futbolista e adestrador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Odilio Bravo González, nado no Carballiño o 1 de setembro de 1916 e finado en Málaga o 16 de febreiro de 2004, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1916 O Carballiño, España |
Morte | 16 de febreiro de 2004 (87 anos) Málaga, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Aínda que naceu no Carballiño, viviu en Vigo dende pequeno. Na cidade viguesa comezou xogando ao fútbol no Peña Colón e no Rápido de Bouzas, e máis tarde xogou en equipos cataláns como o Vilafranca ou o Gràcia.[2] Colgou as botas no ano 1951 e ese mesmo ano realizou o curso de adestradores na escola de preparadores de Barcelona. Na cidade condal adestrou ao Universitario de Barcelona, o equipo da Universidade de Barcelona. Regresou a Vigo a mediados de xullo de 1952, debutando como adestrador do Celta de Vigo na pretempada por América de 1952.
Porén, dimitiu despois de 20 xornadas a causa dos malos resultados. Foi substituído por Armando, que á súa vez foino por Luis Urquiri, salvándose o equipo do descenso na liga de descenso grazas á renuncia do España Industrial a ascender a Primeira División.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.