revista de Madrid (1891-2000) From Wikipedia, the free encyclopedia
Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.
Blanco y Negro | |
---|---|
Portada de Serafín Avendaño (3/2/1906) | |
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | castelán |
Fundación | 1891 |
Fundador | Torcuato Luca de Tena |
Última edición | 2000 |
Circulación | |
ISSN | 0006-4572 |
OCLC | 31635018 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornal ABC.[1] O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.
O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.[2]
Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché.[3] O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.[4]
Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.
A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.[5]
Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas,[6] Joaquín Xaudaró,[7] Teodoro Gascón,[8] Ángel Pons, Sileno[9] ou Melitón González,[10] ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo,[11] Eulogio Varela,[12] José Arija,[13] Giuseppe Eugenio Chiorino,[14] Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor,[7] Joaquín Araujo Ruano,[15] Pedro de Rojas,[16] Mariano Pedrero,[17] Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda,[18] Manuel García y Rodríguez,[19] Serafín Avendaño,[20] Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades,[21] José Moreno Carbonero, Emilio Sala[9] ou Ángel Andrade,[22] que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos.
Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.[23]
Como semanario independente. Case ao mesmo tempo que a revista xuvenil madrileña 3 amigos, edita por primeira vez en España "As aventuras de Tintín":
Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988.[25] Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.[26]
Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán,[27] ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa,[28] pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.