Isaac Fernández

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Isaac Fernández Vila, nado en Vigo o 28 de maio de 1979, é un exfutbolista galego, que ocupou a posición de centrocampista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Isaac Fernández
Biografía
Nacemento(es) Isaac Fernández Vila
28 de maio de 1979 (45 anos)
Vigo, España
Altura1,79 m
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista
Número deportivo19
Traxectoria
  Equipo
1999–2000 cesión:    Racing de Ferrol 1(0)
2000–2004   Celta Fortuna 87(3)
2004–2006   Celta de Vigo 10(0)
2006–2006 cesión:    Racing de Ferrol 4(0)
  Selección nacional
2005–2005   Galicia 1(0)
Pechar

Traxectoria

Deuse a coñecer no xuvenil do Celta de Vigo. Na tempada 1999-2000 estivo cedido no Racing Club de Ferrol, pero apenas contou para o adestrador e volveu ao filial do Celta. Converteuse nunha peza indispensable do equipo que quedou campión de 3ª División na tempada 2000-01, e ascendeu a 2ª División B, e do equipo que quedou campión da Copa Federación. En agosto de 2004 ascendeu definitivamente ao primeiro equipo do Celta, e fixo o seu debut no partido da primeira xornada de liga contra o Almería. Esa tempada xogou un total de 10 partidos, terminando a tempada como subcampión de 2ª División e ascendendo a primeira.

Comeza a tempada 05/06 co primeiro equipo do Celta, pero por non ter minutos de xogo, no mercado de inverno decidiu volver cedido ó Racing de Ferrol, que se atopa na categoría de prata, onde disputou tan só 4 partidos. Ao finalizar a tempada decidiu retirarse debido ás lesións.

Palmarés

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.