Remove ads
médico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan José García Cota, nado na Estrada o 16 de xuño de 1966, é un médico galego, especializado en medicina deportiva.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1966 (58 anos) A Estrada, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Fillo dun garda civil[1], licenciouse en Medicina e Cirurxía e posteriormente especializouse en medicina deportiva. Traballa como traumatólogo na medicina privada.
Ademais é médico do Celta de Vigo[2] e foino da selección española masculina de fútbol durante vinte e tres anos. Foino primeiro nas categorías inferiores, e logo desde os Mundiais de Suráfrica en 2010 da selección absoluta, cando o combinado español se proclamou campión do mundo. Continuou a selo de maneira continuada durante outras competicións internacionais, incluíndo os mundiais de Brasil 2014, Rusia 2018 e Qatar 2022. Ao pouco de rematar o mundial de Qatar, e despois da destitución do seleccionador Luis Enrique, a finais de decembro Cota tamén foi apartado das responsabilidades como médico da selección masculina[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.