Remove ads
músico e compositor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rogelio Groba Groba, nado o 16 de xaneiro de 1930 en Guláns (Ponteareas) e finado o 1 de xaneiro de 2023 na Coruña,[1] foi un músico e compositor galego. Logo de anos residindo en Suíza regresou a Galicia, onde durante 23 anos foi director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Tamén na cidade da Coruña creou e dirixiu a Orquesta da Coruña e a súa sucesora, a Orquesta de Cámara Municipal, e foi un dos promotores da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi compositor asociado. Tamén fundou a Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ademais do seu labor como director de orquestra e compositor, Groba desenvolveu un importante labor no eido da educación. Foi mestre do Conservatorio da Coruña, do cal foi director durante vinte anos, e puxo en marcha moitos conservatorios en Galicia.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1930 Guláns, España |
Morte | 31 de decembro de 2022 (92 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor |
Período de actividade | 1968 - 2023 |
Premios | |
| |
Rogelio Groba Groba naceu na casa da súa avoa materna, María, no lugar do Lameiro da parroquia ponteareá de Guláns ás 11:00 horas do día 16 de xaneiro de 1930. Foi o segundo fillo de Aurora Groba e Gabino Groba, e o maior dos sobreviventes da parella, que casaría dous anos despois do seu nacemento. Seu pai, xordomudo,[a] acudía con el aos ensaios da Banda de Música A Unión de Guláns, entrando así en contacto coa música.[4][5]
Foi precisamente na banda ponteareá onde deu os seus primeiros pasos na música, onde comezou os seus estudos de música aos once anos tocando o piccolo.[6][7] Os progresos de Groba levárono en 1943 a ser aceptado, con tan só 13 anos, como piccolo solista da banda de Guláns, mudando así o seu alcume de "o fillo do mudo" a "o frautín de Guláns".[4]
Ós dezasete continúa en Vigo.
En 1947, con 17 anos, converteuse en director da Banda de Música A Unión de Guláns, posto no que permaneceu ata 1952.[8][9]
Aos 20 anos inicia os seus estudos de composición no Real Conservatorio de Música de Madrid. Na capital de España estudou con Julio Gómez, finalizando os seus estudos cos primeiros premios en harmonía, contrapunto e fuga. Paralelamente á súa formación no conservatorio madrileño exerceu a dirección en diversas bandas de ventos e agrupacións corais.[7]
En 1962 trasladouse a Suíza, onde dirixiu diversas agrupacións, realizou algunhas composicións e entrou en contacto cos movementos que daquela estaban a revolucionar a música culta europea. No país helvético deixaría pegada, chegando a organzarse ata catro festivais co seu nome,[10] En 1966 naceu a súa primeira filla, Clara Groba Otero.[11]
De volta a Galicia dirixe as bandas municipais da Estrada, Tui e Ponteareas. Tras un breve paso por Cidade Real, retorna a Galicia en 1968 como director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Pouco despois creou na Coruña a Orquesta da Coruña, que el mesmo dirixiu, e que sería substituída pola Orquesta de Cámara Municipal que tamén dirixiu el mesmo.[12]
En 1971 nacía en Ponteareas o seu segundo fillo, Rogelio Groba Otero.[13]
Dirixiu tamén o Conservatorio, a Coral Polifónica Follas Novas,[14] a Coral Polifónica El Eco. Rogelio Groba foi así mesmo promotor da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi "compositor asociado".[15] Precisamente a orquestra coruñesa encargaríalle Ultreia, que formou parte do programa do primeiro concerto da institución.[16] Foi nese momento cando cesou a súa intensa actividade pedagóxica e performativa para adicarse por completo á composición.[17]
Exerceu como profesor de harmonía, contrapunto, fuga e composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña, que dirixiu durante vinte anos, ao tempo que fundou paralelamente numerosos conservatorios por toda Galiza.[2]
Autor de varios ensaios e libros, desde 1992 dedidouse exclusivamente á creatividade musical.
En 2011 foi galardoado co Premio Cultura Galega de Música en palabras do xurado "pola súa extensa traxectoria e por ser un dos máis prolíficos compositores galegos e pola enorme relevancia do seu traballo como compositor".[18]
A principios de 2021 a Xunta de Galicia propúxoo como candidato ao Premio Princesa de Asturias das Artes. Nunha carta, a Xunta sinalaba que Groba "é un músico, intérprete e compositor galego que constitúe todo un referente no ámbito do ensino e da difusión e proxección da cultura musical de España".[2]
A música de Groba pode encadrarse nunha órbita nacionalista de universalización da música galega, reflectindo a súa terra.[4]
A extensa obra de Groba conta con máis de 700 composicións, o que o converte no compositor galego máis prolífico.[19][20][21] Entre elas salientan:
Algunhas destas composicións foron gravadas por orquestras do prestixio da London Symphony Orchestra, a Orquestra de Cámara de Stuttgart, a Orquestra Sinfónica de Galicia, o Coro Gätchinger, ou o coro London Voices.
É membro de número da Real Academia de Belas Artes de Galicia, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.[25][27][28]
O 29 de abril de 2006 foi nomeado Fillo Predilecto de Ponteareas.[5][b]
O 25 de maio de 2013, coincidindo co 65 aniversario do seu debut á fronte da banda "La Unión" no torreiro de Cans, recibiu unha homenaxe durante o Festival de Cans na que se descubriu unha placa e na que volveu dirixir a banda de Guláns.[29]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.