From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tampere Jazz Happening é un festival de jazz que se celebra cada ano dende 1982 na cidade de Tampere, Finlandia. Dende 1990 está producido por Tampereen musiikkijuhlat (en galego "Festivais Musicais de Tampere"). Durante o festival escóitanse tanto figuras destacadas do jazz moderno internacional como talentos emerxentes do jazz finlandés. Entre as súas sedes inclúense Klubi e Telakka, no Centro Cultural Tullikamari. Amais da música, o festival tamén inclúe proxeccións de cine sobre jazz, obradoiros e arte.[1]
Tampere Jazz Happening | |
---|---|
O batería de King Crimson Pat Mastelotto no Tampere Jazz Happening de 2005. | |
Localización | Tampere, Finlandia |
Anos | 1982–presente |
Nº edicións | |
Fundadores | |
Data | |
Xénero | Jazz |
Organizador | |
Web oficial | tamperejazz.fi |
Na rede |
En 2017 o festival foi galardoado polo Europe Jazz Networkin co Premio EJN Award for Adventurous Programming polo deseño dun programa musical visionario e atractivo para a audiencia.[2]
Ao longo da súa historia exerceron como directores executivos e planificadores de programa para o evento:[3]
Polo escenario do Tampere Jazz Happening teñen pasado figuras como Don Cherry (1992),[4] Ornette Coleman (1995),[5] Cecil Taylor (1998),[6] Sam Rivers (2001),[7] Tony Allen (2008, 2017)[8][9] e Ginger Baker (2015).[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.