From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo Souto Cuero, nado na Coruña o 14 de maio de 1862 e finado o 6 de setembro de 1940, foi un xuíz e pintor galego, considerado, xunto a Serafín Avendaño, precursor da escola galega de pintura.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1862 A Coruña, España |
Morte | 6 de setembro de 1940 (78 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, xuíz |
Familia | |
Fillos | Arturo Souto |
Pertencente a unha familia da alta burguesía,[1] foi fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente de audiencia provincial, o que o levou a residir en varias cidades españolas, ata a súa xubilación en 1923. Discípulo de Román Navarro,[2] foi debuxante da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra de Casto Sampedro Folgar. En Madrid asistiu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[3] O 13 de febreiro de 1938 ingresou como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes,[4] baixo a presidencia do arquitecto Rafael González Villar.
Colaborou coa prensa en Galicia Moderna, Heraldo de Madrid, Blanco y Negro, La Ilustración Artística e La Ilustración Española y Americana[5].
Teñen obra súa a Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña[6], a Colección Afundación[3], a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, o Museo de Pontevedra, o Museo del Prado[7] e o Museo de Huelva[8]
Casou con María del Pilar Feijoo Freire de Andrade en 1887 e foi pai de Arturo Souto Feijoo (Pontevedra 1902 - México 1964), pintor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.