Armando Márquez Ligorri

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Armando Márquez Ligorri, nado en Vigo en 1908, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, que xogaba na demarcación de defensa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Armando Márquez Ligorri
Biografía
Nacemento1908 (116/117 anos)
Vigo, España
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Deportefútbol
Traxectoria
  Equipo
1939–1940   Celta de Vigo 4(0)
  Adestrador
1945–1946   Celta de Vigo
1950–1951 Unión Deportiva Orensana
1952–1953   Celta de Vigo
Pechar

Traxectoria

Como futbolista xogou na máxima categoría no Celta de Vigo na primeira tempada deste en Primeira División Española a 1939-40, disputando 4 encontros e finalizando o contrato ao rematar a mesma.

Seguiu vinculado ao club como masaxista, preparador físico, e segundo adestrador. Como técnico adestrou ao Celta de Vigo en Primeira División en dúas etapas.

En decembro de 1945 asumiu o posto de adestrador ao deixar o cargo Platko por enfermidade trala xornada 11, até a chegada ao equipo de Ricardo Zamora, do que foi axudante. Na tempada 1947-48 acadaron o 4º posto e o subcampionato da Copa de España. Xa na tempada 1952-53 supliu o ourensán Odilo Bravo logo de caer na 20ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña no Estadio de Riazor. Porén, Armando Márquez foi substituído trala xornada 30 por José Iraragorri.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.