empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Bernardino Ramilo Fernández-Areal, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 24 de maio de 1928 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2006, foi un empresario e político, alcalde de Vigo.
Nome orixinal | (es) Antonio Ramilo Fernández-Areal |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de maio de 1928 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 25 de xaneiro de 2006 (77 anos) Vigo, España |
Presidente Confederación de Empresarios de Galicia | |
1991 – 2000 – Antonio Fontenla → | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 25 de novembro de 1974 – Joaquín Queizán Taboada → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
29 de marzo de 1971 – 12 de novembro de 1971 ← Manuel Paz Sánchez Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Vigo | |
1970 – 1974 ← Rafael Portanet – Joaquín García Picher → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Premios | |
Traballou en Madrid e estudou leis, especializándose en Dereito Marítimo, nas universidades Complutense e de Deusto. En 1955 instalouse en Vigo. Ocupou o posto de conselleiro delegado na empresa familiar, Ramilo S.A., adicada á extracción de granito.
En 1970 foi nomeado alcalde, cargo que compatibilizou co de Procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra e co de presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Durante a súa alcaldía aprobouse o primeiro PXOU de Vigo, e promoveu a urbanización dos barrios da Travesía de Vigo e de Coia. Amais, celebrouse a primeira edición da World Fishing Exhibition e iniciouse o proxecto do Zoo da Madroa promovido por Rafael Portanet.[1]
En setembro de 1974 foi substituído na alcaldía por Joaquín García Picher, e volveu ó asociacionismo empresarial, sendo presidente do Consello Provincial de Empresarios ata 1976. Ese ano participou na fundación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e no 77 da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Membro da Confederación de Empresarios de Galicia dende 1981 presidiuna dende 1991, deixando o cargo no 2000 tras descubrirse irregularidades contables na entidade[2].
Foi dirixente de Acción Democrática Española. De 1986 a 1989 foi senador por Alianza Popular.
Estaba casado e tivo sete fillos, entre eles o empresario e político Antonio Ramilo Rodríguez de Robles[3].
Predecesor: Rafael Portanet |
Alcalde de Vigo 1970-1974 |
Sucesor: Joaquín García Picher |
Predecesor: José Pablo Rodríguez-Martiñán |
Presidente da CEG 1991 - 2000 |
Sucesor: Antonio Fontenla |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.