Premios da Cultura Galega
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse rodeados de polémica[1] por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.
Categorías
Os premios distribúense en sete categorías[2]:
- Premio Cultura Galega das Artes Plásticas
- Premio Cultura Galega das Artes Escénicas
- Premio Cultura Galega das Letras
- Premio Cultura Galega de Música
- Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
- Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual
- Premio Cultura Galega de Proxección Exterior (anteriormente Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia)
- Premio Cultura Galega de Lingua
Premios
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.