Salvador García-Bodaño

escritor e procurador dos tribunais galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira[1] (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023,[2] foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Salvador García-Bodaño
Thumb
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1935
Teis, España
Morte7 de marzo de 2023 (87 anos)
Veitureira, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Oviedo
Actividade
Ocupaciónpoeta
Membro de
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeXulia Rodríguez Blanco
PaiSalvador García-Bodaño Fernández
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario enciclopédico galego universal
Bitraga: 345 AELG: 228 Dialnet: 69333
Pechar

Traxectoria

Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.[3]

Estudou Dereito nas Universidades de Santiago e Oviedo.[4] Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda.[5] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá,[6] respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[5]

Mantivo unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.[7]

Foi presidente do Ateneo de Santiago entre 2008 e 2021 cando pasou a ser presidente de honra.[8]

Vida persoal

Casou con Aurichu Pereira, con quen tivo catro fillos, e de quen se separou en 1979.[9]

En 1982 casou con Xulia Rodríguez Blanco, que sería a musa dos seus célebres Poemas de amor a Xulia e con que celebrou en 2022 os 40 anos de casados.

Obra

Poesía

Thumb
Ao pé de cada hora, 2ª ed, 1980.

Narrativa

Thumb
García-Bodaño en 2007.

Ademais os relatos curtos A Pedra (1991), Conto de Reis (1991) e Ruth (1993).

Ensaio

Tradución

  • Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1368-2.
  • Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1367-5.
  • Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 9788437213668.
  • Eu son o aire, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1369-X.
  • Eu son o sol, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1371-1
  • Eu son unha pinga, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1370-3.
  • Eu son o lume, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1375-4.
  • Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-179-7.
  • Qomolangma: asalto al Everest, de Antoni Ricart de Mesones (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-180-0.

Obras colectivas

  • Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
  • Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
  • Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
  • Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
  • Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
  • Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
  • Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
  • Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
  • Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
  • Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
  • Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
  • Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
  • Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
  • Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
  • 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
  • O entrelazo das palabras (1999).
  • Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
  • Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
  • Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
  • O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[17]
Thumb
No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras de 2018.

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.