Información Global, Shane McMahon, e a súa filla e vicepresidente de Obras Creativas, Stephanie McMahon-Levesque. As oficinas da WWE atópanse en Stamford, Connecticut, Estados Unidos.
Ao largo da súa historia a World Wrestling Entertainment levou os seguintes nomes: Capitol Wrestling Corporation, World Wide Wrestling Federation (WWWF) e World Wrestling Federation, ou WWF.
En 1980 Vincent K. McMahon fundou Titan Sports, Inc. e en 1982 comprou a empresa Capitol Sports de seu pai, Vincent J. McMahon. Desde os 12 anos de idade, Vince envolveuse no negocio da loita libre até que seu pai decidiu retirarse. O vello McMahon xa consolidara o territorio do nordeste como un dos membros máis recoñecidos e enérxicos da National Wrestling Alliance, ao recoñecer que a loita libre profesional era máis entretemento ca deporte. En contra dos desexos de seu pai, McMahon comezou un proceso de expansión.
Outros promotores enfurecéronse cando McMahon comezou a sindicar os eventos da WWF a estacións de televisión ao redor dos Estados Unidos, en áreas fóra do territorio tradicional da WWF (o nordeste). McMahon tamén comezou a vender cintas de vídeo dos eventos da WWF do Nordeste por medio da súa compañía de distribución Coliseum Video. Ademais McMahon usou os ingresos xerados pola publicidade, contratos televisivos e vendas de cintas para roubarlles talentos aos promotores rivais.
De acordo con varios informes, Vincent pai advertiulle o seu fillo que non continuase coas súas accións. Porén, McMahon tiña a ambición de mover a WWF ao redor da nación. Tal acción requiría un grande investimento de capital, unha cantidade tal que podía pór á WWF ó bordo dun colapso financeiro. O concepto novo de entretemento deportivo de McMahon, Wrestlemania, foi un evento de pay-pew-view que Vincent K. McMahon publicitou como o Super Bowl da loita libre profesional.
O concepto dunha super carteleira de loita libre non era novo en Norteamérica. A NWA realizaba Starrcade desde había varios anos antes de WrestleMania, e até o vello Vincent K. McMahon promocionara grandes carteleiras no Shea Stadium de Nova York, transmitidas por circuíto fechado en varios lugares. McMahon quería levar a WWF aos canais principais, impactando o público xeral, que non era fanático da loita libre. Obtivo o interese dos medios principais tras invitar a celebridades como Mr. T e Cyndi Lauper a participar. MTV, en particular, tiña unha gran cobertura e programación da WWF naqueles momentos, no que foi chamado a Rock 'n' Wrestling Connection (conexión rock e loita libre).
A WWE formouse no 2001, trala compra das acción da ECW e da WCW por parte da WWF, despois de que entrasen en bancarrota. A adquisición levouse a cabo mediante a storyline -invansión- na que os loitadores da ECW xunto cos da WCW se enfrontaban aos da WWF. Esta loita saldouse coa vitoria por parte da WWF no evento Survivor Series dese mesmo ano. Posteriormente a WWE dividiu os seus loitadores en dous equipos: RAW, programa televisado os luns, e Smackdown, programa televisado os venres. Cada equipo tería os seus propios ppv, coa excepción de Royal Rumble, Wrestlemania, Summerslam e Survivor Series, dos que formarían parte ambos. No 2006 a WWE formou un novo equipo que levaba as siglas de ECW e, ó igual que a antiga. Estivo liderado por Paul Heyman até decembro do 2006. Coa súa formación os loitadores da ECW enfrontáronse aos da WWE.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.