poeta español From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Nome orixinal | (es) Antonio Machado Ruiz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Antonio Cipriano José María Machado Ruiz 26 de xullo de 1875 Sevilla, España |
Morte | 22 de febreiro de 1939 (63 anos) Collioure, Francia |
Lugar de sepultura | Collioure |
Residencia | Madrid (valor descoñecido–valor descoñecido) Collioure (1939–1939) Barcelona (1938–1939) Rocafort (1936–1938) Segovia (1919–) Baeza (1912–1919) Soria (1907–) París (1899–valor descoñecido) Sevilla (1875–1883) |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | poeta, mestre, dramaturgo, escritor, Intelectual |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, dramaturxia e ensaio |
Movemento | Xeración do 98 |
Compañeiro profesional | Manuel Machado: Machado Brothers (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Leonor Izquierdo (1909–1912) |
Pais | Antonio Machado Álvarez e Ana Ruiz Hernández |
Irmáns | Manuel Machado Francisco Machado Cipriana Machado José Machado Ruiz |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Machado (Antonio), p.246) Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Fillo de Antonio Machado Álvarez, naceu no seo dunha familia de tradición liberal, un ano despois que o seu irmán Manuel, tamén poeta. En 1883 trasladouse coa súa familia a Madrid, onde estudou na Institución Libre de Enseñanza, en 1889 pasou a estudar en institutos oficiais, a partir de 1885 coa morte do seu avó, catedrático de universidade, viuse obrigado a realizar diversos oficios. En 1899 viaxou co seu irmán Manuel a París e entrou en relación cos poetas simbolistas, Jean Moréas, Paul Fort e Paul Verlaine.
De volta a España traballou como autor teatral e obtivo o título de bacharelato. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista Electra e ao ano seguinte fixo unha nova viaxe a París, onde coñeceu a Rubén Darío. En 1903 publicou o seu primeiro libro, Soledades e seguiu a colaborar con diversas publicacións: Helios, Blanco y Negro, Alma Española. En 1907 publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: Soledades. Galerías. Otros poemas e aprobou as oposicións a profesor de francés con destino en Soria. O 30 de xullo de 1909 casou con Leonor Izquierdo.
En 1911 marchou cunha bolsa de estudos a París, pero ao lle ser diagnosticada tuberculose á súa dona volveu a España; ao ano seguinte apareceu Campos de Castilla e morreu a súa dona o 1 de agosto, tras o que Machado pediu o cambio de destino para Baeza. En 1915 comezou estudos de filosofía e letras na Universidade e apoiou os aliados na Primeira guerra mundial. En 1916 apareceu unha nova edición de Campos de Castilla con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre 1919 e 1931 foi profesor de francés en Segovia, alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En 1927 entrou na Real Academia Española e en 1931 trasladouse a vivir a Madrid. Activo defensor da República, logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a Valencia e en 1938 pasou a Barcelona. Coa desfeita da República Machado cruzou a fronteira francesa e morreu o 22 de febreiro de 1939 en Collioure.
Por data de publicación:[1][2]
(con Manuel Machado)
(adaptacións de clásicos, en colaboración)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.