futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro Menéndez García, nado en Xixón o 12 de xullo de 1966, é un adestrador de fútbol español. En xaneiro de 2025 comezou a adestrar o Racing de Ferrol.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1966 (58 anos) Xixón, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de fútbol, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Comezou a adestrar na Escola de fútbol de Mareo nas categorías inferiores do Sporting de Xixón. En 2004 gañou a Copa de Campións de División de Honra Xuvenil[1], e un ano despois quedou subcampión desa mesma competición e na Copa do Rei Xuvenil.
Posteriormente o Real Madrid contratouno para o seu equipo xuvenil e gañou de novo a Copa de Campións en 2006[2]
No ano 2007 fichou polo Celta de Vigo B, na Segunda División B, equipo ao que dirixiría ata 2010, salvo un breve tempo no que dirixiu o primeiro equipo nas últimas xornadas da tempada 2007/08 para substituír a Antonio López[3].
En 2009 foi contratado polo Real Madrid Castilla, pero en 2011 foi cesado e substituído por Alberto Toril.
O 5 de marzo de 2013 fichou polo Racing de Santander, en substitución de José Aurelio Gay.[4] En xullo foi substituído por Paco Fernández.
En 2025 fichou polo Racing de Ferrol.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.