Remove ads
acto administrativo polo que un traballador en activo pasa a unha situación pasiva ou de inactividade laboral From Wikipedia, the free encyclopedia
A xubilación é o acto administrativo polo que un traballador en activo, xa sexa por conta propia ou allea, pasa a unha situación pasiva ou de inactividade laboral, en particular ao chegar a unha idade establecida,[1] ou por enfermidade crónica grave ou incapacidade.
Obtén entón unha prestación monetaria para o resto da súa vida, a xubilación ou pensión.[1]
A lexislación laboral de cada país estipula condicións distintas ao respecto.
O termo deriva do latín iubilatio, "xúbilo".
Para compensar a perda de ingresos que se deriva do cesamento laboral, ao beneficiario da xubilación recoñéceselle unha prestación económica que adoita consistir nunha renda mensual. A prestación é vitalicia e só se extingue coa morte do interesado. A cantidade da prestación pode basearse en diferentes criterios: por exemplo, en relación á cantidade das cotizacións realizadas, e normalmente establécese a partir dunha determinada porcentaxe dos ingresos durante a vida laboral.
Nos sistemas públicos de xubilación, para acceder a unha xubilación é necesario cumprir requisitos de idade (xeralmente en torno aos 60-65 anos) ou acceder a unha xubilación anticipada por razóns de invalidez, ou por determinadas políticas económicas. Por outro lado, en caso de tratarse dun sistema contributivo (véxase máis abaixo), o acceso adoita depender de ter cumprido cun mínimo de anos cotizados á seguridade social.
Cómpre distinguir dúas modalidades de pensión de xubilación: contributiva e non contributiva.
O envellecemento da poboación en moitos países debido ao incremento da expectativa de vida e a caída da taxa de fecundidade, xera tensións no financiamento dos sistemas de pensións contributivos na medida que se altera a proporción entre contribuíntes e beneficiarios. Neste marco, o envellecemento é en moitos casos parte dos fundamentos sobre a presunta necesidade de privatizar os sistemas de xubilación,[2] así como de reformalos nun sentido restritivo (comunmente mediante o incremento da idade de xubilación).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.